Sentencia Penal Nº 8/2008...zo de 2008

Última revisión
14/03/2008

Sentencia Penal Nº 8/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 6/2008 de 14 de Marzo de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Marzo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 8/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008100116

Resumen:
DELITOS CONTRA LA SALUD PUBLICA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00008/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo: PROCEDIMIENTO ABREVIADO NÚM. 6/08 CR

Organo de Procedencia: Xulgado de 1ª Instancia e Instrución

núm. 1 de Cangas de Morrazo

Asunto: P. Abreviado

Número: 52/06

SENTENZA Nº 8

======================================================== ======

ILMOS. MAXISTRADOS SRES.:

Presidente

Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Maxistrados

Dona Mª MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA

Don CELSO J. MONTENEGRO VIEITEZ

====================== ========================================

Pontevedra, a catorce de marzo de dous mil ocho.

Vistas as presentes dilixencias seguidas por un suposto delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á

saúde, contra Miguel , con DNI NUM000 , nado en Cangas o 24/5/1953, fillo de Segundo e Nemesia, con

domicilio na RUA000 núm. NUM001 , O Espírito Santo, de Cangas, con antecedentes penais non computables, de descoñecida

solvencia económica, en liberdade provisional por esta causa, na que o representou o procurador don Daniel Rivas Gandásegui e

o defendeu o avogado don Francisco Costas Coya. En representación do Ministerio Fiscal compareceu don Gregorio . Foi maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro.- O Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais, que logo elevou a definitivas, cualificou os feitos como constitutivos dun delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde do artigo 368 do Código penal , do que consideraba responsable, en concepto de autor, ao acusado, non apreciando a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal; e solicitou a pena de 3 anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e multa de 1526 euros, con responsabilidade persoal en caso de non pagamento, e as custas.

Segundo.- A defensa do acusado solicitou a súa libre absolución con todos os pronunciamentos favorables e, de xeito subsidiario, a aplicación da eximente completa do artigo 20.2º, ou a incompleta do artigo 21.1º, ou as atenuantes 2ª e 6ª do artigo 21 do Código penal .

Hechos

Sobre as 0 horas do día 23 de febreiro de 2006, o acusado Miguel, cuxas circunstancias persoais xa constan e con antecedentes penais non computables, na rúa Telleiro de Cangas, entre as pedras dun muro agachou un envoltorio que, á súa vez, contiña outros dous: un con 5,255 gramos de cocaína, cunha riqueza do 49,35%, e outro con 8,926 gramos de heroína, cunha riqueza do 26,43%. O valor de tales sustancias no mercado foi taxado, respectivamente, en 291 e 472 euros.

Logo de agardar uns nove minutos por se alguén pasaba a facerse cargo da droga, foi recollida esta por axentes da Garda Civil.

Non consta que o proceder do acusado, consumidor habitual de cocaína, opiáceos e alcol, estivese orientado ao consumo da devandita droga por terceiras persoas.

Fundamentos

Primeiro.- No seu escrito de conclusións provisionais, a defensa do acusado alegou a nulidade de actuacións a partir do auto con data do 10 de outubro de 2006 , mediante o que se acordaba a continuación das dilixencias polos trámites do procedemento abreviado, instando á retroacción das actuacións a tal momento, co fin de notificarlle a devandita resolución ao imputado e á súa defensa, con posterior cita para a práctica das dilixencias de proba que se puidesen levar a cabo.

Porén, ao comezo do xuízo oral a defensa non fixo uso do preceptuado no artigo 786.2 da Lei de axuizamento criminal e, xa que logo, non instou á apertura da quenda de intervencións para a correspondente exposición de tal cuestión. Pasouse así, sen máis, ao interrogatorio do acusado e á práctica dos restantes elementos probatorios, co resultado que consta na acta levantada polo secretario e na correspondente gravación informática. Só cando á defensa lle chegou a posibilidade de informar, comezou a desenvolver aquela alegación da nulidade de actuacións, amosándose así ben serodia tal ocasión, que incluso privaría ao fiscal interveniente no xuízo oral de toda posibilidade de réplica ao respecto.

Pero é que, con todo, colíxese das actuacións que o auto do 10 de outubro de 2006 , de transformación en procedemento abreviado das ata entón dilixencias previas, lle foi notificado ao acusado o 2 de maio de 2007 (folla 64). E, se ben é certo que entre tanto se tomou declaración como testemuñas aos axentes da Garda Civil que actuaron nos feitos, non o é menos que tal dilixencia probatoria se levou a cabo a instancias da fiscal como dubidosa dilixencia complementaria da que ben se podería prescindir en tal momento ata o xuízo oral e, amais, non só sen a intervención e coñecemento do acusado, senón, incluso, sen a participación da fiscal que así expresamente solicitara aquela. É por iso polo que do declarado daquela polos axentes ben se podería prescindir e, ao declarar todos eles no acto da vista oral coa directa, activa e inmediata participación no seu interrogatorio da defensa do acusado, poderíase estimar emendada calquera pretendida eiva procesual ao respecto.

Segundo.- Estímase probado que, efectivamente, o axente da Garda Civil con carné profesional NUM002 viu como unha persoa que vestía roupa escura e un gorro de la na cabeza agachaba algo entre as pedras dun muro. En tal intre, o propio axente recoñeceu que non sabía se tal manobra de ocultación se debía a que antes a persoa por el observada se decatara da presenza policial ou non. E do que o axente si estaba seguro é de que, unha vez que aquela persoa se ergueu, logo de agachar algo no muro, e mirou para atrás, esta non era outra que o acusado, Miguel (a) "Botines", de sobras por el coñecido polos seus antecedentes de delitos contra a saúde pública.

Igualmente resultou probado que, logo duns nove minutos de espreita por se alguén aparecía polo lugar para facerse cargo do que o acusado agachara no muro, ninguén así o fixo, e, co acusado, os axentes da Garda Civil foron dar nas proximidades do seu domicilio.

Pois ben, reducíndose a proba a tales datos obxectivos, abofé que os mesmos non constitúen o delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde do artigo 368 do Código penal , que o Ministerio Fiscal lle imputaba ao acusado Miguel.

As cantidades de droga atopadas entre as pedras do muro (5,255 gramos de cocaína e 8,926 gramos de heroína, cunha respectiva riqueza do 49,35% e 26,43%, que deixarían reducidas aquelas cantidades a 2,662 gramos de cocaína e 6,567 gramos de heroína) dende logo que, por si soas e sen máis probas ao respecto, non se poden presumir destinadas ao tráfico a terceiras persoas. Resulta abondosa a xurisprudencia en tal sentido.

A STS 1037/2007 , do 5 de decembro, nun caso de incautación de sete papelas de cocaína cun peso total de 2,660 gramos (riqueza do 32% e 48,9%), así como un bote de plástico con 10.541 mg de cocaína (riqueza do 46,2%), sinala:

"En las STS 835/2007, 23 de octubre (RJ 2007, 7315) y 603/2007, 25 de junio (RJ 2007, 6974 ), ya recordábamos el criterio reiterado por la STS núm. 281/2003, 1 de octubre (RJ 2003, 7213 ), en la que se señala que la jurisprudencia ha fijado el consumo medio diario de cocaína en un gramo y medio, de conformidad con el criterio del Instituto Nacional de Toxicología, y tal cifra de consumo diario se aceptó por el Pleno no jurisdiccional de esta Sala de 19 de octubre de 2001 (JUR 2002, 77558) (cfr. SSTS 1143/1995, 15 de diciembre [RJ 1995, 9195] y 1778/2000, 21 de noviembre [RJ 2000, 9551 ]). Es criterio también del Instituto Nacional de Toxicología, aceptado por la Sala Segunda, que normalmente el consumidor medio cubre el consumo de drogas de cinco días (cfr. SSTS 578/2006, 22 de mayo [RJ 2006, 3315] y 390/2003, 18 de marzo [RJ 2003, 2670] y 705/2005, 6 de junio [RJ 2005, 8196 ])."

A STS 936/2007, do 21 de novembro , subliñou:

"Por acuerdo del Pleno no jurisdiccional de esta Sala del Tribunal Supremo de 3 de febrero de 2005 (JUR 2005, 73174) se decidió «continuar manteniendo el criterio del Instituto Nacional de Toxicología relativo a las dosis mínimas psico-activas, hasta tanto se produzca una reforma legal o se adopte otro criterio o alternativa».

Recientemente hemos reiterado en la Sentencia 16/2007 de 16 de enero (RJ 2007, 260 ) que «...en la doctrina de esta Sala, como es exponente la sentencia 14/2005, de 12 de enero (RJ 2005, 836 ), se recogen informes del Instituto Nacional de Toxicología en los que se hace referencia a la dosis mínima psicoactiva, entendida ésta por el citado organismo como la cantidad mínima de una sustancia química de origen natural o sintética que afecta a las funciones neurológicas o neuropsíquicas de los organismos vivos; es decir, la que ha producido algún efecto en los organismos objeto de estudio. Y es esta cantidad la que se tiene en cuenta por esta Sala para establecer el límite, solamente por debajo del cual cabrá apreciar de modo excepcional y restrictivo la doctrina de la insignificancia que podría excluir la tipicidad cuando formalmente sea constatada. Concretamente, en casos de tráfico como el que aquí se enjuicia, debe limitarse a supuestos de absoluta insignificancia que determinan la atipicidad por falta de objeto, en supuestos en que la extrema desnaturalización cualitativa o la extrema nimiedad cuantitativa de la sustancia entregada, determina que ésta carezca absolutamente de los efectos potencialmente dañinos que sirven de fundamento a la prohibición penal. Es decir, cuando por dicha absoluta nimiedad la sustancia ya no constituya, por sus efectos, una droga tóxica o sustancia estupefaciente, sino un producto inocuo SSTS 527/98 de 15 de abril [RJ 1998, 3806]; 985/98 de 20 de julio [RJ 1998, 5998]; 789/99 de 14 de mayo [RJ 1999, 5396]; 1453/2001 de 16 de julio [RJ 2001, 6870] y 1081/2003 de 21 de julio [RJ 2003, 5998 ]).

La dosis mínima psicoactiva de la cocaína se fija por el referido Instituto en 50 milígramos, es decir, 0,05 gramos; y en la Sentencia 622/2004, de 10 de mayo (RJ 2004, 4001 ), se declara que tratándose de la sustancia estupefaciente heroína la dosis mínima psicoactiva ha de situarse en 0,66 milígramos de principio activo puro, o lo que es lo mismo, 0,00066 gramos, dosis mínimas psicoactivas a partir de las cuales pueden resultar afectadas funciones físicas o psíquicas de una persona [...]."

Segundo a STS 720/2006, do 12 de xuño :

"El informe pericial sobre las drogas no especifica la riqueza porcentual de las ocupadas. Pero la cuantía de esas drogas excede en gran proporción de las dosis mínimas sicoactivas, 0,66 miligramos para la heroína y 50 miligramos para la cocaína, además de estar repartida en muchos envoltorios de los usados para la distribución; y también supera en amplísima medida las dosis de abuso habitual, 50-150 miligramos para la heroína, 100-250 miligramos para la cocaína, el consumo diario estimado, 600 miligramos para la heroína, y 1,5 gramos para la cocaína, y el avituallamiento normal con finalidad de autoconsumo, de 3 a 5 días; todo ello de acuerdo con la doctrina de esta Sala, sentencias de 6/5/2004 (RJ 2004, 3570) y 16/2/2005 (RJ 2005, 4302 ), inspirada en informes del Instituto Nacional de Toxicología. Por lo que debe inferirse racionalmente que la droga ocupada a Piedad era destinada por ella, al menos en parte, al tráfico.

La Audiencia asimismo se refiere a la doctrina jurisprudencial sobre pautas orientativas para determinar en qué cantidad el acopio de droga puede atribuirse al consumo propio. Recordemos la doctrina recogida en la sentencia de 12/6/2006 (RJ 2006, 4717 ) en orden a estimar el consumo diario para la heroína en 600 miligramos y el avituallamiento normal con finalidad de autoconsumo en 5 días. Atendida la cantidad ocupada nos hallamos ante un indicio de extremada inequivocidad respecto a que la posesión no estaba encaminada, al menos en su totalidad, al autoconsumo."

Especialmente significativa se amosa a STS 900/2003, do 17 de xuño , segundo a cal:

"El delito de tráfico de drogas, en su modalidad de tenencia de sustancia estupefaciente, requiere la detentación de la sustancia tóxica y la acreditación de su destino a terceras personas, elemento subjetivo del tipo penal que, normalmente, ha de ser inferido de hechos externos que permitan deducir la intencionalidad ilícita de la tenencia para su integración en el tipo penal del art. 368 del Código Penal (RCL 1995, 3170 y RCL 1996, 777 ). Esta Sala ha suministrado criterios que contribuyen a la acreditación del elemento subjetivo, la intención de destinarlo al tráfico a terceras personas, expresando la racionalidad de las inferencias basadas en cantidades detentadas, bien cuando ésta excede de las necesidades de autoconsumo, incluso, expresando que la tenencia de una cantidad superior al consumo durante tres o cinco días, permite declarar razonable una inferencia sobre el destino ilícito que exige el tipo penal. Pero también hemos declarado, por todas SSTS 492/99, de 26 de marzo (RJ 1999, 1849), y 2371/2001, de 5 de diciembre (RJ 2002, 820 ), que este criterio, el del exceso de las necesidades de autoconsumo, es meramente orientativo y muy discutible y de dudosa eficacia si se quiere implantar de modo genérico. No cabe, consecuentemente, considerar que la detentación de una determinada cantidad de sustancia tóxica, evidencia su destino al tráfico, pues se hace preciso comprobar en cada caso concreto las circunstancias concurrentes. Entre ellas, el lugar de la detención, la distribución de la sustancia, las pautas de consumo del detentador, etc. a través de las cuales declarar razonable un destino al tráfico basado en la mera ocupación de la sustancia.

Como dijimos en la STS 1262/2000, de 14 de julio (RJ 2000, 6584 ), «la cantidad de droga poseída es un elemento para la prueba del elemento subjetivo del delito, esto es el ánimo de destinarla al tráfico, pero no el elemento subjetivo del delito, pues si fuera así bastaría con la comprobación de que la cantidad detentada superaba el baremo legal que permite su acreditación»."

E entre as SSAAPP abonda con citar a de Valladolid 370/2003, do 17 de xullo , pola similitude das cantidades co caso que agora nos ocupa. Segundo esta:

"En el presente caso, la única prueba existente es la mera tenencia por el acusado de las sustancias aprehendidas que, si bien en cuanto a su cantidad (9,73 g de heroína y 4,66 g de cocaína) limítrofe con las pautas jurisprudenciales establecidas para deducir que una determinada cantidad se considera excesiva para el autoconsumo, no por ello ha de deducirse acreditado sin más el elemento tendencial de la intencionalidad del acusado de dirigir las referidas sustancias al tráfico."

Noutra orde de cousas, cómpre lembrar varias circunstancias. Que, aínda cando o acusado confesou ser consumidor de cocaína e non de heroína, que só consumira unha soa vez, segundo o informe médico-forense ratificado na vista oral, Miguel é consumidor habitual de cocaína e de opiáceos dende polo menos seis meses antes da toma de mostras (27 decembro 2007), presentando na actualidade un grao de dependencia de drogas de abuso (cocaína e opiáceos) e alcol leve. Que o feito de que a droga estivese distribuída en diversos envoltorios plásticos non indica que estivese destinada ao tráfico e consumo de terceiras persoas, podendo moi ben obedecer ao xeito no que ao propio acusado lle foi transmitida para o seu consumo, mesmo compartido con outros drogadictos en determinados lugares que non afectan á incolumidade da saúde pública. E que non se atopou en posesión do acusado ningunha cantidade de diñeiro nin trebellos habitualmente relacionados co tráfico de drogas, non chegando a efectuarse ningún rexistro no seu domicilio.

Velaí polo que, en conclusión, do sinxelo acto de agochar a droga que levou a cabo o acusado entre as pedras dun muro, quizais, precisamente, por sentirse seguido nos seus pasos, para non levala sempre consigo, por desconfiar da súa tenza no domicilio, etc., da cantidade das sustancias intervidas, da súa condición de consumidor de cocaína e opiáceos, e da ausencia de máis indicios ou detalles reveladores, non se pode presumir en contra do reo que este tivese e dispuxese da droga coa intención de transmitírllela a terceiros. Xeráronse así dúbidas máis que razoables que inevitablemente deben levarnos a ditar un pronunciamento absolutorio con todas as súas inherentes consecuencias.

Terceiro.- Decláranse as custas de oficio a teor dos artigos 123 do Código penal , e 239, e 240.1º da Lei de axuizamento criminal .

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Que debiamos absolver, e absolvemos, a Miguel do delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde do artigo 368 do Código penal , polo que viña sendo acusado polo Ministerio Fiscal, con todos os pronunciamentos favorables, e con expresa declaración de oficio das custas xeradas na presente instancia.

Notífiquese la presente resolución a/los procesado/s personalmente, y a las demás partes, haciéndoles saber que puden interponer contra ella recurso de casación, preparándolo ante esta Sala dentro de los cinco días siguientes al de la última notificación de esta sentencia.

Así, por esta nuestra Sentencia, de la que se unirá certificación al rollo de Sala, lo pronunciamos, mandamos y firmamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.