Sentencia Penal Nº 85/201...io de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 85/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 288/2018 de 20 de Junio de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 20 de Junio de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 85/2018

Núm. Cendoj: 36038370022018100069

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:700

Núm. Roj: SAP PO 700:2018

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00085/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36006 41 2 2014 0004567

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000288 /2018-P-

Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Recurrido: Apolonio

Procurador/a: D/Dª SONIA AGRA PIÑEIRO

Abogado/a: D/Dª VICTOR UHIA PEREZ

SENTENZA NÚM. 85/18

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, vinte de xuño de dous mil dezaoito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co núm. 288/18, interposto polo Ministerio Fiscal, contra a sentenza ditada no procedemento PA: núm. 76/2017, do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes como recorrente o Ministerio Fiscal e como apelado Apolonio , e actuou como relator o maxistradodon José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 27-setembro-2017 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo ABSOLVER y ABSUELVO libremente a Apolonio de los hechos que se le acusaba, con declaración de las costas de oficio.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Probado y así se declara que entre las 01,00 y 02,00 horas del dia 19 de agosto de 2014, persona o personas no identificadadas, sustrajeron el bolso de Catalina que había dejado en el aparador de la entrada de su vivienda ubicada en el piso superior del bar ' DIRECCION000 ' sito en la CALLE000 nº NUM002 de Portonovo, encontrándose la puerta abierta. En el interior del bolso se encontraba la tarjeta 4B -master electrónica- NUM000 asociada a la cuenta titularidad de aquella del banco Pastor NUM001 , y también sus efectos personales tales como el DNI y tarjeta sanitaria de aquella y de su hija, dos pen drive y unos ochenta euros.

La tarjeta de crédito sustraída a Catalina , fue utilizada entre las 02,39 y las 10,17 horas del día 19 de agostoo de 2014 retirando dinero del cajero y efectuando pagos, por un importe total de 994,78 euros en las siguientes operaciones:

-sobre las 02,39 y 02,40 horas sacaron del cajero automático de la entidad 2080 NCGB Banco SA oficia 5419 dos extracciones de 300 euros cada una, devengando dichas extracciones una comisión de 13,50 euros.

-a las 03,59 y las 04,02 horas pagaron 37,85 y 29,95 euros en el establecimiento Pentatatra (McDonald) de Pontevedra.

-a las 4,44,04 horas abonaron 64 euros en Cedipsa sucursal 33436 Estación de Servicio de Pontevedra.

-sobre las 06,06 horas repostaron gasolina y pagaron compras por importe de 41,75 en la estación de servicio Anduriña de Sanxenxo.

Catalina dio de baja la tarjeta sobre las 10,30 horas del día 19 de agosto de 2014.

No consta acreditado que el acusado, Apolonio , mayor de edad y sin antecedentes penales haya sido el autor de tales hechos.

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 09/06/2018.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- O acusado, Apolonio , foi absolvido na instancia da falta de furto do artigo 623.1 en concurso medial do artigo 74 cun delito continuado de estafa dos artigos 248.2.c e 249, todos eles do Código penal, que lle imputaba a fiscala. Acode agora en apelación esta última na procura da revogación da devandita sentenza absolutoria. O apelado oponse a que acollamos a impugnación.

Segundo.- A apelante alega, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal , a infracción das normas e garantías procesuais esenciais que regulan o procedemento e o erro na apreciación da proba pola falla de valoración do particular relativo á autoría dos feitos e á identificación do seu autor. E solicita que declaremos a nulidade radical da sentenza e do xuízo oral con retroacción das actuacións ao momento xusto da súa nova convocatoria coa práctica da testemuñal da prexudicada, sen prexuízo da súa valoración posterior. Resulta nidio así que a recorrente solicita que declaremos nulos o xuízo e a sentenza da instancia.

Para solicitar a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais, que cause a indefensión da parte recorrente, que non se poida emendar na segunda instancia, deberá citar as normas legais ou constitucionais que considere infrinxidas e expresar as razóns da indefensión, e, asemade, acreditar que solicitou a corrección da falta ou infracción na primeira instancia, agás que se cometese no momento en que fose xa imposible a reclamación ( artigo 790.2, parágrafo segundo, da Lei de axuizamento criminal ). Nada se reflicte no recurso de apelación sobre que normas ou garantías procesuais concretas se puideron infrinxir na instancia, e, xa que logo, tampouco se reflicte cal foi a indefensión que se lle xerou á recorrente por tal suposto motivo. Máis aínda, a prexudicada, Catalina , asistiu ao xuízo oral realizado na instancia, polo que a reiteración do seu testemuño, á marxe da evidencia do furto e das súas consecuencias, resultaría innecesaria e inútil xa que nada aclararía verbo de quen foi o autor do furto e da estafa obxecto de acusación por parte da recorrente. Mesmo ninguén lle preguntou a aquela se sabía ou intuía quen podía ser o autor dos feitos.

Cando se alegue o erro na valoración da proba para solicitar a nulidade da sentenza absolutoria, ou o agravamento da condenatoria, precísase que se xustifique a insuficiencia ou a falta de racionalidade na motivación fáctica, o afastamento manifesto das máximas de experiencia ou a omisión de todo razoamento sobre algunha ou algunhas das probas practicadas que puidesen ter relevancia ou cuxa nulidade fose improcedentemente declarada ( artigo 790.2, parágrafo terceiro, da Lei de axuizamento criminal ). No presente caso a recorrente alega o erro na apreciación da proba para solicitar a nulidade da sentenza contra a que apela. Pero lémbrese que para este concreto pronunciamento se precisa das aludidas insuficiencia ou falta de racionalidade, afastamento ou omisión. E en tal sentido nada se demostra no recurso de apelación.

Así, a motivación fáctica da sentenza da instancia resulta máis que suficiente e non falla á máis elemental racionalidade, pois unha cousa é que se teña por plenamente probado un furto e o posterior uso ilícito de parte do furtado para cometer unha serie de estafas e outra ben distinta que o autor dos feitos tivese que ser precisamente aquel contra quen se dirixiu a acusación. As máximas de experiencia apuntan nas máis dispares posibilidades: que fose unha soa persoa a autora do furto e das estafas, que un fose o autor do furto e outro o das estafas, que quen cometese estas non soubese do furto, etc. E ningún medio de proba con relevancia para a demostración dos feitos foi omitido na instancia, mas estas probas non conseguiron demostrar que o autor dos feitos fose o acusado, Apolonio . Cousa distinta é que se discrepe da súa avaliación.

Do que non cabe dúbida é de que o vehículo propiedade do acusado, Apolonio , se encontraba, o mesmo día e á mesma hora que figura nun dos cargos realizados contra a tarxeta de crédito furtada a Catalina , na estación de servizo Anduriña de Sanxenxo. Mais para a maxistrada xuízaa quode tan sinxelo dato non se podía concluír que o acusado fose o usuario do devandito vehículo. Non lle abondaron as apreciacións dos axentes da Garda Civil de que a persoa que aparecía nas imaxes das cámaras de seguridade da devandita estación de servizo fose a mesma que figuraba nunha fotografía do acusado. Mesmo cómpre remitirse en tal sentido ao ben sinxelo cotexo daquelas (fs. 13 a 15) e a fotografía actual do acusado (f. 146). Mais, en todo caso, a maxistrada xuíza da instancia, alén disto e aínda partindo da posibilidade de que se tratase da mesma persoa, tamén concluíu que a carón del podía verse na estación de servizo Anduriña de Sanxenxo unha muller non identificada e que, hipoteticamente, puidese ser esta quen pagou coa tarxeta de crédito furtada a outra muller, sen o acusado coñecer o particular relativo ao furto e o uso así indebido de tal medio de pagamento. Estas dúbidas non se poden equiparar ao erro na apreciación da proba que argüía a apelante para solicitar a nulidade da sentenza e do xuízo oral, polo que rexeitamos o seu recurso e confirmamos a sentenza da instancia.

Terceiro.- As custas da presente alzada declarámolas de oficio.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemosREXEITARo recurso de apelación interposto polo Ministerio Fiscal, contra a sentenza ditada con data do 27-setembro-2017 , no procedemento abreviado nº 76/17, polo Maxistrada-Xuíza do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra, eCONFIRMAResta sentenza. Con declaración de oficio das custas desta alzada.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Notifíqueselle a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 851.1 da Lei de axuizamento criminal , cabe interpor unrecurso de casación,que debe prepararse mediante un escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado perante este Tribunal dentro dosdez díasseguintes á última notificación, que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da Lei de axuizamento criminal .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.