Sentencia Penal Nº 98, Au...re de 2000

Última revisión
25/09/2000

Sentencia Penal Nº 98, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 83 de 25 de Septiembre de 2000

Tiempo de lectura: 9 min

Tiempo de lectura: 9 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 25 de Septiembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 98

Resumen
A parte denunciante instou a condena de tódolos denunciados como autores tanto da falta do artigo 625.1 do Código Penal, como da falta do artigo 626 do mesmo texto legal, tal cal así se pode comprobar na acta levantada con tal motivo. A diferencia estriba en que se ben na instancia por ningures consta a petición de responsabilidade civil añoada á aquela reclamada penal, no recurso de apelación ínstase a indemnización con carácter solidario ó concello de Ponteareas da suma de trinta mil pesetas. l, S.L." como adxudicataria do servicio municipal de limpeza viaria. En todo caso, a amentada denuncia remitíase ó máis pormenorizado informe da policía municipal.  Segundo ó cabo deste corpo (Manuel) e un axente (Manuel que, despois, non compareceu á vista oral), o primeiro cartel que colocaron os denunciados foi no auditorio ó aire libre; xusto ó pasaren por outra rúa os denunciados, os axentes da policía local decatáronse dunha pintada ("fóra os símbolos franquistas", "PP=Castro", " AMI"); o seguinte cartel foi colocado na parede do edificio de "T"; e os restantes carteis referíanse colocados en diversas fachadas de edificios e, algúns, por enriba das placas identificativas das rúas da vila de Ponteareas. É o certo é que se carece da suposta relevancia de tal suposto menoscabo onarmental, canto máis que, no caso dos edificios onde polos denunciados se colocaron os carteis nin testemuñaron en autos o rexente, director, ou presidente do padroado do auditorio ó aire libre, o xefe ou encargado de "T", nin ningún dos outros innominados presidentes das comunidades dos edificios sobre as paredes dos cales supostamente actuaron os agora apelados.  Con todo, a actuación dos denunciados non foí nada clandestina xa que, á marxe de levarse a cabo nas horas do mediodía, previamente se notificou ó alcalde do concello de Ponteraeas e á subdelegación do goberno en Pontevedra. Por todo o anteriormente expresado, e en consonancia co sempre interesado polo Ministerio Fiscal tanto pola súa abstención de formular acusación como pola explícita petición de confirmación da recorrida sentencia absolutoria, procede rexeitar o recurso de apelación formulado e nun todo confirmar a devandita sentencia do Xulgado a quo.    

Voces

Arresto

Tipo penal

Bienes inmuebles

Abstención

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

 

Rolo : 83/2000

X.FALTAS : 83/2000

Procedencia : XDO. 1ª INST. E INSTR. PONTEAREAS-2

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

De la abstención y recusación en el proceso judicial
Disponible

De la abstención y recusación en el proceso judicial

de Diego Díez, L. Alfredo

25.50€

24.23€

+ Información

Impuesto sobre Bienes Inmuebles
Disponible

Impuesto sobre Bienes Inmuebles

6.83€

6.49€

+ Información

Reforma hipotecaria. Paso a paso
Disponible

Reforma hipotecaria. Paso a paso

V.V.A.A

21.87€

20.78€

+ Información

Enaltecimiento del terrorismo
Disponible

Enaltecimiento del terrorismo

V.V.A.A

9.41€

8.94€

+ Información