Última revisión
31/03/2009
Sentencia Penal Nº 67/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 73/2009 de 31 de Marzo de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Penal
Fecha: 31 de Marzo de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 67/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009100091
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00067/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000073 /2009 CR
Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000180 /2008
SENTENZA NÚM. 67
=============================================================
ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra, a 31 de marzo de dos mil nueve
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 73/09, o recurso de apelación interposto pola procuradora Isabel Paramo
Fernández, en representación de Leovigildo , contra a sentenza ditada polo Juzgado de o Penal nº 1 de Pontevedra. Constituíronse como
partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 28 de outubro de 2008, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
"Que debo condenar y condeno a D. Leovigildo , como autor criminalmente responsable de un DELITO DE AGRESION SEXUAL, a la pena de UN AÑO Y NUEVE MESES DE PRISION, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, imponiéndole la prohibición de aproximarse a Mercedes a una distancia inferior a 500 metros y de comunicarse con ella por cualquier medio por tiempo de tres años, condenándolo asimismo al abono de las costas de juicio.
En concepto de responsabilidad civil, Leovigildo indemnizará a Mercedes en la suma de SETECIENTOS EUROS.
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
UNICO.- Sobre las cinco de la madrugada del día 17 de mayo de 2.007, y tras ofrecerse a llevar en su vehículo a la entonces menor Mercedes a su domicilio, Leovigildo , mayor de edad y sin antecedentes penales, se dirigió con ella al Campo de la Fiesta de Lazaro, Lalín. Una vez en el lugar, en el interior del vehículo y con intención de satisfacer su deseo sexual, el acusado intentó besar a Mercedes por la fuerza agarrándola por los hombros después de haberle negado aquélla el beso. A Continuación, le empezó a tocar los pechos y la zona genital, momento en que Mercedes abrió la puerta del vehículo, cayendo ambos al suelo. Ya fuera del turismo, y manifestándole Mercedes en todo momento al acusado que no quería que la tocara, Leovigildo se colocó encima de ella y le intentó bajar los pantalones desabrochándoselos, a la vez que continuó con los tocamientos. En un momento dado Mercedes consiguió escapar, huyendo por el momento hasta llegar a su casa.
Mercedes sufrió lesiones consistentes en erosiones en pechos, manos, brazos y nalgas, de las que tardó en curar sin secuelas siete días no impeditivos.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Hechos
Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O recurso de apelación formulado polo acusado Leovigildo , contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de agresión sexual do artigo 178 do Código penal , comeza coa invocación do erro na valoración da proba e da vulneración da presunción de inocencia.
Pois ben, esta conxunta invocación do erro na apreciación da proba e da vulneración da presunción de inocencia está abocada ao fracaso.
A incompatibilidade conceptual de tales motivos vén dada porque denunciar un erro é partir da existencia dunha mínima probanza incriminatoria. E a cerna do dereito fundamental á presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ) determina a prohibición dunha condena que non se asente nunha proba de cargo suficiente, previamente obtida e practicada de xeito regular e legal. Velaí polo que o que realmente pretende o apelante é, a través da invocación do erro na avaliación da proba, substituír o criterio imparcial do maxistrado xuíz a quo (artigo 741 da Lei de axuizamento criminal), pola súa propia, subxectiva e comenenciuda apreciación da proba.
A relación de feitos probados da sentenza contra a que se apela só pode modificarse se se aprecia un manifesto e patente erro na apreciación da proba; se o seu relato se presenta como incompleto, incongruente ou contraditorio; ou se resulta desvirtuado por novas probas practicadas nesta alzada. E dende logo que non se dá ningunha das amentadas hipóteses posibles.
Por outra banda, no presente caso en que, coma noutros, os feitos delituosos se producen na clandestinidade, a proba fundamental ou única é a declaración da vítima. Esta proba é válida en principio para destruír a presunción de inocencia, pero expresando con razóns suficientes o porqué se confire esa validez ás manifestación dunha soa testemuña. Lembrábao así a recente STS 39/2009, do 29 de xaneiro, con reiteración dos tres elementos que se teñen en conta en tales casos:
a) La inexistencia de móviles espurios, de odio, resentimiento, venganza, etc., derivados de posibles relaciones anteriores al hecho delictivo entre el autor del delito y el testigo-víctima, cuya realidad puede mostrarnos una finalidad bastarda en pro de la falta de credibilidad de dicho testigo.
b) La verosimilitud de tal testimonio, en cuanto que hay que buscar elementos probatorios que pudieran servir como corroboración de lo declarado por la víctima.
c) La persistencia en la incriminación, esto es, la coincidencia en lo sustancial del contenido de las diferentes manifestaciones que la persona ofendida ha ido realizando a lo largo del procedimiento hasta el acto del juicio oral.
Lo que esta sala viene dejando claro en los últimos años es que, en contra de lo que pretende aquí el procesado en el desarrollo de estos dos motivos primeros de su escrito de recurso, tales tres elementos a los que acabamos de referirnos no son requisitos necesarios para que pueda considerarse la declaración de la víctima como prueba de cargo. Son, repetimos, un camino para mostrar la razonabilidad de la correspondiente argumentación en pro de la aptitud de esas manifestaciones del ofendido para condenar al procesado. Cualquier método es válido al respecto, siempre que sea lo suficientemente razonable; no solo el examen de tales tres elementos.
Abonda así cunha ben sinxela lectura da sentenza contra a que se apela para concluír que todo o seu longo fundamento de dereito primeiro se dedicou á expresa comprobación da concorrencia das tres notas ou elementos -que non requisitos- para concederlle á declaración da vítima, Mercedes , a carga probatoria incriminatoria suficiente como para poder entender enervada a presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ) que inicialmente amparaba ao acusado, e agora recorrente en apelación, Leovigildo . Evitando así a reiteración de tales elementos, só insistimos agora no descarte de calquera móbil espurio na denuncia da vítima, así como nas indubidables corroboracións que os feitos narrados atoparon nas circunstancias das feridas apreciadas na muller, dunha máis que evidente compatibilidade coa dinámica relatada por ela mesma na fuxida, recoñecida polo propio acusado, que do lugar emprendeu Mercedes berrando que a quería violar; no testemuño do axente que lle tomou declaración a esta última, consistente en que a rapaza estaba nerviosa e choraba, polo que tivo que suspender varias veces a dilixencia; e no tamén testemuño de dúas amigas da vítima que ao día seguinte apreciaron que o estado de nerviosismo aínda persistía cando as fixo partícipes do sucedido.
E a persistencia na incriminación efectuada pola vítima non se pode considerar en cuestión polas supostas contradicións que do seu testemuño se refiren no escrito do recurso de apelación, pois o relatado non resulta compatible cunha suposta relación consentida: ningunha variación radical se albisca na causa pola que a rapaza quedou sen o transporte dun seu familiar e subiu ao coche do acusado; as lesións que se lle diagnosticaron apareceron nos peitos, mans, brazos e nádegas, e son compatibles así co feito de ser agarrada e sobada en tales zonas; o feito de como saíron do coche e caeron ao chan tanto o acusado como a agora apelada mesmo resulta intranscendente unha vez que xa fóra el se colocou enriba dela intentando baixarlle os pantalóns, desabotoándollos, e seguindo cos tocamentos; etc. Incluso o maxistrado xuíz que presenciou as probas chega a reflectir na súa sentenza que:
[...] o se da por sentado que está diciendo la verdad [a vítima], o se ha de concluir que la testigo ha logrado memorizar perfectamente su papel y, asistida de unas notables cualidades para la interpretación, lo ha expuesto en condiciones de credibilidad ante un Tribunal penal que previamente la ha apercibido expresamente de que faltar a la verdad está castigado como delito de falso testimonio, y todo ello, sobreponiéndose con aplomo al respeto que, de ordinario, suele despertar en los ciudadanos la solemnidad que preside la celebración de las vistas penales.
Segundo.- A suposta inexistencia do delito de agresión sexual tipificado no artigo 178 do Código penal constitúe a segunda das alegacións impugnatorias contra a sentenza da instancia. E merece correr a mesma sorte negativa ca o anterior motivo, xa que a doutrina xurisprudencial (por todas a STS 51/2008, do 6 de febreiro) subliña que o artigo 178 do Código penal que describe o tipo básico das agresións sexuais vincula a presenza da violencia ou intimidación ao atentado contra a liberdade sexual da vítima, sen establecer outras circunstancias persoais ou obxectivas para entender consumado o tipo. Neste sentido, o elemento normativo expresado na alternativa violencia ou intimidación, tratándose ademais dun tipo comprendido dentro dos delitos contra a liberdade sexual, que afecta ao libre consentimento do suxeito pasivo, constitúe o fundamento do delito, é dicir, que o castigo se produce porque se coarta, limita ou anula a libre decisión dunha persoa en relación coa súa actividade sexual (así tamén se expresan as SSTS 1689/2003, do 25 xaneiro, do 1 de xullo e do 23 de decembro de 2002).
Os feitos declarados probados pola sentenza contra a que se apela nun todo abranguen o tipo básico de mención do primeiro e básico dos delitos de agresión sexual previsto e penado no artigo 178 do Código penal .
Terceiro.- A pena imposta -un ano e nove meses de prisión- está máis preto do seu mínimo -un ano- que do seu máximo -catro anos-, polo que se considera ben correcta e axustada a teor dos artigos 66.1.6ª, e 178 do Código penal , en relación coa natureza dos feitos e as súas circunstancias.
Mentres que a duración da prohibición -tres anos- ao acusado de achegarse á vítima a unha distancia inferior a 500 metros e comunicarse con ela por calquera medio ( artigos 48 e 57.1 do Código penal ) igualmente está axustada aos feitos axuizados; e non pode minorarse polo simple feito de que o acusado veña cumprindo, precisamente, coa súa observancia, xa que tal é a súa obrigación agás que queira verse inmerso noutro tipo de responsabilidade delituosa.
Deste xeito, o terceiro e derradeiro motivo de apelación tamén o rexeitamos.
Cuarto.- As custas da presente alzada debemos impoñerllas ao apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Leovigildo , contra a sentenza ditada con data do 28 de outubro de dous mil oito no procedemento abreviado núm. 180/08, e confirmar esta sentenza, con imposición das custas de esta alzada ao recorrente.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.
