Sentencia Penal Nº 65, Au...yo de 2001

Última revisión
29/05/2001

Sentencia Penal Nº 65, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 62 de 29 de Mayo de 2001

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 29 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 65

Resumen
XUÍZO DE FALTAS POR LESIÓNS Absólvese ao acusado da falta que se lle imputaba por non existir proba de cargo bastante para dictar unha sentencia condenatoria. A parte denunciante, e agora recorrente, pretende que se tomen como probas incriminatorias determinadas dilixencias que non alcanzan esa condición. Dunha banda, alude á incomparecencia dun dos dous denunciados, incomparecencia que non pode ser tomada en consideración como un indicio da súa culpabilidade. Preténdese inculpar a un dos acusados fundándose no feito de que segundo as declaracións durante a fase de instrucción levaba un casco de moto. Mais nin esas declaracións sumariais poden ser tomadas en consideración, nin é certo que o lesionado afirmase no acto do xuízo oral que fora golpeado có casco, senón que o mesmo asevera que "recibió puñetazos en la cara".

Voces

Sentencia de condena

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00065/2001

AUDIENCIA PROVINCIAL

 SECCIÓN PRIMEIRA

 PONTEVEDRA

 

Rolo 62/01

Xuízo de faltas 464/00

órgano de orixe Xdo 1ª Inst e Instr. Pontevedra 7

 

Ilmo. Sr.

Maxistrado:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

IMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en tribunal unipersoal polo maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 65

 

Pontevedra, o 29 de maio do ano 2001.

 

 No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 464/00, vindo do Xulgado de Instrucción núm. 7 de Pontevedra, son partes: dunha beira, como apelante/s, D. BO......... e o MINISTERIO FISCAL (ADHERIDO); e doutra beira, como apelado/s, D. MI...... E D. AL..........

 

I.- ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

 

 PRIMEIRO. Con data 21 de febreiro do ano que andamos, o xuíz do Xulgado de Instrucción Pontevedra 7 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:

 

 "Que absuelvo a AN...... Y A AL.......... de cuantos cargos se le imputaban en el presente juicio, con declaración de oficio de las costas procesales devengadas".

 

 SEGUNDO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, BO.......... e o Ministerio Fiscal, este último adherido, interpuxeron recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.

 

II.-FUNDAMENTOS DE DEREITO

 

 PRIMEIRO. Non existe proba de cargo bastante para dictar unha sentencia condenatoria.

 

 A parte denunciante, e agora recorrente, pretende que se tomen como probas incriminatorias determinadas dilixencias que non alcanzan esa condición.

 

 Dunha banda, alude á incomparecencia dun dos dous denunciados. E é obvio que esa incomparecencia non pode ser tomada en consideración como un indicio da súa culpabilidade.

 

 Doutra banda, no escrito do recurso recóllense de xeito tan repetido como xuridicamente inadmisíbel as declaracións policiais dos intervenientes no altercado, que non poden ser tidas en conta en absoluto como proba de cargo, máxime se se ten en conta que non se botou man do art. 714 da L.A.Criminal.

 

 No último termo, preténdese inculpar a un dos acusados fundándose a parte apelante no feito de que segundo as declaracións durante a fase de instrucción levaba un casco de moto. Mais nin esas declaracións sumariais poden ser tomadas en consideración, consonte se sinalou, nin é certo que o lesionado afirmase no acto do xuízo oral que fora golpeado con o casco, senón que o mesmo asevera que "recibió puñetazos en la cara".

 

 En definitiva, nin o denunciante, nin as testemuñas que apoiaban a sua tese acusatoria, identificaron aos denunciados como os autores da agresión, polo que o pronunciamento non pode ser outro que o absolutorio.

 

 SEGUNDO. As custas procesuais desta alzada debénselle impor ao recorrente, por se apreciar no recurso unha temeridade ao non existir motivo que o ampare, ante a falta total de identificación dos autores dos feitos.

 

 III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a Este Tribunal lle outorgan a Constitución e o Pobo españois,

 

DECIDO

 

 Que rexeito o recurso de apelación formulado por D. BO................. contra da sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción Pontevedra 7, o día 21 de febreiro do ano 2001, e ao que se adhiriu o Ministerio Fiscal, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

 Esta é a miña sentencia, que asino, e que se ha traducir ao castelán se algunha das partes o solicita.

Sentencia Penal Nº 65, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 62 de 29 de Mayo de 2001

Ver el documento "Sentencia Penal Nº 65, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 62 de 29 de Mayo de 2001"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Ejecuciones y embargos en el orden civil. Paso a paso (DESCATALOGADO)
Disponible

Ejecuciones y embargos en el orden civil. Paso a paso (DESCATALOGADO)

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

5.80€

+ Información

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro
Disponible

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro

José Carlos Balagué Doménech

18.70€

17.77€

+ Información