Sentencia SOCIAL Juzgado ...io de 2020

Última revisión
20/08/2020

Sentencia SOCIAL Juzgado de lo Social - Vigo, Sección 6, Rec 407/2020 de 22 de Julio de 2020

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Social

Fecha: 22 de Julio de 2020

Tribunal: Juzgado de lo Social Vigo

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Núm. Cendoj: 36057440062020100001

Núm. Ecli: ES:JSO:2020:2245

Núm. Roj: SJSO 2245:2020


Encabezamiento

XULGADO DO SOCIAL Nº 6

DE VIGO.

PROCEDEMENTO Nº 407/2020

SENTENZA

Vigo, 22 de xullo do 2020.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento número 407/2020 do Xulgado do Social nº 6 de Vigo dos que se seguen nese xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha acción de reclamación contra a vulneración do dereito de conciliación da vida laboral e familiar, pronuncio esta sentenza.

Foron partes no procedemento:

1.- demandante: Eugenio, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogado Don Alberto Muñoz Rodríguez.

2.- demandada: Productores Buques Congeladores de Merlúcidos, Cefalópodos y Especies Varias OPOC3, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido pola Avogada Dona Emilia Macayo López.

Antecedentes

PRIMEIRO.-O día 9 de xuño do 2020 a parte demandante presentou no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo demanda. Na mesma, logo de expor os feitos e os fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditase unha sentenza na que se declarara o dereito da demandante a realizar traballo a distancia e se condenara á demandante a indemnizala en concepto de danos e perdas na cantidade de 3.125 euros.

SEGUNDO.-A demanda foi admitida a trámite e se convocou ás partes a xuízo, que tivo lugar o día 20 de xullo do 2020, co resultado que consta na acta.

No acto do xuízo practicouse a proba documental e todas partes concluíron como tiveron a ben sobre o resultado das probas practicadas.

Hechos

PRIMERO.-O demandante, Don Eugenio con DNI NUM000 ven prestando os seus servizos para a empresa demandada cunha antiguidade do 2 de xaneiro do 1990 por causa dun contrato de traballo indefinido a xornada completa e unha categoría de Oficial de 1ª Administrativo. O demandante percibe unha remuneración mensual bruta, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 2.642,12 euros (feitos non controvertidos).

SEGUNDO.- A empresa demandada mantivo ó demandante en situación de teletraballo dende o 16 de marzo do 2020. Na data 13 de maio do 2020 a empresa comunicou ó demandante que retomaría o traballo presencial, debendo reincorporarse ben o venres 22 de maio ben o luns 25 de maio do 2020.

O demandante solicitou á demandada por escrito de 18 de maio do 2020 unha solicitude de teletraballo a distancia por conciliacion familiar dado que tiña dous fillos menores de idade, 9 e 11 anos (feitos non controvertidos, documento nº 8 dos achegados polo demandante).

TERCEIRO.-A empresa demandada

CUARTO.- A empresa demandada contestou ó demandante na data 22 de maio do 2020 no senso de denegarlle a solicitude de teletraballo, indicándolle que tomara medidas para realizar o traballo nun entorno seguro e que a actividade da empresa obrigaba á atención directa ós asociados, así como a existencia de discriminación en relación con outros compañeiros (documento nº 9 dos achegados pola demandante no período probatorio).

QUINTO.- O demandante iniciou na data 27/05/2020 un proceso de incapacidade temporal co diagnóstico de trastorno de ansiedade xeralizada (documento nº 16 dos achegados pola demanante).

SEXTO.- O demandante conforma unha unidade familiar coa súa dona Brigida, Eugenio, maior de idade, e os menores de idade Santiago e Guillerma , de 9 e 11 anos.

Brigida é Autónoma dende o 27/02/2018 e dende o 24 de febreiro do 2020 ten subscrito un contrato coa condición de Traballadora Autónoma Dependente coa empresa Henkel Ibérica S.A. (documentos 10 a 15 dos achegados polo demandante).

Fundamentos

PRIMERO.-Compre termos en conta que os feitos declarados probados xorden fundamentalmente do contido dos documentos achegados ó procedemento por ambas partes, documentos cuxa autenticidade non foi impugnada, coa consecuencia que, para esta circunstancia, determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.

SEGUNDO.-Establece o artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores que: '8. Las personas trabajadoras tienen derecho a solicitar las adaptaciones de la duración y distribución de la jornada de trabajo, en la ordenación del tiempo de trabajo y en la forma de prestación, incluida la prestación de su trabajo a distancia, para hacer efectivo su derecho a la conciliación de la vida familiar y laboral. Dichas adaptaciones deberán ser razonables y proporcionadas en relación con las necesidades de la persona trabajadora y con las necesidades organizativas o productivas de la empresa.

En el caso de que tengan hijos o hijas, las personas trabajadoras tienen derecho a efectuar dicha solicitud hasta que los hijos o hijas cumplan doce años.

En la negociación colectiva se pactarán los términos de su ejercicio, que se acomodarán a criterios y sistemas que garanticen la ausencia de discriminación, tanto directa como indirecta, entre personas trabajadoras de uno y otro sexo. En su ausencia, la empresa, ante la solicitud de adaptación de jornada, abrirá un proceso de negociación con la persona trabajadora durante un periodo máximo de treinta días. Finalizado el mismo, la empresa, por escrito, comunicará la aceptación de la petición, planteará una propuesta alternativa que posibilite las necesidades de conciliación de la persona trabajadora o bien manifestará la negativa a su ejercicio. En este último caso, se indicarán las razones objetivas en las que se sustenta la decisión.

La persona trabajadora tendrá derecho a solicitar el regreso a su jornada o modalidad contractual anterior una vez concluido el periodo acordado o cuando el cambio de las circunstancias así lo justifique, aun cuando no hubiese transcurrido el periodo previsto.

Lo dispuesto en los párrafos anteriores se entiende, en todo caso, sin perjuicio de los permisos a los que tenga derecho la persona trabajadora de acuerdo con lo establecido en el artículo 37.

Las discrepancias surgidas entre la dirección de la empresa y la persona trabajadora serán resueltas por la jurisdicción social a través del procedimiento establecido en el artículo 139 de la Ley 36/2011, de 10 de octubre, Reguladora de la Jurisdicción Social'.Pola súa banda, o artigo 5º do Real Decreto Lei 8/2020 establece que: 'Las medidas excepcionales de naturaleza laboral que se establecen en la presente norma tienen como objetivos prioritarios garantizar que la actividad empresarial y las relaciones de trabajo se reanuden con normalidad tras la situación de excepcionalidad sanitaria.En particular, se establecerán sistemas de organización que permitan mantener la actividad por mecanismos alternativos, particularmente por medio del trabajo a distancia, debiendo la empresa adoptar las medidas oportunas si ello es técnica y razonablemente posible y si el esfuerzo de adaptación necesario resulta proporcionado. Estas medidas alternativas, particularmente el trabajo a distancia, deberán ser prioritarias frente a la cesación temporal o reducción de la actividad'.

Da análise conxunta de ambos preceptos podemos advertir que a empresa, diante da petición da traballadora e da situación de pandemia declarada pola OMS na que nos atopamos e que motivou, entre outros, a promulgación das medidas de urxencia contidas no Real Decreto Lei 8/2020, cinguíuse a denegar a petición sen abrir ningún proceso de negociación ou valoración de alternativas tal como lle esixe o artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores. Sobre todo tendo en conta que o texto do artigo 5 do Real Decreto Lei 8/2020, na situación no que nos atopamos, prioriza o teletraballo sobre outras opcións coma a redución da xornada. É dicir, a empresa incumpríu coa súa obriga de valorar de xeito fundado a petición da traballadora e tratar, no seu caso, de artellar elaternativas.

Non pode escudarse a empresa nas situacións doutros traballadores porque non probou que ningún outro traballador solicitara o teletraballo e tampouco na atención presencial a asociados que tampouco proba.

A pretensión do demandante debe ser, polo tanto, estimada, se ben coa precisión de que se manterá en tanto se manteña en vigor o establecido no artigo 5 do Real Decreto Lei 8/2020.

TERCERO.-No que atinxe á solicitude de indemnización de danos e perdas, á vista do contido do artigo 139 da LRXS, que permite acumular tal pretensión, é razonable determinar a cantidade de 600 euros como importe dos danos e perdas padecidos polo demandante posto que non iniciou negociación algunha con el como lle esixe a lei, xerando un dano moral e dado que este permanece en situación de incapacidade temporal, pero tampouco proba que esta situación sexa xerada pola negativa da empresa.

CUARTO.- Consonte o contido do artigo 139 da Lei Reguladora da Xurisdicción Social, contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación nos termos previstos no Título II do Libro III da devantida Lei en relación coa pretensión de indemnización de danos e perdas que supera os 3.000 euros.

DAQUELA

Fallo

ESTIMO a demanda interposta por don Eugenio fronte a Productores Buques Congeladores de Merlúcidos, Cefalópodos y Especies Varias OPOC3.

DECLARO que a demandante ten dereito a realizar teletraballo en tanto se manteñan en vigor as medidas establecidas no Real Decreto Lei 8/2020.

CONDENO á demandada a estar e pasar polo contido desta resolución e a indemnizar á demandante na cantidade de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra a mesma poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que atinxe ó pronuncimento verbo da indemnización de danos e perdas, recurso que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito diante deste Xulgado no prazo de cinco días a partires da notificación da presente resolución.

Emítase testemuño desta resolución para a súa unión ó procedemento do que trae causa e lévese o orixinal ó Libro de Sentenzas deste Xulgado.

Así por esta sentenza o pronuncio, mano e asino.

PUBLICACIÓN.-Dada, leída y publicada fue la anterior sentencia por el Sr. Magistrado-Juez que la suscribe en el día de la fecha, celebrando audiencia pública y a mi presencia, Secretario, de lo que doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.