Última revisión
07/03/2025
Sentencia Social 292/2024 Juzgado de lo Social de Lugo nº 3, Rec. 860/2021 de 28 de junio del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Social
Fecha: 28 de Junio de 2024
Tribunal: Juzgado de lo Social nº 3
Ponente: DALILA DOPAZO BLANCO
Nº de sentencia: 292/2024
Núm. Cendoj: 27028440032024100012
Núm. Ecli: ES:JSO:2024:2576
Núm. Roj: SJSO 2576:2024
Encabezamiento
-
ARMANDO DURAN S/N EDIFICIO NUEVO DE LOS JUZGADOS DE LUGO
Equipo/usuario: MR
Modelo: N02700
Procedimiento origen: SAN SANCIONES 0000860 /2021
Sobre: SANCIONES
Maxistrada: Dalila Dopazo Blanco
Lugo, 28 de xuño de 2024
Antecedentes
No xuízo, a demandante ratificou as súas peticións, á que se opuxo a demandada. Tras a proposición, admisión e práctica da proba, formuláronse as conclusións e os autos ficaron pendentes de ditar sentenza.
Hechos
A acta consta nos folios 5 e ss do expediente administrativo e o seu contido dáse por integramente reproducido.
Nos rexistros horarios entregados pola empresa ao inspector de traballo e referidos a período de xaneiro a decembro de 2018 de 10 traballadores/as, consta un incumprimento dos límites de descanso diario e semanal e que os traballadores/as realizaban número de horas extraordinarias superando o límite legal e sen acreditar a súa retribución, por importe total de 36261,78 euros.
Fundamentos
Fronte a tal petición, a demandada opúxose á demanda indicando que non existía a caducidade nin a nulidade alegadas na demanda e que a sanción era correcta partindo da documentación entregada pola propia empresa , ao tempo que a fórmula de cálculo para as horas extras debidas e o seu cálculo eran tamén correctos. Asemade, indicou que a sanción era proporcionada dada a existencia de tres infraccións.
A parte actora manifestou que existía unha caducidade na tramitación do procedemento ao vulnerarse o art. 8 do RD 928/1998. Tal afirmación non se pode acoller dado que a visita da ITSS realizouse o 10/10/2018 e a acta é de 26/04/2019, é dicir, que non transcorreron máis de 9 meses (a sanción confírmase por resolución do 24 de setembro de 2019). Por outra banda, foi a propia actora a que deu lugar a que se ditase o tempo de elaboración da acta xa que como consta no folio 6 do expediente administrativo, houbo unha vista o 10 de outubro de 2018 na que se citou ao empresario para achegar documentación o 23 de outubro de 2018, que se remite por correo electrónico, do que se deriva tras a súa revisión a unha nova citación para o 21 de febreiro de 2019, indicando a asesoría da empresa que profire entregar a documentación solicitada en soporte informático, se ben tampouco compareceu e houbo que pedir máis documentación que se remitiu por correo electrónico.
En relación coa nulidade alegada na demanda, non existe infracción do art. 85 da Lei 39/2015 xa que consta que na acta si se fixo referenza ás reducións por recoñecemento de responsabilidade e/ou pago anticipado (así se indica no folio 27 do expediente administrativo).
No que se refire ao fondo do asunto, en absoluto se pode considerar que a acta sexa xenérica, que extrapole datos sen xustificación, que presuma a falta de pago ou que os cálculos se realice de xeito incorrecto ou vulnerando a Instrución 3/2016.
En primeiro lugar, a acta analiza polo miúdo os rexistros de xornada cuxo contido o inspector actuante asume dado que, aínda que non están asinados polos traballadores, son os que achegou a propia empresa e ela é a responsábel de levar un rexistro de xornada correcto (se non o facía, esa é tamén a súa responsabilidade e ten que asumir as consecuencias de cumprir de xeito incorrecto as súas obrigas).
En segundo lugar, os rexistros de xornada son absolutamente claros en relación a 10 traballadores, nos que se pode observar que no período de xaneiro a decembro de 2018, consta un incumprimento dos límites de descanso diario e semanal e que os traballadores/as realizaban número de horas extraordinarias superando o límite legal do ET e do Convenio colectivo de panadería. Non se fixo ningunha extrapolación por parte do inspector, que incluso non valora os supostos nos que a xornada era excesiva pero logo había rexistro de xornada noutros momentos de poucas horas.
Os dous incumprimentos anteriores supoñen unha vulneración dos da LISOS que correctamente se cualifica como constitutiva dúas infraccións graves e que de xeito prudente se impón a sanción no grao mínimo pero contía superior dado que se trata de un número importante de traballadores afectados.
En terceiro lugar, non se presume que non se pagaron as horas extras senón que a empresa (a debedora, art. 2017 LAC) non acredita o seu pago e o importe coa aplicación das táboas salariais actualizadas do convenio colectivo é de 36261,78 euros. Neste aspecto, cómprese co indicado na Instrución 3/2016 que permite tamén cualificar a infracción como grave ou como moi grave, cualificándose como moi grave ao superar amplamente os 6250 euros e para evitar, como indica o art. 29 da Lei 40/2015 que a sanción sexa máis favorable que o cumprimento. Tamén se opta por unha sanción en grao medio en contía superior polo número de traballadores afectados e polos prexuízos económicos causados.
Finalmente, na vista a empresa non achegou testemuñal, documental nin ningunha outra proba que acreditase nin que os rexistros elaborados por ela mesma non era correctos e, polo tanto, si se cumpría co límite de xornada e descansos, nin que se abonou o exceso de xornada.
A demanda debe rexeitarse.
Fallo
Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que poden formular un
De non se anunciaren o recurso contra a resolución, deberán arquivarse as actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.
Así o acordo, decido e asino.
DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.
A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levar a cabo previa disociación dos datos de carácter persoal que os mesmos contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando cumpra.
Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.
