Sentencia Penal Nº 90, Au...io de 2000

Última revisión
17/07/2000

Sentencia Penal Nº 90, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 82 de 17 de Julio de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Julio de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 90

Resumen:
Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, D. JUAN LUIS M  interpuxo recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.O capitulo reclamado polo recorrente, atinxente ás despesas de garda do vehículo, rexéitase. Abonda para isto con remitírmonos aos atinados argumentos da sentencia recorrida.Que, acollendo en parte o recurso de apelación formulado por p., JUAN LUIS M, contra da sentencia pronunciada, polo Xulgado de Instr. Cangas 1, na data de 1 de decembro de 1999, é mester eu revogar, e de feito révogoa, esta resolución na única pronuncia de eleva-la indemnización polos estragos no vehículo do recorrente a 375.000 pta, confirmándose a sentencia apelada en tódalas máis das súa pronuncias.  

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00090/2000

 

Rolo: 82/00

Xuízo de faltas: 243/98

Órgano de orixe: XDO. INSTR. GANGAS 1

 

 

Ilmo. Sr.

Maxistrado:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en tribunal unipersoal polo maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.90

 

Pontevedra, o 17 de xullo do año 2000.

 

      No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de falta número 243/98, vindo do Xulgado de Instr. CAngas 1, son partes: dunha beira, como apelante/s, D. JUAN LUIS M ; e doutra beira, como apelado/s, D. JOSÉ LUIS G , CIA. I.., e o Ministerio Fiscal.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

 

      PRIMEIRO. Con data 1 de decembro de 1999, o xuíz do Xulgado de Instr. Gangas 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, os feitos probados da cal, rigorosamente, din:

 

      "Que condeno a JOSÉ LUÍS G como autor de una falta de lesiones causada por imprudencia leve a la pena de 20 días de multa a razón de una cuota diaria de 1 000 pta, sujet a responsabilidad, personal subsidiaria en caso de impago, y a la privación del permiso de conducir por un período de tres meses, para cuya efectividad se librarán los oficios pertinentes. Asimismo le condeno a que indemnice a Juan Luís M , con responsabilidad directa de la compañía aseguradora ITT ERCOS, en la cantidad de 76 450 pta por las lesiones padecidas y de 256 800 pta por los daños en su vehículo, condenando además a la  compañía aseguradora al pago del interés legal incrementado en un 50 por ciento desde la fecha del siniestro respecto de la cantidad objeto de condena como indemnización de las lesiones. Se condena al denunciado al pago de las costas causadas en el presente juicio.".

 

      SEGUNDO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, D. JUAN LUIS M  interpuxo recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

PRIMEIRO. O capitulo reclamado polo recorrente, atinxente ás despesas de garda do vehículo, rexéitase. Abonda para isto con remitírmonos aos atinados argumentos da sentencia recorrida.

 

Procede, pola contra, acoller en parte o segundo motivo do recurso, atinxente aos danos do vehículo, pois malia ser certo que o seu arranxamen o seria antieconómico, dado que se elevaría a 740 365 pta, segundo o orzamento que se achegou, mentres que o seu valor en venda seria de tan só 214 000 pta, semella máis ponderado a esas circunstancias fixar como indemnización por este concepto a suma de 375 000 pta.

 

SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

      Cómpre atérmonos a canto, levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española me outorga,

 

      DECIDO. Que, acollendo en parte o recurso de apelación formulado por p., JUAN LUIS M, contra da sentencia pronunciada, polo Xulgado de Instr. Cangas 1, na data de 1 de decembro de 1999, é mester eu revogar, e de feito révogoa, esta resolución na única pronuncia de eleva-la indemnización polos estragos no vehículo do recorrente a 375.000 pta, confirmándose a sentencia apelada en tódalas máis das súa pronuncias. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

      Deste xeito, por esta a, mina sentencia, cabeiramente xulgando, pronúncioo, mándoo e asinóo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.