Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 72/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 306/2020 de 19 de Junio de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Junio de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 72/2020
Núm. Cendoj: 36038370022020100075
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1180
Núm. Roj: SAP PO 1180:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00072/2020
-
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: MM
Modelo: 213100
N.I.G.: 36039 41 2 2017 0002014
ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000306 /2020 I
Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL N.1 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000329 /2018
Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Recorrente: Aurelio
Procurador/a: CESAR ANGEL ESCARIZ VAZQUEZ
Avogado/a: XOSE ANTON CACHALDORA CALDERON
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
SENTENZA Nº 72
=================================================== =======
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García.
=================================================== =======
Pontevedra a, dezanove de xuño de dous mil vinte.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 306/2020, o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. César
Angel Escariz Vázquez, en representación de Aurelio contra a sentenza ditada no procedemento PA: 329/2018 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do tres de outubro de dous mil dezanove, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'Que debo condenar y condeno a Aurelio como autor responsable de un delito de estafa ya definido a la pena de 8 meses de PRISIÓN e inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena así como al abono de las costas procesales causadas.
En concepto de responsabilidad civil habrá de abonar a Felicisimo en la cantidad de 1.130 euros y a Fructuoso en la cantidad de 750 euros. '
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'PROBADO Y ASI SE DECLARA que en fecha 14.03.2017, Felicisimo compró a Fructuoso el vehículo BMW ....GDW. Al presentar problemas en el motor lo remitió al taller mecánico Mechanic Management Cars, y se decidió la necesidad de adquirir un nuevo motor. El acusado Aurelio, mayor de edad con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, con ánimo de obtener un ilícito beneficio económico ofertó al citado taller la venta de un motor por el precio de 1.500 euros mas IVA generando un documento a nombre de Morais Scrap Motors Limited en el que se indicaba que el pago del precio debía realizarse mediante transferencia a una cuenta a su nombre y a sabiendas de que una vez le entregasen el precio de venta no lo iba a entregar. Creyendo en la realidad de la venta, Felicisimo y Fructuoso abonaron el precio (750 euros cada uno) y Felicisimo 380 euros más en concepto de IVA), mediante ingresos en la cuenta bancaria NUM000 en la que el acusado figuraba como autorizado, quedándose éste con el dinero sin cumplir su obligación de entrega que nunca tuvo intención de cumplir pese a aparentar que si iba a hacerlo. '
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, para súa resolución.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Aurelio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248.1 e 249 do Código penal, polo que acode agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos o devandito recurso.
Segundo.- Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, o apelante alega no seu recurso o erro na apreciación da proba e a infracción de normas do ordenamento xurídico, así como o quebrantamento de normas e garantías procesuais, para ao final tamén aludir á vulneración da presunción de inocencia e á falla de aplicación do principioin dubio pro reo. A todo isto, como xa reflectimos, oponse o fiscal.
De entrada debemos lembrar que resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación do condenado na instancia. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente o amparaba, o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba e a suposta existencia de dúbidas que abocarían a autora da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reonon resulta aplicable cando, precisamente, a xuíza non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante ela coa súa insubstituíble inmediación.
Só se xustifica o principio in dubio pro reonos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo; 677/2006, do 22 de xuño; 1125/2001, do 12 de xullo; 2295/2001, do 4 de decembro; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo, e 1051/2004, do 28 de setembro). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este; pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha.
Cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta ben conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunal ad quemnon pode consistir en realizar unha nova valoración das probas practicadas en presenza do xulgador de instancia, porque só a este corresponde esa función valorativa. Pero o tribunal si pode verificar que, efectivamente, o xulgador a quocontou con suficiente proba de signo acusatorio sobre a comisión do feito delituoso e a participación nel do acusado para ditar un pronunciamento de condena, asegurándose tamén de que esa proba se obtivo sen violar dereitos ou liberdades fundamentais e de que se respectaron as súas correctas condicións de oralidade, publicidade, inmediación e contradición, comprobando tamén que na preceptiva motivación da sentenza o xulgador expresou o proceso de raciocinio, cando menos nos seus aspectos fundamentais, que o levou a decidir sen infrinxir os criterios da lóxica e da experiencia (por todas, a STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de xullo de 2019 -ROJ: STS 2668/2019 - ECLI:ES:TS:2019:2668 -).
A existencia de probas de cargo contra o acusado resulta indiscutible. Así, e en esencia, constan as súas propias declaracións, as dos prexudicados, Felicisimo e Fructuoso, a testemuñal de Basilio -fillo da primeira das devanditas testemuñas-, a documental consistente nos xustificantes dos pagos realizados polos referidos prexudicados e ingresados nunha conta bancaria do propio Aurelio, e a tamén documental consistente na transcrición de múltiples conversas a través de mensaxes de WhatsApp mantidas polo denunciante Felicisimo e polo seu fillo Basilio co acusadoapelante.
De todo o anterior colíxese, sen a máis mínima dúbida, tal e como se reflicte minuciosamente na sentenza contra a que se apela, que o acusado, Aurelio, ofertou a venda dun motor para un automóbil en substitución do orixinal danado, mercado por Felicisimo a Fructuoso, polo prezo de 1500 € e mais o correspondente IVE, sen que o señor Aurelio realmente nunca dispuxese daquel motor e sen capacidade así para entregalo. Este engano fixo que os referidos prexudicados se desprendesen da cantidade total de 1880 € que o agora apelante ingresou nunha conta bancaria súa, sen que a día de hoxe a devolvese nin entregase o devandito obxecto que ofertaba en venda.
Dabondo revelador do seu máis que evidente ánimo de lucro resulta o contido das conversas de WhatsApp que mantivo co denunciante e co seu fillo, e as distintas andrómenas que intentou argallar pretendendo acadar a súa exoneración. Así, e entre outras cousas, a manifestación de que que a venda a realizou unha entidade -Morais Scrap Motors Limited- e non el mesmo non só quedou orfa de toda demostración malia a aparencia formal da documental achegada ás actuacións, senón que mesmo choca frontalmente coa realidade de que onde se ingresaron e se recibiron os referidos 1880 € foi nunha conta bancaria persoal súa e da súa compañeira sentimental e non da pretendida sociedade. E o feito de que supostamente o motor se perdese por mor do seu transporte non só tamén quedou totalmente orfo da máis mínima actividade probatoria, senón que igualmente resulta en flagrante contradición co feito de que o agora apelante non realizase xestión ningunha en tal sentido -reclamación perante a empresa transportista, presentación de denuncia, etc.-. Non menos carente de toda mínima demostración resultou incluso a pretendida propiedade ou posesión por parte do acusado do obxecto que ofertou en venda e cuxo prezo, por engano aos prexudicados, recibiu deles e non devolveu aínda hoxe.
A contundencia de todo o anterior reflicte a evidencia de que a maxistrada xuíza da instancia en nada errou ao avaliar, consonte o artigo 741 da Lei de axuizamento criminal, as devanditas probas perante ela practicadas. O ánimo de lucro que inspirou, e logrou, o apelante resulta así patente e non necesita de maiores comentarios.
E en nada empece a todo o anterior o feito de que o fiscal renunciase na vista ao testemuño dun tal Hilario. Este sería a persoa que, como traballador no taller Mechanic Management Cars, localizou a oferta que se facía da venda por Internet do motor por parte, supostamente, da citada Morais Scrap Motors Limited. Recoñecida polo propio apelante a devandita oferta de venda e mesmo a realización da compravenda, de sobra se podía prescindir do testemuño do tan só coñecido como Hilario, dada a suficiencia da restante proba de cargo contra quen agora apela. Como ocorreron os feitos e quen ideou o engano -como semella que se pregunta no propio recurso- abofé que ninguén mellor que o acusado o soubo.
En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos rexeitar o recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Aurelio contra a sentenza ditada con data do 3 de outubro de 2019 no procedemento abreviado núm. 329/2018, polo Maxistrado/a Xuíz/a do Penal núm. 1 de Pontevedra, e confirmar esta sentenza. Impóndolle as custas ao apelante.
Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que A presente resolución non é firme e contra a mesma, cabe interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, que ha de prepararse mediante escrito autorizado por Avogado e Procurador, presentado #ante este Tribunal dentro dos DEZ DÍASseguintes ao da última notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da L.A.Criminal.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.
