Última revisión
16/10/2000
Sentencia Penal Nº 94, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1037 de 16 de Octubre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Octubre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 94
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
AUTO: 01094/2000
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
APELACIÓN PENAL
Rolo: 1037/00
P. Abreviado: 83/00
Orixe: XDO. DO PENAL PONTEVEDRA 1
Ilmos. Sres. Presidente:
D. JAIME CARRERA IBARZABAL
Maxistrados:
D. LUCIANO VARELA CASTRO
D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
1037/00
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA, PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM.94
Pontevedra, o dezaseis de outubro do año dous mil.
No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/s acusado, RAFAEL, son partes: dunha beira, como apelante, o devandito acusado, e da outra, como apelado, e o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os feitos probados da sentencia contra a que se recorre.
PRIMEIRO. Con data 28 de marzo do 2000, o xuíz do Xulgado do Penal Pontevedra 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:
"Que debo absolver y absuelvo libremente a Rafael del delito de robo imputado en el apartado B del escrito de calificación del Ministerio Fiscal y debo condenar y condeno al citado como responsable de un delito de robo del rt. 242-1 del Cp, otro delito de robo con uso de arma en grado de tentativa de los arts. 242-1 y 2 así como 16 y 62 del mismo cuerpo legal y un último delito de robo con uso de arma de los arts. 241-1 y 2 del Cp, antes referido a la pena de TRES AÑOS Y SIETE MESES DE PRISIÓN por el primer delito, de DOS AÑOS Y OCHO MESES DE PRISIÓN por el segundo y CUATRO AÑOS Y CUATRO MESES DE PRISION por el tercero debiendo indemnizar al propietario de la panadería-pastelería "p" en 4 000 pta y al del establecimento "E" en 96 870 pta, e imponiéndole las costas del procedimiento expresamente".
SEGUNDO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, RAFAEL interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse o día cinco de, outubro do año que andamos, para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A vulneración normativa que se denuncia ocorrida na fase instructora non aparece en absoluto acreditada, pois, fronte ao sostido polo recorrente, non existe dato ningún que faga supor, ainda de xeito meramente indiciario, a necesidade: dunha inspección ocular como dilixencia esclarecedora dos feitos, nin dunha toma das pegadas dactilares por parte das forzas policiais. Non hai constancia, neste derradeiro punto, da existencia desas pegadas, nin do resultado, en todo caso, delas; resultado que puido ser solicitado pola propia defensa do acusado no seu escrito de cualificación provisional, como un medio de proba, se estimase que se practicase sumarialmente aquela dilixencia, que, se algo cabe deducirmos da declaración da testemuña, é que non se puido efectuar.
SEGUNDO. Polo que fai á autoria dos feitos, difícilmente pode esta Sala, por elementais postulados de inmediación, avalia-la proba testemuñal de xeito distinto do feito pola xulgadora a quo. Mais non está demais lembrarmos que en dous dos feitos delictivos, o acusado foi recoñecido sen ningún xénero de dúbidas pola correspondente testemuña, de xeito tan categórico, como sucesivo na dilixencia de recoñecemento fotográfico (folios 5 e 6), na dilixencia de recoñecemento en rolda (folios 49 e 55), e posteriormente, no acto do xuízo oral. E polo que fai ao terceiro dos feitos, foi tamén recoñecido o acusado pola testemuña a traverso do recoñecemento fotográfico (folios 14), ainda que manifestase que para maior seguridade sería necesario míralo persoalmente, recoñecendo entón ao agora recorrente, xa sen dúbida ningunha, na dilixencia de recoñecemento en rolda, e no solemne acto do xuizo, sen que as contradiccións entre as testemuñas á hora de describiren os datos físicos do autor dos; feítos sexan abondos para botar por terra aqueles sólidos e constantes recoñecementos -nos que non se acha ningún atisbo de irregularidade- pois aquelas contradiccións foron puntuais, cativas, e producto dun tempo distinto, e das Tóxicas e relativas diferencias que se dan neste caso. E se a todo isto se lle engaden outros elementos coincidentes nos roubos (tarde do mesmo día, lugares próximos, establecementos alimentarios, unha soa persoa, etc...), a consecuencia tóxica e inevitábel é a sostida na sentencia recorrida.
TERCEIRO. Procede só acollérmo-lo recurso do acusado, atinxente ás penas que lle foron impostas; penas que, tendo en conta o xogo, dunha beira, da agravante de reincidencia, e doutra beira, a atenuante de drogodependencia, é ben rebaixarmos ás contias que se sinalarán na alínea dispositiva.
CUARTO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.
Acae atérmonos a canto levamos dita e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga.
DECIDIMOS
Que é mester nós acollermos en parte o recurso de apelación formulado por D. RAFAEL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, na data de 28 de marzo do año 2000, e é mester nós condenármo-lo acusado, e de feito condenámolo, como autor de tres delictos de roubo, xa definidos, concorrendo nos tres a atenuante de drogadicción e a agravante de reincidencia, ás penas, para odelicto consumado de roubo con intimidación e uso de armas, de TRES ANOS E SEIS MESES DE PRISIÓN, para o delicto tentado de roubo con intimidación e uso de armas, de DEZAOITO MESES DE PRISIÓN, e para o delicto consumado de roubo con intimidación, a de DOUS ANOS DE PRISIÓN. Confirmándose a sentencia recorrida en tódalas máis das súas; pronuncias. Todo isto declarando de oficio as custas procesuais desta alzada.

