Última revisión
04/06/2010
Sentencia Penal Nº 94/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 90/2010 de 04 de Junio de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 04 de Junio de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 94/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010100169
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00094/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
SECCIÓN 002
Domicilio:ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf :986.80.51.19
Fax :986.80.51.14
Modelo : 001200
N.I.G. : 36038 37 2 2010 0001040
ROLLO : APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000090 /2010CR
Juzgado procedencia :JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen :PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000395 /2009
RECURRENTE : Edmundo
Procurador/a :PEDRO ANDRES BARRAL VILA
Letrado/a :ROBERTO VICENTE RUIZ
RECURRIDO/A : Jon , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a :CARLOS VILA CRESPO,
Letrado/a :CARLOS QUINTIA CELAYA,
SENTENZA NÚM.94
==========================================================
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
==========================================================
Pontevedra, a catro de xuño de dous mil dez.
Visto, pola Sección de esta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 395/2009, o recurso de apelación interposto
polo/a procurador Sr. Barral Vila en representación de Edmundo , contra a sentenza ditada polo Xulgado do
Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é
propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 9 de marzo de dous mil dez, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a Jon como autor de una falta de lesiones a la pena de un mes multa a razón de seis euros diarios con la responsabilidad personal subsidiaria del articulo 53 del Código Penal en caso de impago. Con imposición de las costas correspondientes a un juicio de faltas.
Y DEBO CONDENAR Y CONDENO A Edmundo como autor de un delito de lesiones ya definido, din la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad a la pena de seis meses multa a razón de seis euros diarios con la responsabilidad personal subsidiaria del articulo 53 del Código penal en caso de impago, con imposición de la mitad de las costas.
Y en concepto de responsabilidad civil, Jon indemnizará a Edmundo en 306,81 euros. Y, Edmundo indemnizará a Jon en 2282,98 euros.
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: Probado y así se declara que sobre las 05,00 horas del día 13 de agosto de 2008, el acusado Jon , mayor de edad del que no constan antecedentes penais, se encontraba trabajando en el Hotel Rotilio de Sanxenxo, cuando observo que dos personas que pasaban por las inmediaciones del hotel, y una de ellas, el acusado, Edmundo , maior de edad, del que no constan antecedentes penales, le dío una patada a una rejilla de plástico que era propiedad del hotel.
Como quiera que el acusado Jon salió del hotel para recriminar al acusado Edmundo su conducta, ambos se enzarzaron e una pélea, de modo que Jon con la finalidad de menoscabar la integridad física de Edmundo , tras llmarle "hijo de puta", le golpeo ocasionándole heridas en cara, cabeza y manos, que no requirieron para su sanidad trataiento médico ni qurúrgico invirtiendo en su curación un día impeditivo ynueve no impeditivos quedándole como secuela cicatrices de 2 y 1centímetros en la región malar izquierda, y de 2 centímetros en la primera falange del segundo dedo de la mano derecha que apenas producen daño estético.
Por su parte Edmundo con idéntica finalidad, igualmente golpeo a Jon , precipitándose ambos al. Súelo, sufriendo Jon heridas incisas en 4º y 5º dedo, lesiones que precisaron para su sanidad tratamiento quirúrgico consistente en sutura de las heridas y de tendón extensor, precisando pra su sanidad 18 días impeditivos y quedándole como secuela cicatrices de 2 y 3 centímetros en 4º y 5º dedo de la mano derecha y limitación de la movilidad de la articulación interfalángica distal de la mano derecha.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Fundamentos
Primeiro.- Dos dous condenados na instancia só recorre en apelación Edmundo , quen foi declarado responsable dun delito de lesións do artigo 147.2 do Código penal . E agora perante esta alzada, na procura da súa absolución, invoca a existencia dunha situación de lexítima defensa que debera operar no seu favor como eximente completa. De xeito subsidiario, solicita a condena por unha falta de lesións que non por un delito. E, por último, a redución do importe da cota diaria da pena de multa á de 2 ?.
Segundo.- De xeito ben reiterado lembra a xurisprudencia que non é posible apreciar a existencia dunha agresión ilexítima nos supostos de rifa mutuamente aceptada porque, nese escenario de pelexa reciprocamente consentida, os contendentes sitúanse á marxe da protección penal ao seren actores provocadores cada un deles do enfrontamento. Así, cando o resultado lesivo se produce como efecto dunha pelexa orixinada por un reto lanzado ou aceptado que dá lugar ás vías de feito, non cabe apelar á lexítima defensa, plena ou semiplena, xa que a súa base mesma sería a existencia dunha agresión ilexítima, e esta non é posible admitila con tal carácter nunha lea voluntariamente aceptada. Malia isto, como lembra a recente STS 69/2010, do 30 de xaneiro :
[...] se ha matizado que esta doctrina no exime al Tribunal de examinar con detalle las circunstancias del caso, pues es posible que la riña se iniciara precisamente por una agresión ilegítima, o que incluso en un momento determinado de su desarrollo, el empleo de medios agresivos desproporcionados, valorables como un inesperado cambio cualitativo, pudieran dar lugar a otras consideraciones sobre el particular ( STS núm. 149/2003, de 4-2 (RJ 2003, 2047); 363/2004, de 17-3 (RJ 2004, 3412); 64/2005, de 26-1 (RJ 2005, 1368); y 1180/2009, de 18-11 (RJ 2009, 7900 ) , entre otras).
Pois ben, abofé que a dinámica dos feitos axuizados por ningures cadra cunha suposta agresión ilexítima da que se tivese que defender o apelante e, xa que logo, non ampara unha eximente, nin completa nin incompleta, de lexítima defensa, tal e como invoca o apelante. Así, como en moitos outros casos, cada un dos contendentes que se ensarillaron na lea atribúelle ao contrario a agresión ilexítima e reserva para si mesmo a condición de agredido posto na tesitura de defenderse para repeler a agresión, ou alega que desta se deduzan consecuencias máis lesivas para el. E non outra cousa é o que se colixe da declaración tanto do apelante Edmundo , como do apelado Jon , nos concretos termos reflectidos polo miúdo na sentenza impugnada. Pero é que, por maior abastanza, contouse co testemuño dunha axente da policía local de Sanxenxo -a número 451028- segundo a cal, ao patrullar pola mesma vila, viu dúas persoas forcexando, xa deitadas no chan, que mutuamente se propinaban golpes e non que unha batese noutra e esta se defendese ou protexese. De tan nidio testemuño non cabe senón tirar como consecuencia que os contendentes se enlearon nunha liorta que, xa que logo, voluntariamente aceptaron, cuxo resultado foi que ambos resultaron lesionados.
Un deles, o agora apelado Jon , padeceu feridas incisas no cuarto e no quinto dedo da man dereita con sección do tendón extensor do cuarto dedo, precisou para a súa sanidade tratamento cirúrxico consistente na sutura das feridas e do tendón extensor, tardou para a sanidade uns dezaoito días impeditivos, e quedáronlle como secuela cicatrices de dous e tres centímetros no cuarto e no quinto dedo da man dereita, e limitación da mobilidade da articulación interfalánxica distal da man dereita. A STS 871/2008, do 17 de decembro , xa dicía que resulta ocioso mencionar a xurisprudencia da Sala que vén outorgando invariablemente o carácter e natureza de intervención cirúrxica á aplicación de puntos de sutura. E por iso, o anterior ATS 1618/2008, do 4 de decembro , sen maior esforzo lembraba que xa na STS do 21 de xullo de 2003 se dicía o seguinte:
Los puntos de sutura, por su propia naturaleza, en cuanto que necesitan la intervención de un médico, ordinariamente un especialista en cirugía, incluso aunque sólo requirieran los servicios de algún otro facultativo sanitario de titulación inferior, han de considerarse siempre, al menos en casos tan evidentes como el aquí examinado, en que fueron catorce los que tuvieron que realizarse, como tratamiento quirúrgico, aunque sea de cirugía menor, pues, por uno u otro sistema, requieren la aproximación de los bordes de las heridas hasta que el transcurso del tiempo restaura los tejidos en tal posición. La doctrina de esta Sala es reiterada sobre este punto: STS 28.2.92 (RJ 1992, 1392), 10.10.94 (RJ 1994, 7882), 28.2 (RJ 1997, 1465), 9.7 y 13.6 (RJ 1997, 4897), todas de 1997, 23.2, 26.2 y 30.4 (RJ 1998, 2395), todas de 1998, 9.2 (RJ 2000, 2070) y 29.9 (RJ 2000, 8266 ), las dos del año 2000.
En consecuencia, e dada a aplicación de puntos de sutura ao opoñente do agora apelante, este foi correctamente condenado por un delito de lesións e non pode ser condenado, como subsidiariamente solicitaba, como autor dunha falta de lesións do artigo 617.1º do Código penal .
A fixación da cota diaria da pena de multa en seis euros igualmente debemos confirmala. A frecuente carencia de datos para fixar as amentadas cotas determina que a súa fixación deba estar presidida pola moderación, entendendo que cantidades sobre os seis euros e incluso doce son usuais e módicas ante os repetidos déficits probatorios, sempre que non se acredite a concorrencia de situacións de indixencia ou miseria económica, ás que estarían reservadas as cifras inferiores a seis euros (por todas, a STS 428/2009, do 28 de abril ).
En conclusión, e por todo o dito, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
En atención ao exposto,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Edmundo contra a sentenza ditada con data do 9 de marzo do dous mil dez no procedemento abreviado nº 395/2009, polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra , e confirmar esta Sentencia, con imposición das custas de esta alzada ao apelante.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polos maxistrados que a asinan e lída polo Maxistrado Ponente don José Juan Barreiro Prado no mesmo día da data, do que eu o secretario certifico.
