Última revisión
19/01/2000
Sentencia Penal Nº 8, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1003 de 19 de Enero de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Enero de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 8
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
APELACION PENAL
Rollo 1003/00
Asunto P. ABREVIADO 79/99
Procedencia: JDO DE LO PENAL DE PONTEVEDRA 2.
A SECCION SEGUNDA DA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO, Presidente, DON JAIME ESAIN MANRESA e D. MARIA DEL CARMEN BOVEDA SOTO Maxistrados, pronunciaron
NO NOME DE EL REI
a seguinte
SENTENCIA N. 8
Pontevedra, a dezanove de Xaneiro do 2000.
No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictda nas precedentes Dilixencias Previas do Procedemento Abreviado que á marxe se referencia, contra os ACUSADOS M, M E Jno dito recurso e parte apelante M, e doutra parte como apelados M, J e o MINISTERIO FISCAL; e foi relator o Maxistrado ILTMO SR. D. JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO quen expresa o parecer da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia recorrida.
PRIMEIRO. Con data vinteoito de Setembro de mil novecentos noventa o Sr. MAXISTRADO-XUÍZ DO. XULGADO DO. PENAL NUMERO 2 DE PONTEVEDRA, dictou sentencia, os feitos probados da cal literalmente din:
Que el día 24 de Enero de 1997, el acusado M, mayor de edad y con antecedentes penales no computables, se dirigió al bar "p", donde se hallaban los hermanos también acusados M y J, ambos mayores de edad, sin antecedentes penales el primero y con antecedentes no computables el segundo de ello. Una vez allí M y M iniciaron una discsión comenzando al golpearse mútuamente, interviniento posteriormente a marcos B iniciaron una discusión, comenzando a golpearse mútuamente, interviniendo posteriormente agrediendo a M, J. En el curso de la pelea la empleada del Bar procedió a llamar por teléfono para avisar de lo acontecido, haciéndose con el aparato J. quien lo estrelló, de un fuerte golpe, contra el mostrador, causando desperfectos cuyo valor de reparación asciende a 30.000 pesetas.
La pelea finalizó cuando los dos hermanos abandonaron el local, dejando a M tendido en el suelo, quien una vez restablecido y antes de qu llegasen los agentes de la Guardia Civil al lugar, se dirigió en su furgoneta al bar "A", propiedad de J, sito en Villagarcia, y una Vez allí, alrededor de las dos de la madrugada, procedió a fracturar con un objeto metico las cuatro lunas del establecimiento, causando desperfectos cuyo valor de reparación asciende a 110.484 pesetas.
A consecuecia de los referidas agresiones M sufrió lesiones consistentes en traumatismo en hemicara izquierda, con hematoma periorbitrrio y quemosís carnal, que sólo requirieron de una primera asistencia para su curación, precisando para su sanidad 12 días sin incapacitarle laboralmete; y M, sufrió lesiones consistetes en una contusión en la región esterno clavicular izquierda, cuya curación precisó una primera asistencia prolongándose durnte 6 días, sin incapacidad laboral.
SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que conten a seguinte parte dispositiva:
QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO A M como autor de ua falta de LESIONES del artículo 617-1º del Código Penal y como autor de un delito de DAÑOS del art. 263 del Código penal a las penas: por la falta de lesiones la pena de MULTA DE UN MES con cuotas diarias de 1.000 pesetas; por el delito de daños, la pena de MULTA DE DIEZ MESES, con cuotas diarias de 1.000 peseta s A M, por la falta de LESIONES del artículo 617.1º la pena de un mes de multa con cuotas diarias de 1.000 pesetas y, por la falta de DAÑOS del art. 625.1º del Código Penal la pena de diez días de multa CON CUOTAS DIARIAS DE 1.000 PESETAS; TODO ELLO CON IMPOSICIÓN DE COSTAS A LOS ACUSADOS.
En cuanto a responsabilidad civil, el acusado M indmenizará a J en la cantidad de 110.484 pesetas por los daños causados en el bar de su propiedad y 30.000 pesetas por los daños causados en el aparato telefónico; y a marcos B magán en la cantidad de 42.000 pesetas por las lesiones causadas. M y J indemnizarán a M, conjunta y solidariamente, en la cantidad de 84.000 pesetas por las lesiones causadas.
TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia as partes por M interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 795.5ª da l.A. Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polos apelados e o Ministerio Fiscal, solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.
FUNDAMENTOS JURIDICOS
PRIMEIRO. Na declaración de feitos probados da sentencia apelada facíase mención a que fora o acusado J o que pillara o teléfono do bar onde tiveron lugar os feitos para proxectalo contra o mostrador dun forte golpe, causando así desperfectos en tal obxecto por importe de trinta mil pesetas.
Consecuentemente con tal particular pronunciamento, ó devandito acusado facíaselle responsable da falta de danos, prevista e penada no artigo 625 do Código Penal e, no apartado relativo a responsabilidade civil, anunciabase que o mentado J ía ser condenado a satisfacer a suma de trinta mil pesetas a M a teor da factura de reparación do teléfono achegada a autos.
Mais polo que se presenta como un ben nidio e involuntario erro, o pagamento de tal concreta suma diñeiraria púxose de cargo do agora recorrente en apelación M cando debera se-lo por conta e orde do tamén na instancia condenado, e agora apelado, J
Denunciada tal circunstancia tanto polo apelante M como pola representante do Ministerio Fiscal que, en tan só referido extremo, se adheriu á apelación, procede revogar a resolución impugnada en tal sentido.
SEGUNDO. Para chegar a Xulgadora a quo ó convencemento de que o apelante M tamén fora autor dun delicto de danos polos desperfectos causados nas lúas do establecemento do apelado J, non só tivo en conta o testemuño do irmán deste último, e do outro acusado M (R), senón que, a tal efecto tivo en conta o declarado por G ("M dijo que los iba a matar y salió del bar ..") e o manifestado polos Gardas civís que se personaron no local onde se produciron as lesións no sentido de que cando eles chegaron no lugar non estaba o apelante M, que chegou despois coa súa furgoneta, desmontándose así a coartada deste último para quedar exento da condena por danos ó ter pretendido que se crese que el xa estaba no local cando chegou a garda civil.
TERCEIRO. Con non menos acerto a Xulgadora a quo procedeu a condenar ó apelante como autor tamén dunha falta de lesións, pois, acreditadas as que deste tipo presentou o seu opoñente na liorta M, o seu autor non foi outro que M que, aceptando unha situación de mutua riña, foi golpeado e a súa vez tamén bateu todo o que puido naquel, co resultado xa recollido na relación dos feitos probados da resolución recorrida.
Así pois, e en resumo, agás a modificación do erro xa apuntado, procede confirmar a sentencia da instancia.
CUARTO. De oficio se impoñen todas cantas custas nesta instancia se puidesen ter ocasionado.
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.
D E C I D I M O S
Que con parcial estimación do recurso de apelación formulado por M, e da sua adhesión o mesmo efectuado polo Ministerio Fiscal, debemos revogar en parte revogamos a sentencia dictada o 28 de setembro de 1.999 pola ILTMA. SRA. MAXISTRADA-XUÍZ DO. XULGADO DO. PENAL NUMERO 2 DE PONTEVEDRA, nos autos de Procedemento Abreviado 79/99, e tan só se modifica a mesma no sentido de absolver ó devandito apelante do pagamento da suma de 30.000 pesetas a J, e, no seu lugar, declárase que haberá de ser este último o que satisfaga referida suma prexudicado M, manténdose no restante os demais pronunciamentos da resolución impugnada, e con expresa declaración de oficio das custas que na presente alzada se puidesen ter ocasionado.
Deste xeito, por esa sentencia nosa, a fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
