Sentencia Penal Nº 76/201...il de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 76/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 322/2019 de 09 de Abril de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Abril de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 76/2019

Núm. Cendoj: 36038370022019100071

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:848

Núm. Roj: SAP PO 848:2019

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00076/2019

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36042 41 2 2015 0003779

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000322 /2019-P-

Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: Rosana , Sebastián

Procurador/a: D/Dª ANTONIO FERNANDEZ GARCIA, JAVIER ALMON CERDEIRA

Abogado/a: D/Dª PATRICIA MARTINEZ PINO, MARCOS MARTINS LOPEZ

Recurrido: Luis María , MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARIA ELENA SALGADO TEJIDO,

Abogado/a: D/Dª MODESTO MARTINEZ ZUÑIGA

SENTENZA NÚM. 76/2019

=================================================== ===========

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== ===========

Pontevedra a, nove de abril de dous mil dezanove.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación núm. 322/2019, interposto polos procuradores don Antonio Fernández García e Javier Almón Cerdeira, en representación de dona Rosana e don Sebastián , contra a sentenza ditada no procedemento PA: 332/2018 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrentea e como apelados don Luis María , representado pola procuradora dona María Elena Salgado Tejido o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistradodon José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 25-xaneiro-2019 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo CONDENAR Y CONDENO a Sebastián , en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito de estafa a la pena de DOS AÑOS DE PRISIÓN con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Con imposición de la mitad de las costas.

Y se le deniega la suspensión de la pena de dos años de prisión al amparo del artículo 80.1.2.3 del Código Penal .

Y debo CONDENAR Y CONDENO a Rosana , en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como cooperadora necesaria de un delito de estafa a la pena de SEIS MESES DE PRISIÓN con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Con imposición de la mitad de la costas.

Y se suspende la pena de seis meses de prisión condicionada a que en un plazo de dos años, a contar desde la firmeza de la sentencia, no cometa delito alguno.

En concepto de responsabilidad civil, Sebastián y Rosana indemnizarán solidariamente a Luis María en la cantidad de 10.000 euros.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Probado y así se declara que el acusado, Sebastián , mayor de edad, con antecedentes penales, con ánimo de obtener un enriquecimiento injusto a costa de lo ajeno, puso un anuncio en la página web www.mi lanuncios.com a través del cual contactó con él Luis María , con el propósito de crear una sociedad dedicada a la compraventa de ganado, que en ningún momento tenía intención de constituir. Y mientras estaban en trámite de constitución de tal sociedad, el acusado le dijo a Luis María que se presentaba una oportunidad de comprar cincuenta y cinco terneros por la cantidad de 9.090,50 euros, pidiéndole el ingreso de la cantidad de 10.000 euros para poder adquirirlos. Y confiando en la realidad de la oferta transfirió desde su cuenta bancaria el día 14 de agosto de 2015 la cantidad de 10.000 euros en la cuenta que le indicó el acusado, titularidad de la también acusado, Rosana , mayor de edad, sin antecedentes penales, la cual estaba concertada con su hermano para la recepción y posterior retirada del dinero que se quedó en su poder.'

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrentes interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- Os acusados, Sebastián e Rosana , foron condenados na instancia como autores responsables dun delito de estafa dos artigos 248 e 249 do Código penal . Recorren agora perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal e a acusación particular exercitada por Luis María opóñense a que acollamos a referida impugnación.

Segundo.- Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal , o apelante Sebastián alega no seu recurso o erro na valoración das probas e a infracción do artigo 248 do Código penal e a xurisprudencia a el aplicable por non existir o delito de estafa, para solicitar a súa absolución nesta segunda instancia.

Argumenta o apelante, no relativo ao primeiro motivo de apelación -o erro na apreciación da proba-, que nunca tivo intención de enganar a ninguén, que non se moveu por un ánimo de lucro, e que tiña a intención de realizar a actividade que lle propuxera ao denunciante pero que se viu frustrada pola súa entrada no cárcere. E, se todo o anterior resulta comprensible dende o punto de vista da defensa dos intereses do acusado, notoriamente contradí o ben nidio resultado dos medios probatorios practicados na instancia.

Así, e de entrada, é mester subliñar que dende o 14 de agosto de 2015, data en que Luis María transferiu a favor de Sebastián a través dunha conta da súa irmá, a tamén coacusadaapelante Rosana , a cantidade de 10 000 € para a compra de 55 tenreiros relacionados cos trámites de creación dunha sociedade dedicada á compravenda de gando, ata o día de hoxe -máis de tres anos e medio despois- o amentado apelante non devolveu nin un só euro dos que recibiu. Para a recepción dos cartos o apelante ben que aparentou, co conseguinte engano, posuír unha instalación gandeira onde, en varias ocasións, se xuntou con Luis María . Neste contexto, e en plena tramitación da constitución dunha sociedade para a compravenda de gando -cuxa promoción publicou o acusado Sebastián no sitio web www.milanuncios.com, o apelante solicitou a entrega de cartos para aproveitar unha oferta única e favorable de adquisición de 55 tenreiros. Logrou así que o referido prexudicado ingresase na conta bancaria da irmá do devandito apelante -a tamén acusada e recorrente Rosana - a cantidade de 10 000 €. E o recorrente Sebastián nin se presentou o día en que se debían entregar os tenreiros nin, como xa dixemos, devolveu os cartos que, polas razóns e circunstancias referidas, recibiu.

Non consta por ningures que fosen problemas relacionados co transporte os que determinaron que ata hoxe non aparecesen os 55 tenreiros supostamente adquiridos polo recorrente con aquela cantidade, nin tampouco é certo que o seu ingreso na cadea frustrase a operación, pois isto produciuse o 17 de decembro de 2015, isto é, máis de catro meses despois de que recibise os cartos, polo que tiña tempo máis que de sobra no referido lapso temporal para cumprir, se quería, coa súa obriga ou para devolver os cartos. Tampouco obsta a todo o ata aquí dito a novidade que se menciona no recurso de apelación de que o acusado, por problemas de liquidez e desacordos con quen vendía os tenreiros, non puidese, segundo el, rematar a operación, pois liquidez si que tiña -os 10 000 € que recibiu- e a xustificación daquelas supostas desavinzas brilla pola súa ausencia.

Mesmo todo o relacionado coa constitución dunha sociedade de compravenda de gando, anunciada, como reflectimos, polo recorrente nun coñecido portal web, resultou orfa de toda mínima acreditación. Neste sentido, as fotografías dunhas instalacións de tal tipo, sen máis, non resisten a máis mínima crítica, xa que puideron ser tiradas por calquera ou o negocio ser tamén propiedade de calquera menos do apelante, quen non xustificou posuír ningunha explotación.

E, como salienta a maxistrada xuízaa quo,a realización de calotes semellantes por parte do apelante resulta frecuente pois dende o ano 2012 foi condenado ata en nove ocasións por delitos de estafa que, precisamente por isto, deberan dar lugar á apreciación da agravante de reincidencia do artigo 22.8ª do Código penal que, finalmente, non se aplicou por non ser invocada polo fiscal nin pola acusación particular, cos conseguintes beneficios positivos na contía da pena imposta (videen tal sentido o fundamento de dereito segundo, primeiro parágrafo, da sentenza contra a que se apela).

No relativo ao segundo dos motivos de apelación do recorrente Sebastián -a infracción do artigo 248 do Código penal e a xurisprudencia a el aplicable por non existir o delito de estafa-, non mellor sorte que o anterior merece correr. Neste sentido, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 12 de marzo de 2019 ROJ: STS 749/2019 - ECLI:ES:TS:2019:749 lembra cales son os elementos que estruturan o delito de estafa do seguinte xeito:

1) La utilización de un engaño previo bastante, por parte del autor del delito, para generar un riesgo no permitido para el bien jurídico (primer juicio de imputación objetiva); 2) El engaño ha de desencadenar el error del sujeto pasivo de la acción. 3) Debe darse también un acto de disposición patrimonial del sujeto pasivo, debido precisamente al error, en beneficio del autor de la defraudación o de un tercero. 4) La conducta engañosa ha de ser ejecutada con dolo y ánimo de lucro y 5) De ella tiene que derivarse un perjuicio para la víctima, el cual debe estar vinculado con la acción engañosa (nexo causal o naturalístico) y materializarse en el mismo el riesgo ilícito que para el patrimonio de la víctima supone la acción engañosa del sujeto activo (relación de riesgo o segundo juicio de imputación objetiva).

E o ATS, Penal, Sección 1ª, do 28 de febreiro de 2019 (ROJ: ATS 2822/2019 - ECLI:ES:TS:2019:2822 A) razoa que:

En relación al delito de estafa, hemos dicho de forma reiterada que 'se integra de los siguientes elementos: 1°) Un engaño precedente o concurrente, espina dorsal, factor nuclear de la estafa, fruto del ingenio falaz y maquinador de los que tratan de aprovecharse del patrimonio ajeno; 2°) Dicho engaño ha de ser bastante, es decir, suficiente y proporcional para la consecución de los fines propuestos, cualquiera que sea su modalidad en la multiforme y cambiante operatividad en que se manifieste, habiendo de tener adecuada entidad para que en la convivencia social actúe como estímulo eficaz del traspaso patrimonial, debiendo valorarse aquella idoneidad tanto atendiendo a módulos objetivos como en función de las condiciones personales del sujeto afectado y de las circunstancias; 3°) Producción de un error esencial en el sujeto pasivo, desconocedor o con conocimiento deformado o inexacto de la realidad, por causa de la insidia, mendacidad, fabulación o artificio del agente, lo que le lleva a actuar bajo una falsa presuposición, a emitir una manifestación de voluntad partiendo de un motivo viciado, por cuya virtud se produce el traspaso patrimonial; 4°) Acto de disposición patrimonial, con el consiguiente y correlativo perjuicio para el disponente, es decir, que la lesión del bien jurídico tutelado, el daño patrimonial, sea producto de una actuación directa del propio afectado, consecuencia del error experimentado y, en definitiva, del engaño; 5°) Ánimo de lucro como elemento subjetivo del injusto, exigido hoy de manera explícita por el artículo 248 del Código Penal , entendido como propósito por parte del infractor de obtención de una ventaja patrimonial correlativa, aunque no necesariamente equivalente, al perjuicio típico ocasionado, eliminándose, pues, la incriminación a título de imprudencia. 6°) Nexo causal entre el engaño provocado y el perjuicio experimentado, ofreciéndose éste como resultancia del primero, lo que implica que el dolo del agente tiene que anteceder o ser concurrente en la dinámica defraudatoria' ( STS 755/2016, de 13 de octubre , entre otras muchas).

Pois ben, a cerna do delito de estafa, isto é, o engano precedente ou concorrente, quedou máis que acreditado no presente caso a través dos dotes persuasivos e aparentes do recorrente para aproveitarse dos cartos alleos por medio da simulación da súa intención de constituír unha sociedade de compravenda de gando, a aparente existencia dunha explotación gandeira súa ou relacionada con el, a incrible oferta vantaxosa da venda dun número determinado de tenreiros que non se podía desaproveitar, etc. E este engano foi tamén máis que suficiente para mover a disposición patrimonial no seu favor, da cal definitivamente se apoderou.

En conclusión, e como xa adiantamos, rexeitamos o recurso de apelación de Sebastián .

Terceiro.- O tamén erro na apreciación das probas e a infracción do artigo 24 da Constitución española por non practicarse proba de cargo suficiente para demostrar o dolo eventual da recorrente Rosana , coa conseguinte vulneración da súa presunción de inocencia, son os motivos de apelación que esta esgrime para a súa absolución nesta segunda instancia. E este recurso tamén o debemos rexeitar, ademais de polo xa exposto e razoado no relativo á impugnación do seu irmán, polos seguintes motivos.

A conta bancaria onde o prexudicado Luis María ingresou os cartos que lle solicitou Sebastián era titularidade da apelante Rosana . Ela mesmo declarou que nunca operaba con esa conta e que dende novembro de 2014 non a utilizaba, sementando dúbidas na fase de instrución desta causa verbo da posibilidade de que con ela puidese operar como cotitular un seu exnoivo, o que motivou a requisitoria e mesmo a detención deste. Mais xa no xuízo oral a apelante mudou a súa versión dos feitos pretextando unha inexplicable e incomprensible situación de medo para confesar que, como o seu irmán lle ensinara determinada documentación -libro de cabezas de gando, fotografías dunha explotación gandeira, etc-, confiara nel e, como este non podía ter nada ao seu nome, deulle o número da súa conta bancaria para que lle ingresasen os cartos que logo ela retirou e lle entregou. Conseguintemente nega que soubese do ánimo de estafa que presuntamente guiara o seu irmán a través da creación dun negocio de compravenda de gando.

Mais, con vocación de reforzo do xa ben polo miúdo razoado na instancia pola maxistrada xuíza, debemos subliñar que a apelante, como irmá do outro recorrente, perfectamente coñecía a traxectoria delituosa deste ata o punto de recalcar que sabía que non podía figurar nada ao seu nome polas responsabilidades de todo tipo de que aquel se fixera debedor. Neste contexto, a súa colaboración, primeiro, ao facilitar unha conta bancaria onde lle ingresasen os cartos ao seu irmán e, despois, a súa retirada e entrega a el, merecía a consideración de cooperadora necesaria no delito de estafa, se non mesmo de autora material deste por dolo eventual.

As dúas fotografías do gando que achegou a apelante ás actuacións como exhibidas polo seu irmán para a pretendida demostración da seriedade e confirmación do proxecto de constituír unha sociedade de compravenda de gando, e mesmo a autofoto que tirou o propio Sebastián cunhas cabezas de gando de fondo, non resisten a máis mínima crítica. E, en todo caso, remitímonos á apreciación xa realizada na instancia de que, en esencia e evidentemente, as fotografías dunhas instalacións, cortellos, gando, etc. abofé que non lle atribúen xa en por si nin a propiedade nin relación de ningún tipo a quen as tira. E este particular sobre a relación do acusado coa explotación gandeira fotografada quedou orfo de toda proba.

Non se vulnerou de ningún modo, pois, a presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ) da apelante, xa que legal e regularmente se obtivo e practicou proba de cargo de abondo contido incriminatorio como para poder ter por alzada a devandita presunción.

Noutra orde de cousas, o mero transcurso de máis de tres anos entre a incoación da causa e a realización do xuízo oral na instancia non autoriza, como alegaba a apelante, a aplicación da atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal . Repárese ademais en que, se entre a declaración da acusada como investigada e a declaración como tamén investigado do seu exnoivo mediou case un ano, foi debido á alusión a este último realizada pola apelante como supostamente participante nos feitos e á necesidade de localizalo para que puidese declarar como tal. Xa que logo, por ningures se podía apreciar a atenuante de mención.

Cuarto.- Impoñemos as custas desta alzada aos apelantes por mor do rexeitamento dos seus recursos.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Quedebemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Rosana e don Sebastián , contra a sentenza ditada con data do 25-xaneiro-2019 , no procedemento abreviado nº 332/2018, polo Maxistrada Xuíza do Xdo. don Penal nº 3 de Pontevedra, eCONFIRMAR esta sentenza. Impóndolle as custas aos apelantes.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim , cabe interpor unrecurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro doscinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LECrim .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.