Sentencia Penal Nº 74, Au...re de 1999

Última revisión
17/09/1999

Sentencia Penal Nº 74, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1066 de 17 de Septiembre de 1999

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Septiembre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 74

Resumen:
  Establecéndose así, con carácter xenérico, que non podería circular polas vías públicas o conductor de vehículos cunha taxa de alcohol en sangue superior a 0,5 gramos por litro, ou de alcohol en aire espirado superior a 0,25 miligramos por litro. Mais e como ben se lembra polo apelante no seu recurso, téndose tal reforma plasmada no Boletín Oficial do Estado 266/1998, do 6 de novembro de 1998, e non entrando en vigor ata que dende tal data transcorresen seis meses, tales índices de alcoholemia non lle poderían a el ser aplicados por mor da ocorrencia dos feitos axuizados o 15 de novembro de 1997.Agora ben, coa lembranza dunha lexislación que non lle podía ser aplicada retroactivamente, remata aí todo o éxito da impugnación formulada, canto máis que, como non podía ser doutra forma, a Xulgadora a quo non fixo uso da mesma.E pola xurisprudencia ó respecto tense subliñado que a proba de impregnación alcohólica pode dar lugar tras ser valorada conxuntamente con outras probas, á condena do conductor do vehículo, pero nin é a única proba que pode producir esta condena nin é unha proba imprescindible para a súa existencia (así as Sentencias do Tribunal Constitucional 252/1994, do 19 de setembro, e a ben recente 111/1999 de 14 de xuño).    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

 

Rolo  1066/99

P. ABREVIADO      0346/98

P. ABREVIADO 29/98 DE CAMBADOS 1.

Procedencia:      XDO. DO. PENAL N.1 PONTEVEDRA

 

Ilmos Sres.

Presidente

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO Maxistrados:

D. JUAN MANUEL LOJO ALLER

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

      A SECCION SEGUNDA Da. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, Presidente, Don JUAN MANUEL LOJO ALLER e Don JAIME ESAIN MANRESA Magistrados, pronunciaron

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

S E N T E N C I A  N. 74

 

Pontevedra, 17 de Setembro de 1999.

 

No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nas precedentes Dilixencias do Procedemento Abreviado que á marxe se referencia, contra o acusado ELPIDIO  sendo apelante o mencionado acusado, e doutra parte como apelado o Ministerio Fiscal, e foi relator o Maxistrado ILTMO SR. D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO quen expresa o parecer da Sala.

 

 

ANTECEDENTES DE FEITO.

 

      Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida.

 

      PRIMEIRO. Con data vintecinco de maio de mil novecentos noventa e nove o ILTMO. SR. MAXISTRADO-XUÍZ DO XULGADO DO. PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA dictou sentencia, os feitos probados da cal literalmente din:

 

      "Que sobre la 1,00 horas del día 15 de noviembre de 1.997, ELPIDIO , mayor de edad y con antecedentes penales no computables, conducía el vehículo de su propiedad ------, matrícula-----, por la C-550, en el término municipal de Sanxenxo y partido judicial de Cambados, no obstante tener las facultades de atención y reflejos notoriamente mermadas a consecuencia de las bebidas alcohólicas que había ingerido en las horas precedentes lo que unido al tratamiento deshabituador al alcohol que tomaba, le incapacitaba para manejar el vehículo con las indispensables garantías para la seguridad de los demás usuarios y la suya propia, hasta el punto de que, al llegar al kilómetro 41 de la citada vía, detuvo su vehículo en la calzada sin causa justificada.

      Acto seguido, los Agentes de una patrulla de la Guardia Civil de Tráfico que observaron tal maniobra, puesto que circulaban por la zona, se acercaron al vehículo encartado y como observaron que éste olía fuertemente a alcohol, estaba adormilado, se repetía al hablar y no se le entendía, en previsión de que pudiera sufrir una intoxicación etílica, le invitaron a someterse al test para la determinación del grado de alcohol en el aire espirado a lo que éste se negaba en todo momento y no quería salir del vehículo.

      Finalmente, habiendo salido ya del vehículo, visto que, además de los síntomas reseñados, el acusado se tambaleaba, los Agentes volvieron a ofrecerle la práctica de las pruebas de alcoholemia e incluso en varias ocasiones el acusado cogió el aparato pero seguidamente no soplaba y lo rechazaba."

 

      SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que contén a seguinte parte dispositiva:

 

"QUE ABSOLVIENDO A ELPIDIO  del delito de desobediencia por el que venía siendo acusado, con todos los pronunciamientos favorables, declarando la mitad de las costas de oficio; DEBO CONDENAR Y CONDENO A ELPIDIO  como responsable criminal, en concepto de autor directo, de un delito contra la seguridad del tráfico, en su modalidad de conducción de vehículo de motor bajo la influencia de bebidas alcohólicas, previsto y penado en el art. 379 del Código Penal, sin la concurrencia de circunstancias de la responsabilidad, a las penas de MULTA DE CUATRO MESES, con una cuota diaria de 500 pesetas. Y PRIVACIÓN DEL DERECHO A CONDUCIR VEHICULOS A MOTOR Y CICLOMOTORES por tiempo de UN AÑO Y SEIS MESES. Y todo ello con expresa imposición al condenado de la mitad de las costas del procedimiento.".

 

      TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia ás partes polo acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 775-5ª da L.A. Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.

 

 

II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.

 

      PRIMEIRO. Polo Real Decreto 2282/1998, do 23 de outubro, modificáronse os artígos 20 e 23 do Regulamento Xeral de Circulación, aprobado polo Real Decreto 13/1992, do 17 de xaneiro, establecéndose así, con carácter xenérico, que non podería circular polas vías públicas o conductor de vehículos cunha taxa de alcohol en sangue superior a 0,5 gramos por litro, ou de alcohol en aire espirado superior a 0,25 miligramos por litro. Mais e como ben se lembra polo apelante no seu recurso, téndose tal reforma plasmada no Boletín Oficial do Estado 266/1998, do 6 de novembro de 1998, e non entrando en vigor ata que dende tal data transcorresen seis meses, tales índices de alcoholemia non lle poderían a el ser aplicados por mor da ocorrencia dos feitos axuizados o 15 de novembro de 1997.

      Agora ben, coa lembranza dunha lexislación que non lle podía ser aplicada retroactivamente, remata aí todo o éxito da impugnación formulada, canto máis que, como non podía ser doutra forma, a Xulgadora a quo non fixo uso da mesma.

 

      SEGUNDO. O delicto hoxe en día previsto e penado no artigo 379 do Código Penal, e antes no artigo 340 bis a) 1 do mesmo texto legal derrogado, require non só a presencia dunha determinada concentración alcohólica senón que ademais esa circunstancia inflúa ou se proxecte na conducción. Deste xeito, para poder subsumir os feitos axuizados no amentado tipo penal non abonda con comprobar o grao de impregnación alcohólica no conductor, se non que, aínda que resulte acredirada esa circunstancia mediante as probas biolóxicas practicadas con tódalas garantías procesuais que a lei esixe, sería tamén necesario comprobar a súa influencia no conductor; comprobación que, naturalmente terá que realizar o Xulgador ponderando tódolos medios de proba que reúnan as referidas garantías. E pola xurisprudencia ó respecto tense subliñado que a proba de impregnación alcohólica pode dar lugar tras ser valorada conxuntamente con outras probas, á condena do conductor do vehículo, pero nin é a única proba que pode producir esta condena nin é unha proba imprescindible para a súa existencia (así as Sentencias do Tribunal Constitucional 252/1994, do 19 de setembro, e a ben recente 111/1999 de 14 de xuño).

      No caso que nos ocupa, a proba de alcoholemia non puido levarse a cabo por, precisamente, o lamentable estado no que se atopaba o propio acusado, do teor do que se pode ollar no atestado co que se encabezan as presentes actuacións, que consta na acta da vista oral celebrada na instancia, e que recolle a Xulgadora a quo na súa resolución agora impugnada. E a ausencia, polos motivos indicados, da práctica de tal proba de alcoholemia de sobras quedou, suplida, ós correspondentes efectos incriminatorios, polas amentadas ratificacións e declaracións complementarias dos dous axentes que confeccionaron o atestado, e mesmo polas circunstancias que arrodearon á conducción (Auto do Tribunal non Constitucional 649/1985), e que foron outras que a súbita detención na estrada, sen motivo para isto, do vehículo que conducía o acusado, xerando así un máis que evidente perigo para a seguridade vial, ata que os Axentes ata el se achegaron e prontamente se puideron decatar do seu estado (graficamente "habitáculo do vehículo cheiraba a destilería", segundo o garda civil José A. ).

      Non empece a todo o dito o feito de que co atestado se ahegase a clásica ficha no que se reflectian os síntomas que amosaba o acusado, pois, con ser como é, un mero formulario, isto non significa que o que nel se faga constar se contaxie da estereotipización daqueles, canto máis que, despois, os axentes que asinaron con todo luxo de detalles ratificron, e polo miúdo aclararon o seu contido. E tampouco obsta que na única proba de alcolemia que se lle practicou ó acusado este arroxase un resultado positivo de 0,50 gramos (por debaixo do entón vixente 0,80) xa que non existe disto constancia e ainda presumíndose que se tratase de gramos de alcohol por 1000 cc de sangue e non por litro de aire espirado, tal proba levouse a cabo cando o agora apelante empezaba a remitir da sua notoria influencia etílica, isto é, nada máis nin menos que case que nove horas despois da ocorrencia dos feitos axuizados.

      En consecuencia, e en resumo, procede rexeitar o recurso de apelación formulado.

 

      TERCEIRO. Impóñense as custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.

 

 

D E C I D I M O S

 

      Que desestimando o recurso de apelación interposto por ELPIDO  debemos confirmar e confirmamos a sentencia de data 25.05.1.999, procedente do XULGADO DO. PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA, en Autos de P.A. 346/98, impoñéndolle ó apelante as custas procesuais desta alzada.

      Deste xeito, por esta sentencia nosa, a fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.