Sentencia Penal Nº 81, Au...re de 1999

Última revisión
29/09/1999

Sentencia Penal Nº 81, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1076 de 29 de Septiembre de 1999

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Septiembre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 81

Resumen:
                El acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento o establecido no artigo 775-5ª da L.A Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.A autoría por parte do agora apelante do delicto de furto polo que na instancia foi condenado aparece fóra de toda dúbida a teor do material probatorio obrante na presente causa que agora se examina.Impóñense as custas da presente alzada ó recorrene en apelación.PENAL NUMERO 3 DE VIGO, en Autos de P.A. número 238/99, impoñéndolle ó apelante as custas procesuais desta alzada.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

 

Rolo: 1076/99

P.A.BREVIADO:     0238/99

D.PREVIAS:  264/99 DE VIGO 6.

Procedencia:      XDO. DO. PENAL VIGO-3

 

Ilmos Sres.

Presidente

JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Maxistrados:

D. JUAN MANUEL LOJO ALLER

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

      A SECCION SEGUNDA Da. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, Presidente, Don JUAN MANUEL LOJO ALLER e Don JAIME ESAÍN MANRESA Maxistrados, pronunciaron

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

S E N T E N C I A  N. 81

 

Pontevedra, 29 de Setembro de 1999.

 

      No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nas precedentes Dilixencias Previas do Procedemento Abreviado que á marxe se referencia, contra o acusado JUAN MANUEL  sendo apelante o mencionado acusado e doutra parte como apelado o MINISTERIO FISCAL e foi relator o Maxistrado ILTMO SR. D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO quen expresa o parecer da Sala.

 

 

ANTECEDENTES DE FEITO.

 

Acéptanse os feitos probados da  sentencia recorrida.

 

      PRIMEIRO. Con data trinta de xuño de mil novecentos noventa e nove o SR MAXISTRADO-XUÍZ DO. XULGADO DO PENAL NUMERO 3 DE VIGO dictou sentencia, os eitos probados da cal literalmente din:

 

      "El día 22 de enero de 1999, entorno a las 17 horas, Juan Manuel , mayor de edad y condenado por sentencia firme de 18.11.96 por un delito de robo con violencia a 6 meses y 1 día de prisión, con el propósito de obtener un beneficio económico, cogió una cantidad próxima a las 100.000 pesetas situadas en un monedero que se hallaba en el interior de un cajón sin cerrar, del Bar----, sito en la Avda -------- de Vigo, de las que se apoderó aprovechando un descuido de sus propietarios, de las que 66.000 pesetas fueron recuperadas.

      El acusado, es adicto a la heroína, hábito que influye en casos como en presente, en el que busca medio económico con el que sufragarlo."

 

      SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que contén a seguinte parte dispositiva:

 

      "Que debía condenar y condenaba a JUAN MANUEL  como autor responsable de un delito de hurto, previsto y penado en el artículo 234 del C. Penal, concurriendo la agravante (de reincidencia del art. 22.8, así como la atenuante de drogadicción del art. 21.2 en relación con el 20.2 del mismo texto penal, a la, PENA DE 6 MESES DE PRISION debiendo indemnizar a Doña Obdulía en la cantidad de 34.000 pesetas con, imposición de las costas causadas en este procedimiento.".

 

      TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia ás partes polo acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento o establecido no artigo 775-5ª da L.A Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.

 

 

II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.

 

      PRIMEIRO. A autoría por parte do agora apelante do delicto de furto polo que na instancia foi condenado aparece fóra de toda dúbida a teor do material probatorio obrante na presente causa que agora se examina.

      Por unha banda, a testemuña José Luís Piñeiro Barreiro de xeito ben nidio manifestou que con ocasión de atoparse el, xunto con outra persoa, no interior do bar "-----" xogando ás cartas, a única persoa que entrara no amentado local en ausencia da súa dona e fillo, fora o acusado Juan Manuel , ó que, sen embargo, non viu saír. Dete xeito, se o acusado foi o único que entrou, e a dona do bar notou a falla de diñeiro entre que foi e volveu do baño, a non outra persoa que aquel cabía imputarlle o furto, canto máis que, momentos despois, a referida testemuña e mailo fillo da dona do establecemento interceptaron a Juan Manuel  non moi lonxe do lugar portando consigo, tan agachado que non se descubriu senón en comisaría, un plástico envolvendo 66.000 ptas todas elas en billetes de diversas contías.

      Pero é que, por, outra banda, o propio acusado na fase de instrucción desta mesma causa recoñeceu (con cabal información dos dereitos que como detido lle asistían, en presencia da Maxistrada-Xuíz, e con asistencia do avogado de oficio) que, efectivamente, levaba na manga da cazadora o diñeiro que ascendía a unhas 66.000 ptas., e que as collera dunha caixa no bar "-----", e aínda cando negou tal particular no acto do xuízo oral, ociosa se amosa xa a cita de que libre era o Xulgador a quo para, ponderando a maior ou menor verosimilitude de tales contrapostas versións, outorgarlle maior credibilidade as prestadas na fase de instrucción por sobre as verquidas na vista oral se, como foi o caso, aquelas puideron ser contrastadas no debate xudicial plenario, polo que, as garantías esixidas en orde á presunción de inocencia e mesmo ó invocado principio in dubio pro reo non teñen sufrido merma de ningún tipo.

      SEGUNDO. No que atinxe á responsabilidade civil posta de cargo do agora recorrente, tamén neste punto debe ser confirmada a resolución xudicial impugnada, pois, se en cen mil peseta se cifrou o importe substraído, recuperadas sesenta e seis mil pesetas, restan aínda por restituír unhas trinta e catro mil pesetas, ás que, alomenos parcialmente poderá atender ó acusado coas outras 11.305 ptas que tamén lle foron incautadas con motivo da súa detención, tal e como así fixo notar o representate do Ministerio Fiscal na impugnación do recurso de apelación.

 

      TERCEIRO. Impóñense as custas da presente alzada ó recorrene en apelación.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.

 

 

D E C I D I M O S

 

      Que, desestimando o recurso de apelación interposto por JUAN MANUEL  debemos confirmar e confirmamos a sentencia de data 30.06.99, procedente DO XULGADO DO. PENAL NUMERO 3 DE VIGO, en Autos de P.A. número 238/99, impoñéndolle ó apelante as custas procesuais desta alzada.

 

      Deste xeito, por esta sentencia nosa, a fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.