Sentencia Penal Nº 74/200...il de 2009

Última revisión
08/04/2009

Sentencia Penal Nº 74/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 79/2009 de 08 de Abril de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 08 de Abril de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 74/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009100077

Resumen:
TRAFICO DE DROGAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00074/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000079 /2009-M

Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA

Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 162 /2008

SENTENZA NÚM. 74

=============================================================

ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS

Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra, oito de abril de dous mil nove.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 79/09, o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Isabel Sanjuan

Fernández, en representación de don Millán , contra a sentenza ditada polo Juzgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como

partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 22 de octubre de 2008, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Que debo condenar y condeno a D. Millán , como autor criminalmente responsable de un delito de tráfico de drogas que no causan grave daño a la salud, concurriendo la circunstancia agravante de reincidencia y la atenuante de drogadicción, a la pena de UN AÑO Y DOS MESES DE PRISIÓN, con DERECHO DE SUFRAGIO PASIVO DURANTE EL TIEMPO DE LA CONDENA, y a la pena de MULTA DE CUATRO MIL DOSCIENTOS ONCE CON VEINTE CÉNTIMOS DE EURO, con la responsabilidad personal subsidiaria, en caso de impago, de un día de privación de libertad por cada cuota de diez euros (10.- euros) o fracción de cuota no satisfechas, decretándose el comiso de la droga y de la cantidad de dinero aprehendidos, acordándose la devolución de los teléfonos móviles intervenidos.

Firme la presente resolución, remítase testimonio de la misma al Juzgado de lo Penal competente para la ejecución de la sentencia de fecha 2-7-06 del Juzgado de Instrucción nº 2 de Ceuta (causa 65/06), por si procediera la revocación de la suspensión de la ejecución de la pena."

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: "ÚNICO.- Sobre las 0:30 horas del día 14 de agosto de 2.007, Millán , mayor de edad y condenado por sentencia firme de fecha 2-7-06 como autor de un delito contra la salud pública a la pena de diez meses de prisión y multa de 571,73 euros, fue sorprendido por Agentes de la Policía Local de Pontevedra cuando transportaba en una mochila, en las inmediaciones de la Rúa dos Peiraos de Pontevedra, 940 gramos de hachís distribuidos en ochenta y nueve bolas, interviniéndole igualmente 190,90 euros y dos teléfonos móviles.

Millán , toxicómano de larga duración, tenía la anterior cantidad de hachís -940 gramos- para venderlo y distribuirlo a otras personas, ascendiendo el valor de dicha sustancia a 4.211,2 euros."

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.

Hechos

Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

Fundamentos

Primeiro.- O acusado Millán foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de tráfico de drogas que non causan grave dano á saúde, previsto e penado no artigo 368 do Código penal .

No escrito do recurso de apelación que formula perante esta alzada na procura da súa absolución alega para tal efecto, como único motivo, a vulneración da presunción de inocencia. E en concreto, que a única proba que o maxistrado xuíz a quo empregou para condenalo foi a cantidade de droga que levaba enriba no momento da súa detención.

A amentada cantidade era a de 940 gramos de haxix, distribuída en 89 bólas, que foi taxada na suma de 4211,2 ?.

Pois ben, de entrada cómpre dicir que o fundamento do propósito ou intención de destinar a droga ao consumo alleo constitúe unha cuestión que non pertence á esfera da presunción de inocencia. Así, a STS 372/2001, do 30 de abril, lembra a reiteración da súa doutrina consistente en que non pertencen ao ámbito da presunción de inocencia os elementos subxectivos do inxusto típico, xa que, pola súa natureza espiritual e inaprensible para os sentidos, non son susceptibles de proba directa, e teñen que deducirse mediante xuízos de inferencia a partir dos datos e circunstancias obxectivas acreditadas.

A mesma citada STS 372/2001, do 30 de abril, ao examinar un motivo no que o recorrente alegaba que non se practicara ningunha proba de cargo que demostrase a finalidade de destinar ao consumo alleo uns 239,85 gramos de haxix, remataba por concluír que tal dato obxectivo da posesión de tal cantidade xa tiña suficiente sustento probatorio de cargo, por superar con moito os 50 gramos no que a doutrina da Sala sitúa o límite máximo da devandita sustancia que pode considerarse compatible cun propósito de autoconsumo (SSTS do 4 de maio de 1990, do 22 de novembro e do 12 de decembro de 1994, do 17 outubro de 1995, e do 25 de xuño de 1997). Deste xeito, a cantidade posuída polo acusado (940 gramos de haxix) é por si mesma un dato obxectivo suficiente para inferir razoablemente que o acusado tiña no seu poder a sustancia para dedicala, cando menos en parte, ao consumo por terceiras persoas.

No idéntico suposto de aprehensión dentro dunha mochila de 975,9 gramos de haxix (35 gramos máis que no caso que nos ocupa), a STS 447/2008, do 11 de xullo, igualmente conclúe que o seu destino ao tráfico non ofrece dúbidas, dada a importancia da cantidade que supera notablemente o que se considera como mera posesión para o autoconsumo. E todo isto sen esquecer que, amais da importante cantidade de haxix, esta encontrábase distribuída en ata 89 bólas, preparadas así para a súa inmediata transmisión a terceiros. Para xustificar todo o anterior abonda con mencionarmos o ATS 1019/2008, do 20 de outubro.

En consecuencia, rexeitamos o recurso de apelación así formulado, e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.

Segundo.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de don Millán , contra a sentenza ditada con data do 22 de outubro de 2008 no procedemento abreviado dilixencias previas núm. 162/08, e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada ao recorrente.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a ....... durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.