Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 69/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 269/2020 de 05 de Mayo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 13 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Mayo de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 69/2020
Núm. Cendoj: 36038370022020100066
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:998
Núm. Roj: SAP PO 998:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00069/2020
-
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: PA
Modelo: 213100
N.I.G.: 36060 41 2 2015 0005582
RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000269 /2020
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000304 /2019
Delito: CONDUCCIÓN SIN LICENCIA O PERMISO (L.O. 15/2007)
Recurrente: Cecilio
Procurador/a: D/Dª MIGUEL ANGEL PALACIOS PALACIOS
Abogado/a: D/Dª DAVID TORRES PADIN
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 69/2020
=================================================== ===========
MAXISTRADO/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García
=================================================== ===========
Pontevedra, cinco de maio de dous mil vinte.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número 269/2020, interposto polo procurador don Miguel Angel Palacios Palacios, en representación de don Cecilio, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 304/2019, do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 15-Enero-2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'Que debo CONDENAR y CONDENOa Cecilio, en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito CONTRA LA SEGURIDAD VIAL POR CONDUCIR SIN PERMISO del artículo 384 párrafo segundo del Código Penal, a la pena de doce meses multa con una cuota diaria de seis euros con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código penal en caso de impago. Con imposición de costas.'
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'Probado y así se declara que el acusado, Cecilio, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, el día 19 de septiembre de 2015, sobre las 01,25 horas conducía el vehículo Ford Focus matrícula ....DNH por el punto kilométrico 9,500 de la carretera EP 8001 en el término municipal de Catoira, partido judicial de Villagarcía.
El acusado conducía pese haber sido privado del permiso de conducir por sentencia de fecha 13-12-2013 del Juzgado de Instrucción Uno de Pontevedra (Juicio Rápido 4628/13) que dio lugar a la ejecutoria 709/2013 del Juzgado de lo Penal Tres de Pontevedra, habiendo sido condenado a la pena de privación del derecho de conducir vehículos a motor y ciclomotores durante dos años, que practicada liquidación de condena debidamente notificada al acusado empezaba el 12-12-2013 y terminaba el 12-12-2015.'
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Cecilio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria, previsto e penado no artigo 384, parágrafo segundo, do Código penal, polo que recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución e, subsidiariamente, para que se aplique a atenuante de dilacións indebidas, se baixe nun grao a pena de multa para fixala en seis en lugar de doce meses e se reduza o importe a razón de catro e non seis euros diarios. A fiscala oponse a que acollamos esta impugnación.
Segundo.-Teima a defensa do apelante, Cecilio -quen non compareceu á vista oral realizada na instancia-, en alegar que existen fundadas dúbidas de que quedase demostrado que era el quen conducía o automóbil o día dos feitos. En tal sentido, na sentenza contra a que se apela razóase que si que se demostrou cumpridamente que era el quen conducía o vehículo de motor porque el mesmo nunca o cuestionou, e porque, se ben un dos axentes da Garda Civil declarou na vista da instancia que cría que a identificación daquel fora verbal e non estaba seguro dado o tempo transcorrido e o outro axente non o lembraba, o certo foi que no atestado que ambos os dous axentes instruíron se reflectía o acusadoapelante con todos os datos do seu DNI.
Pero, por maior abastanza, cómpre reparar no que o mesmo Cecilio declarou cando, por fin, puido ser localizado. Nas follas 132 e 133 consta que daquela manifestou o seguinte: que sabía polo que estaba detido; que a primeira citación fora aprazada e logo o chamaran para presentarse; que chamara ao xulgado para dar os seus datos, que lle dixeron que o chamarían por teléfono para confirmar a citación e que logo non recibiu nada; que tiña o carné retirado, foi a Tráfico e confirmou que si podía conducir; que en setembro de 2015 viña de Ribeira e o pararon, entregou o carné e lle dixeron que o permiso estaba retirado; que só lle deron un papel para pagar a multa; que sabía que non podía conducir durante dous anos; que non sabía cando recuperaba o carné, foi a Tráfico para preguntar e que lle notificaron que non tiña problemas para conducir; que estivo mal informado; que se confiou no que aparecía no sistema de Tráfico; e que a sinatura que aparecía na notificación da liquidación de condena era a súa, pero que el non tiña memorizada esta liquidación.
E, se o contido da súa única declaración -en sede xudicial na fase de instrución- se cotexa cos feitos declarados probados da sentenza contra a que se apela -que sobre as 1:25 horas do día 19 de setembro de 2015 o agora apelante conducía un vehículo de motor da marca Ford, modelo Focus, matrícula ....DNH polo punto quilométrico 9,500 da estrada EP 8001, no municipio de Catoira-, abofé que non se podía abrigar a máis mínima dúbida de que ninguén máis que Cecilio era o condutor do automóbil. Reforza o anterior o feito de que, dado o referido teor da declaración que o agora apelante prestou daquela como investigado, o fiscal solicitase, ao abeiro do artigo 779.1.5ª da Lei de axuizamento criminal, a transformación do procedemento en dilixencias urxentes de xuízo rápido, así o acordase a xuíza de instrución -auto do 13 de novembro de 2018- e nada opuxesen a representación e a defensa do agora recorrente malia que non se puidese seguir o referido trámite pola incomparecencia -unha vez máis- do propio Cecilio.
Por se algunha dúbida aínda coubese verbo de que era o apelante quen conducía o vehículo de motor o día dos feitos, cómpre aludir tamén ao tema das sinaturas. Xa reflectimos que o recorrente recoñeceu como súa a que constaba na notificación da liquidación de condena de dous anos de privación do permiso de conducir por mor dunha sentenza do 13 de decembro de 2013 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra. E abonda a súa ben sinxela comparación con outras firmas súas que constan nestas mesmas actuacións (f. 29, cando asinou o requirimento para a entrega do permiso de conducir; f. 31, na dilixencia de notificación e requirimento; f. 109, na información dos seus dereitos cando foi detido por encontrarse en paradoiro descoñecido; f. 128, na notificación da súa liberdade despois da súa localización; f. 131, na información dos seus dereitos; e f. 133, cando declarou como detido) para dun xeito moi doado decatarse de que é a mesma sinatura que consta no atestado instruído polos dous axentes da Garda Civil que testemuñaron no acto da vista oral realizado na instancia, cando Cecilio foi informado por eles dos seus dereitos como imputado non detido (f. 4).
Terceiro.- Verbo das dilacións indebidas, lembra a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 19 de maio de 2020 -ROJ: STS 998/2020 - ECLI:ES:TS:2020:998 -) o seguinte:
[...] el derecho fundamental a un proceso sin dilaciones indebidas, que aparece expresamente reconocido en el artículo 24.2 de la Constitución , no es identificable con el derecho al cumplimiento de los plazos establecidos en las leyes procesales, pero impone a los órganos jurisdiccionales la obligación de resolver las cuestiones que les sean sometidas, y también la de ejecutar lo resuelto, en un tiempo razonable. El artículo 6.1 del Convenio para la Protección de los Derechos Humanos y de las Libertades Fundamentales , se refiere expresamente al derecho de toda persona a que su causa sea oída dentro de un plazo razonable. Concepto no exactamente coincidente con el anterior, pero relacionado con él, en tanto que el plazo del proceso dejará de ser razonable cuando se haya incurrido en retrasos no justificados. Se trata de un concepto indeterminado cuya concreción se encomienda a los Tribunales. En función de las alegaciones de quien lo invoca, puede ser preciso en cada caso el examen de las actuaciones. En particular debe valorarse la complejidad de la causa, el comportamiento del interesado y la actuación de las autoridades competentes ( STEDH de 28 de octubre de 2003, caso González Doria Durán de Quiroga c. España y STEDH de 28 de octubre de 2003, caso López Solé y Martín de Vargas c. España , y las que en ellas se citan).
Un requisito esencial para a aplicación da atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal consiste en que a dilación non sexa atribuíble ao propio inculpado. Resultaría paradoxal que ao prexuízo para a causa ocasionado polos atrasos causados polo propio investigado se unise a comprobación de que o comportamento dilatorio lle reporta beneficios punitivos relevantes, premiando coa atenuación a súa rebeldía procesual ou a provocación de suspensións do xuízo oral que dilapidan esforzos procesuais xa realizados (por todas, a STS 175/2015, do 31 de marzo). A dilación non se pode considerar indebida cando obedece substancialmente á conduta procesual do propio acusado, xa sexa pola demora na práctica de dilixencias que dependen da súa intervención, xa porque obstrúa a acción da xustiza situándose en paradoiro descoñecido ou evitando a súa localización nos caos en que o órgano xudicial o busca para a práctica de dilixencias ( SSTS 19/2014, do 10 febreiro; 733/2013, do 8 de outubro; 65/2013, do 30 de xaneiro; 712/2012, do 26 de setembro; e 443/2010, do 19 de maio).
No suposto que agora examinamos, a conduta observada polo agora recorrente ao longo do procedemento resultou contraria á posible consideración da súa dilación como indebida. Cando aínda non pasara unha semana dende os feitos, xa non atendeu as chamadas da Garda Civil de Sanxenxo para que pasase polo cuartel para poder ser citado a xuízo e xa non puido ser localizado no domicilio que dera nesta cidade de Pontevedra (f. 5 das actuacións). Logo das correspondentes pescudas con resultado negativo, tivo que acordarse a súa detención e presentación e o conseguinte arquivo das actuacións (fs. 91 a 93) ata que por fin foi localizado (fs. 103 e ss.). E de novo tivo que acordarse a súa busca, detención e presentación e foi declarado rebelde ata que se dignou a comparecer (fs. 216 a 227). En todo caso, a pena imposta na instancia foi a de 12 meses de multa, que é a mínima que legalmente se podía impoñer e que xusto cadra coa que do mesmo xeito se podería fixar no caso de que se puidese tomar en consideración a atenuante que demanda e que nunca podería cualificarse de extraordinaria ( artigos 66.1.1ª e 384 do Código penal).
No relativo á cota diaria da pena de multa, lémbrese que a cota diaria de 6 € fixada na instancia e incluso superiores, que se establecen cando non consta a capacidade económica do reo nin que tampouco se encontra, afortunadamente, en situación de pobreza, miseria ou indixencia económica, gozan dun amplo, notorio e conteste referendo xurisprudencial. A imposición da cota diaria da pena de multa en 6 € está moi próxima ao mínimo legal establecido no artigo 50.4 do Código penal. E, dada a amplitude dos límites cuantitativos previstos no referido texto legal, de 2 a 400 €, a imposición dunha cota diaria na denominada zona baixa da previsión, por exemplo e como é o caso, en 6 €, non precisa dun expreso fundamento -por todas, a STS, Penal, Sección 1ª do 21 de outubro de 2014 ROJ: STS 4257/2014 - ECLI:ES:TS:2014:4257, e as que nela se citan-. Máis recentemente, o ATS, Penal, Sección 1ª, do 30 de maio de 2019 (ROJ: ATS 5982/2019 - ECLI:ES:TS:2019:5982A) e as resolucións que nel se citan sinalan que a indixencia sería a única situación que determinaría a necesidade da imposición da cota diaria mínima prevista na lei. E que nos casos ordinarios en que non concorran circunstancias que impliquen a existencia dunha situación extrema de indixencia ou miseria resulta axeitada a imposición dunha cota prudencial situada no treito inferior, próxima ao mínimo, como acontece neste caso. Neste mesmo sentido se expresa a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 4 de febreiro de 2020 -ROJ: STS 286/2020 - ECLI:ES:TS:2020:286 ). E só cómpre engadir que non é certo, como se alega, que o apelante tivese que abandonar o inmoble onde vivía pola falla de pagamento da renda do seu alugueiro e que esta circunstancia resultaría significativa da súa cativa capacidade económica; o único que consta (f. 49) é que o seu arrendador lle manifestou á Policía Local de Pontevedra que o apelante marchara deixándolle a deber as rendas, o que pode obedecer a posibilidades hipotéticas ben distintas á aludida.
Cuarto.-As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos DESESTIMARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Cecilio, contra a sentenza ditada con data do 15-xaneiro-2020, no procedemento abreviado nº 304/2019, pola maxistrada xuíza do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra, e CONFIRMAResta sentenza, impóndolle as custas aos apelantes.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim, cabe interpoñer un recurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro dos cinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACrim.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.
