Última revisión
26/09/2024
Sentencia Social 35/2024 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 771/2023 de 26 de enero del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 13 min
Orden: Social
Fecha: 26 de Enero de 2024
Tribunal: Juzgado de lo Social Vigo
Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO
Nº de sentencia: 35/2024
Núm. Cendoj: 36057440062024100006
Núm. Ecli: ES:JSO:2024:802
Núm. Roj: SJSO 802:2024
Encabezamiento
RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO
Equipo/usuario: IS
Modelo: N02700
Procedimiento origen: /
Sobre: ORDINARIO
SENTENZA
Vigo, 26 de xaneiro do 2024.
Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado nº 6 de Vigo, o procedemento nº 771/2023 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha pretensión de adopción de medida de conciliación da vida laboral e familiar, pronuncio a presente sentenza. Foron partes no procedemento:
1.- demandante: Alejandra, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada dona Nerea Grandío Moirón.
2.- demandada: Universidade de Vigo, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogado don Andrés Dapena Paz.
3.- O Ministerio Fiscal que presentou escrito indicando que non comparecería no procedemento.
Antecedentes
A parte demandada compareceu no procedemento e contestou á demanda consonte ó contido da acta videográfica do xuízo oral.
Foron practicadas as probas de documental.
No trámite das conclusións o demandante mantivo as súas conclusións e o mesmo fixo a demandada.
Hechos
A Universidade de Vigo denegoulle por comunicación de data 20/09/2023 a solicitude de prestación de servizos en réxime de teletraballo indicándolle que na Universidade de Vigo non está regulada a modalidade de teletraballo e que a Lei de Traballo a distancia non é aplicable nas Administracións Públicas (documento nº 6 dos achegados pola demandante).
" Detectar necesidades formativas en el profesorado Planificar y llevar a cabo los programas de actualización docente Impartir formación al profesorado en diferentes modalidades Promover la innovación educativa en la Universidade de Vigo Gestionar los Grupos de Innovación Docente Asesorar a los Proyectos de Innovación Educativa Reconocer las actividades formativas que el profesorado desarrolla en centros y departamentosProcedimientos: Proponer cursos de innovación educativa para el personal docente e investigador de la Universidade de Vigo (Programa de Formación del Profesorado). Proponer líneas de innovación y convocatorias de proyectos o ayudas relacionadas con la innovación docente. Planificar temporalmente los cursos del Programa de Formación del Profesorado y realizar la difusión de éstos. Realizar el proceso de admisión de los/as solicitantes en los cursos del Programa de Formación del Profesorado y supervisar el desarrollo de los mismos y la asistencia de los participantes. Tramitar las certificaciones vinculadas a las actividades de los Grupos de Innovación Docente y al Programa de Formación del Profesorado, tanto de los docentes como de los participantes. Tramitar todos los pedidos y pagos a docentes del Programa de Formación del Profesorado y cualquier otra convocatoria relacionada con la Innovación Docente. Planificar las jornadas de innovación docente que organice el Área. Realizar las encuestas de satisfacción de los participantes en los cursos de formación del área y realizar el seguimiento de las actividades de los Grupos de Innovación Docente. Proporcionar asesoramiento y gestionar las solicitudes de cualquiera de las actividades que realiza el Área de Formación en Innovación Educativa" (certificado achega pola demandada no período probatorio).
A relación laboral se rexe polo Convenio colectivo propio da Universidade de Vigo.
Fundamentos
Compre termos en conta que non se impugnaron os documentos achegados, coa consecuencia que para esta circunstancia determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.
Compre advertirmos que oteletraballo no eido das Administracións Públicas ven regulado polo contido do artigo 47 bis do Real Decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba otexto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, precepto que dispón:
"1. Se considera teletrabajo aquella modalidad de prestación de servicios a distancia en la que el contenido competencial del puesto de trabajo puede desarrollarse, siempre que las necesidades del servicio lo permitan, fuera de las dependencias de la Administración, mediante el uso de tecnologías de la información y comunicación.
2. La prestación del servicio mediante teletrabajo habrá de ser expresamente autorizada y será compatible con la modalidad presencial. En todo caso, tendrá carácter voluntario y reversible salvo en supuestos excepcionales debidamente justificados. Se realizará en los términos de las normas que se dicten en desarrollo de este Estatuto, que serán objeto de negociación colectiva en el ámbito correspondiente y contemplarán criterios objetivos en el acceso a esta modalidad de prestación de servicio.
El teletrabajo deberá contribuir a una mejor organización del trabajo a través de la identificación de objetivos y la evaluación de su cumplimiento.
3. El personal que preste sus servicios mediante teletrabajo tendrá los mismos deberes y derechos, individuales y colectivos, recogidos en el presente Estatuto que el resto del personal que preste sus servicios en modalidad presencial, incluyendo la normativa de prevención de riesgos laborales que resulte aplicable, salvo aquellos que sean inherentes a la realización de la prestación del servicio de manera presencial.
4. La Administración proporcionará y mantendrá a las personas que trabajen en esta modalidad, los medios tecnológicos necesarios para su actividad.
5. El personal laboral al servicio de las Administraciones Públicas se regirá, en materia de teletrabajo, por lo previsto en el presente Estatuto y por sus normas de desarrollo".
No presente procedemento non é obxecto de controversia que a Universidade de Vigo éunha Administración Pública, o que resulta evidente, polo que non lle é aplicable, polo tanto, o réxime establecido no Estatuto dos Traballadores, senón ó determinado polo EBEP e polas súas normas de desenvolvemento, tal coma se desprende con claridade do contido do punto nº 5 do artigo que analizamos.
A este respecto compre advertirmos que a remisión ás normas de desenvolvemento do EBEP implica a vinculación da normativa atinxente ó teletraballo á negociación colectiva no eido das Administracións Públicas, tal coma se desprende do contido do artigo 47 bis.2 do que tratamos ( sentenza da Audiencia Nacional do 15/02/2023).
A traballadora alude na súa demanda á aplicación do artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores, pero é que xa acadamos a conclusión de que, en materia de teletraballo, tal precepto non lle é de aplicación porque se trata de persoal laboral dunha Administración Publica e, polo tanto, nesta matería debemos estar ó contido do devandito artigo 47 bis do EBEP e ó contido das normas resultantes da negociación colectiva que configuren tal réxime de prestación de servizos, normas consonte ás que se debe configurar o réxime desta prestación de servizos.
O convenio colectivo de aplicación non prevé a prestación de servizos na modalidade de teletraballo e, a falta dunha norma colectiva que desenvolva no eido da Universidade de Vigo o teletraballo e configure as condicións e requisitos da prestación do mesmo, a traballadora demandante non ten dereito a esixir que se lle recoñeza tal posibilidade.
Esta conclusión implica a desestimación da pretensión principal. A desestimación da pretensión principal implica a desestimación da pretensión de indemnización polos eventuais danos morais padecidos porque a traballadora non goza do dereito que reclamaba.
Compre desestimarmos a demanda.
DAQUELA
Fallo
DESESTIMO a demanda presentada por dona Alejandra contra a Universidade de Vigo, á que ABSOLVO dos pedimentos formulados contra dela.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra a mesma cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Así, por esta a miña Sentenza, pronúncioo, mando e asino.
