Última revisión
25/03/2011
Sentencia Penal Nº 92/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 46/2011 de 25 de Marzo de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 25 de Marzo de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 92/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011100083
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00092/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: N54550
N.I.G.: 36055 41 2 2010 0200078
ROLLO: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000046 /2011 M.J.
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de TUI
Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000126 /2010
RECURRENTE: Marta
Procurador/a: CARLOS VILA CRESPO
Letrado/a:
RECURRIDO/A: Visitacion , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a: PEDRO SANJUAN FERNANDEZ,
Letrado/a: ,
Procedimiento: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000046 /2011
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra , composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo./Ilma. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado
pronunciou,
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NÚM.92
Pontevedra, vinte e cinco de Marzo de dous mil once.
Neste rolo de apelación número 46/2011 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 126/10 , procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm.2 de
Tui , por lesions , son partes: como apelante Dª Marta , e como apelada Dª Visitacion e o Ministerio
Fiscal.
Antecedentes
Primeiro.- Con data do 27/12/2010 o/a maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm.2 de Tui, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:
"Primero.- En hora indeterminada de la tarde del día 25 de noviembre de 2009 , Marta se personó en la vivienda de Visitacion, sita en el NUM000, bloque NUM001 del Núm.. NUM002 del Barrio de DIRECCION000 de Goian-Tomiño, ante una reclamación telefónica efectuada por Visitacion a la "promotora Goianesa" por un fallo en la caldera.
Encontrándose ambas en la cocina de la vivienda se inIió entre éllas una acalorada discusión porque Visitacion le comunico a Marta que la promotora de su esposo, tenia que hacerse cargo de la factura de reparación de la caldera, momento en el cual Marta, muy alterada y con ánimo de menoscabar la integridad física de Visitacion, le pego un manotazo en el brazo izquierdo , la agarro por el pecho empujándola contra el marco de la puerta de la cocina y, al incorporarse esta, le propinó un bofetón en la cara.
Segundo.- A consecuencia de la agresión Visitacion sufrió lesiones consistentes en un esguince cervical y lumbar, que preciso para su curación de 58 días de curación impeditivos, sin secuelas. La lesionada tuvo que asumir gasto de rehabilitación, asistencia a consultas médicas y desplazamientos en la suma total de 906 euros.
Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:
"FALLO: que debo condenar y condeno a Marta como autora penalmente responsable de una falta de lesiones del articulo 617.1 del Código Penal, a la pena de multa de dos meses a razón de una cuota diaria de 5 euros - loque hace un total de 300 euros- y, para el caso de impago, a la responsabilidad personal subisidiario de 1 mes de privación de libertad.
Marta indemnizará a Visitacion en la cantidad de 8.779 ,6 euros por todos los daños y perjuicios producidos."
Terceiro.- Notificada a mencionada sentenza ás partes, Marta interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.
Fundamentos
Primeiro.- Marta recorre en apelación contra a sentenza que na instancia a condenou como autora responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal. Ao abeiro dos artigos 790.2 e 976.2 da Lei de axuizamento criminal, alega o erro na apreciación da proba, na procura da súa absolución nesta alzada.
Segundo.- A xulgadora a quo limitouse a avaliar en conciencia o material probatorio perante ela despregado, en uso das facultades legalmente atribuídas polos artigos 741 e 973.1 da Lei de axuizamento criminal. As probas consistiron, esencialmente, nas declaracións da propia denunciada-apelante e da denunciante- apelada Visitacion , na documental médica e no testemuño de Jose Manuel . A recorrente admite a existencia do episodio de tensión vivido, mais nega a agresión. A apelada efectuou un relato incriminatorio dos feitos nos mesmos termos que se reflectiron como probados na sentenza contra a que se apela, mantendo unha versión sempre conteste e sen fendas nin contradicións verbo do suceso. Os partes médicos -tanto o do hospital do Meixoeiro de Vigo , como o da clínica da Guarda, o de seguimento e de sanidade do médico forense- reflicten unhas escordaduras cervicais e lumbares compatibles coa acometida física a mans da apelante descrita pola denunciante. E, se cadra, o fundamental resultou ser o testemuño de Jose Manuel .
Sen ningunha relación nin vinculación coas dúas mulleres, encontrábase na vivenda arranxando a caldeira cando contemplou como comezaban a berrar e a agora apelante lle daba unha gadoupada no brazo á apelada. E, se non presenciou nada máis, foi debido a que el se encontraba nun cuarto distinto ao que ocupaban as mulleres. Pero o certo é que o seu testemuño, unido a que a denunciante inmediatamente se queixou de dores na man e na cara e aos subseguintes partes médicos xa mencionados, permite colixir sen a menor dúbida que , amais do golpe que el viu, a agora apelante agrediu a apelada do xeito que esta denunciou.
Noutra orde de cousas, é certo que na declaración de feitos probados se reflectiu, por un evidente e involuntario erro, que a vítima tardou en curar 58 días impeditivos, sen secuelas. E resulta claro este erro, dado que no informe de sanidade do médico forense se aludía a 148 días, e no fundamento de dereito terceiro da sentenza contra a que se apela tamén se fai referencia a estes 148 días, e non a aqueles. Boa proba disto é que , como alega o fiscal na súa oposición ao recurso de apelación, os cálculos para os efectos da indemnización resultan ben correctos (7873,6 ? como resultado de multiplicar 53,20 ? por cada un dos 148 días impeditivos).
En consecuencia, rexeito o recurso e confirmo integramente a resolución xudicial contra a que se apelaba.
Terceiro.- As custas da presente alzada declároas de oficio.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación interposto por Marta e confirmar a Sentenza ditada polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Tui no xuízo de faltas nº 126/2010, declarando de oficio as custas desta alzada.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que achegará certificación ao rolo.
PUBLICACION .- A anterior Sentencia foi lida e publicada no día da data, polo maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado, durante a audiencia publica. Dou fe.
