Sentencia Penal Nº 77, Au...re de 2000

Última revisión
14/11/2000

Sentencia Penal Nº 77, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1066 de 14 de Noviembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Noviembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 77

Resumen:
DELITO CONTRA A SEGURIDADE DO TRÁFICO O acusado, salíuse da vía polo marxe esquerdo, chocando contra un talud rocoso e volcando en forma de tonel, despois do accidente, personouse a Guardia Civil de Tráfico e observaron que mostraba síntomas de encontrarse baixo os efectos do alcohol, asimesmo, na proba de detención alcohólica obtívose un resultado de 0.72 miligramos de alcohol por litro de aire espirado. Por estes feitos condénase ao acusado como autor dun delito contra a seguridade do tráfico. Formúlase recurso por erro na apreciación da proba e infracción do principio da presunción de inocencia O acusado pretendía a súa defensa amparado na circunstancia de que a sua impregnación alcohólica era posterior ao accidente, pero esta versión no se mantivo dende o principìo, trocando as súas manifestacións dende o atestado de tráfico, no que recoñeceu que bebira, no xuizo oral e agora na apelación. Así as cousas, nin se incorreu en erro ó apreciar a proba nin, dada carga incriminatoria desta última se ten conculcado a constitucional presunción de inocencia como así se argúia polo recorrente.

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

 

Rollo : 1066/00

P. ABREVIADO : 0149/00

Procedencia : JDO. DE LO PENAL N.1 PONTEVEDRA

 

Ilmos Sres.

Presidente

D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO

Magistrados:

Dª ANGELA IRENE DOMÍNGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

 LA SECCION SEGUNDA DE LA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, compuesta por JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, Presidente, Don ANGELA DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ y Don JAIME ESAÍN MANRESA Magistrados, han pronunciado

 

EN NOMBRE DEL REY

 

la siguiente

 

S E N T E N C I A Nº 77

 

 Pontevedra, 14 de Noviembre de 2000.

 

 

No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nas precedentes Dilixencias Previas do Procedemento Abreviado que á marxe se referencia contra o acusado MIGUEL M sendo apelante o mencionado acusado e doutra parte como apelado o MINISTERIO FISCAL; e foi relator o Maxistrado ILTMO. SR. D. JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE HECHO.

 

 Acéptanse os feítos probados da sentencia recorrida.

 

 PRIMEIRO. Con data sete de setembro do dous mil o Sr. MAXISTRADO-XUÍZ DO XDO. DO PENAL N.1 PONTEVEDRA dictou sentencia os feitos probados da cal literalmente din:

 

 "Que el día 17 de Mayo de 1999, sobre las 23,00 horas, MIGUEL M, mayor de edad y sin antecedentes penales, cuando conducía el vehículo de su propiedad Citroen Xsara a 9 TD, por el km. 171,800 de la carretera C-550 (Pontecesures-Tui) término municipal de El Rosal, se salió de la vía por el margen izquierdo, chocando posteriormente contra un talud rocoso y volcando en forma de tonel.

 

 Como consecuencia del accidente, se personó en el Lugar de los hechos una patrulla perteneciente a la Guardia Civil de Tráfico de Porriño, y reunieron al acusado con el fin de que presentara documentación relativa al vehículo, observando que mostraba síntomas de hallarse bajo los efectos del alcohol, tales como rostro congestionado, ojos brillantes, habla pastosa, deambulación vacilante y halitosis alcohólica notoria a etilométrica que accede a realizar de forma voluntaria. Practicada la prueba ésta da positiva, con un resultado de 0.72 mgrs de alcohol por litro de aire espirado en la primera prueba realizada a las 00,47 horas y 0,76 en la segunda practicada a la 1,03 horas.

 

 El acusado tenia sus facultades psicofísicas disminuidas a consecuencia de la ingestión de bebidas alcohólicas."

 

 SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que contén a seguinte parte dispositiva:

 

 "FALLO. Que debo condenar y condeno a MIGUEL M como responsable en concepto de autor de un delito CONTRA LA SEGURIDAD DEL TRAFICO del art. 379 del Código Penal a la pena de MULTA DE CUATRO MESES Y QUINCE DÍAS con cuota diaria de 200 pesetas (en total 27.000 ptas)., que abonará de una sola vez estableciéndose una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas impagadas y PRIVACION DEL DERECHO A CONDUCIR VEHICULOS DE MOTOR Y CICLOMOTORES POR TIEMPO DE DOS AÑOS, imponiéndole expresamente las costas.".

 

 TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia ás partes polo acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 775-5ª da L.A. Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.

 

II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.

 

 PRIMEIRO. Os dous motivos en base ós cales se formulou o recurso de apelación fronte á sentencia de instancia consisten no erro na apreciación da proba, e na infracción do principio constitucional da presunción de inocenica (artigo 24 CE).

 

 Contrariamente ó así alegado, e malia os esforzos despregados ó respecto polo recorrente en apelación, a resolución da instancia nun todo debe ser confirmada.

 

 SEGUNDO. A intervención da Garda Civil de tráfico debeuse, no presente caso, non á practica dun rutineiro control de alcoholemia senón a que foi avisada por verse producido un accidente de circulación no que únicamente interveu o acusado, ó sen intervención de ninguén máis, saírse da estrada C-550 (Pontecesures-Tui) pola marxe esquerda da mesma cando na indicada dirección conducía o vehículo a motor propiedade do seu pai.

 

 Cando o apelante Miguel M foi requirido polos Axentes daquela forza para que presentase a documentación do automóbil co que tivera o accidente e relatase o sucedido, os axentes xa de xeito ben doado se decataron de que aquel puidese estar baixo o influxo das bebidas alcohólicas a teor- dos síntomas que a primeira vista ollaron tanto no seu corpo como no seu comportamento. E os síntomas detectados ("aspecto externo: cansazo; vestiario: desemañado; rostro: conxestionado; mirada: ollos brillantes; fala pastosa; halitose alcohólica: notoria a distancia; e deambulación movemento oscilante da verticalidade do corpo") complementáronse coa correspondente práctica da proba de alcohol que arroxou, primeiro unos 0,72 mg/1 ás 0,47 horas e, despois, uns 0,76 mg/1 ás 1,03 horas.

 

 O feito de que o accidente tivese lugar ás 23 horas e que as amentadas probas de alcoholemia non se practicasen (a derradeira) ata maís de dúas horas despois daquel, en principio, non viría senón a acreditar a notoria concentración etílica no corpo do acusado cando conducía o vehículo a motor co que, el só, cruzou o carril contrario ó da súa dirección, foi baten co valado e, despois dando voltas, envorcou.

 

 Mais pretendía introducirse a incerteza de se a inxesta etílica recoñecida polo acusado fora previa ou posterior ó accidente de circulación. En tal sentido o acusado teimou, últimamente como se verá, na aseveración de que, despois do accidente bebera o alcohol que puidese selo causante do resultado positivo da proba de alcoholemia pero, nada máis lonxe da realidade refelctida en autos. Así, a versión que agora se pretende sustentar abofé que non se mantivo dende o principio, pois, abonda con reparar no atestado achegado a autos para decatarse de que Miguel Miranda Pulido recoñeceu que nas últimas vintecatro horas bebera dous viños brancos e unha cervexa de botella, así como que dende o momento da lúa última parada e ata a realización da primeira proba non tomara ningunha bebida alcohólica (folio 5); mentres que, xa perante o Xuíz de Instrucción, notoriamente; trocou o signo das súas manifestacións para pasar a afirmar que, despois do accidente fora trasladado ó servicio de urxencias de A Guarda e, de seguido, levarono á casa duns compañeiros onde lle fixeran beber dous vasos de viño para axudalo a normalizar o sucre. E fundadamente cómpre dubidar delta última versión, xa non só pola espontaneidade da primeira delas, senón polo feito de que no acto da vista oral volveu a cambiar para referir que, en realidade onde supostamente levara a cabo as inxestas etílicas posteriores ó accidente fora non na casa duns compañeiros senón no bar "Bergantín". Mesmo non resulta moi crible que o accidentado, por si mesmo e len oposición do seu pai e coñecidos que lle facían compañía, procedese a consumir alcohol cando estaban avisados os gardas civil de tráfico para confeccionar o correspondente atestado.

 

 Así as cousas, nin se incorreu en erro ó apreciar a proba nin, dada carga incriminatoria desta última se ten conculcado a constitucional presunción de inocencia como así se argúia polo recorrente.

 

 TERCEIRO. Impóñense as custas da presente instancia á parte apelante dada a desestimación do seu recurso.

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.

 

D E C I D I M O S

 

 Que, desestimando o recurso de apelación interposto por MIGUEL M debemos confirmar e confirmamos a sentencia de data 7.09.2.000, procedente do XULGADO DO PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA, en Autos de Procedemento Abreviado número 149/2000, impoñéndolle a parte apelante as custas da presente alzada.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.