Última revisión
16/03/2026
Sentencia Social 360/2025 Juzgado de lo Social de Lugo nº 3, Rec. 274/2024 de 30 de septiembre del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 16 min
Orden: Social
Fecha: 30 de Septiembre de 2025
Tribunal: Juzgado de lo Social nº 3
Ponente: DALILA DOPAZO BLANCO
Nº de sentencia: 360/2025
Núm. Cendoj: 27028440032025100019
Núm. Ecli: ES:JSO:2025:3202
Núm. Roj: SJSO 3202:2025
Encabezamiento
-
ARMANDO DURAN S/N EDIFICIO NUEVO DE LOS JUZGADOS DE LUGO
Equipo/usuario: MR
Modelo: N02700 SENTENCIA
Procedimiento origen: /
Sobre: CLASIF.PROFESIONAL
Maxistrada: Dalila Dopazo Blanco
Lugo, 30 de setembro de 2025
Antecedentes
No xuízo, as partes realizaron las alegacións que estimaron oportunas e tras a proposición, admisión e práctica da proba, formuláronse as conclusións e os autos quedaron pendentes de pronunciarse a resolución correspondente.
Hechos
O traballador presta servizos en xornada permanente de tarde no posto de traballo de carnicería.
No establecemento, o devandito posto de traballo esta cuberto por unha única persoa en quenda de mañá ou tarde. O Sr. Porfirio está adscrito á quenda de tarde.
Ademais, existe outra persoa traballadora que rota co traballador de mañá para cubrir medios días.
No posto de traballo a realización de pedidos e montaxe do mostrador efectúase pola mañá. As actividades de reposición, venda e preparación de elaborados fanse pola mañá e pola tarde, indistintamente.
.
Fundamentos
Fronte ao anterior, DISTRIBUCIONES FROIZ, SAU opúxose á demanda indicando, en esencia, o seguinte:
a) Prescrición de parte das cantidades.
b) A actual clasificación no grupo III, nivel C era correcta dado que existen funcións que serían propias do nivel reclamado que non as fai.
Neste caso, o Convenio colectivo de aplicación é o Convenio colectivo provincial para o comercio de alimentación de Lugo, no que se establecen os distintos grupos profesionais e niveis. Indica o art. 34.1 o seguinte:
"O persoal ao servizo das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado en algúns dos seguintes grupos profesionais en función dos diferentes factores de encadramento profesional.
As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas seno meramente enunciativas.
Definición dos factores que inflúen na determinación da pertenza a un determinado grupo profesional.
I. Coñecementos.-Factor para cuia elaboración se ten en conta, ademais da formación básica necesaria para poder cumprir correctamente o cometido, o grado de coñecemento e experiencia adquiridos, así como a dificultade na adquisición de ditos coñecementos ou experiencias.
II. Iniciativa/autonomía.-Factor no que se ten en conta a maior ou menor dependencia a directrices ou normas e a maior ou menor subordinación no desenvolvemento da función que se desenrole. Este factor comprende tanto a necesidade de detectar problemas como a de improvisar solucións aos mesmos.
III. Complexidade.-Factor cuxa valoración está en función do maior ou menor número, así como do maior ou menor grado de integración dos restantes factores enumerados na tarefa ou posto encomendado.
IV. Responsabilidade.-Factor en cuxa elaboración se ten en conta o grado de autonomía de acción do titular da función e o grado de influencia sobre os resultados e importancia das consecuencias da xestión.
V. Mando.-É o conxunto de tarefas de planificación, organización, control e dirección das actividades de outros, asinadas pola dirección da empresa, que requiren dos coñecementos necesarios para comprender, motivar e desenvolver ás persoas que dependen xerarquicamente do posto.
1. Grupos Profesionais.
Grupo I:
Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores/as que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grado de autonomía a partires de directrices xerais.
Se integra neste grupo profesional ao persoal que executa traballos que supoñen a realización de tarefas complexas e heteroxéneas, con obxectivos xerais definidos e alto grado de exixencia en autonomía, iniciativa e responsabilidade.
Xestiona e supervisa os recursos humanos ao seu cargo orientándoos hacia o logro dos obxectivos, e exerce funcións de responsabilidade sobre organizacións complexas, en canto á consecución de resultados, implantación e xestión en xeral, informando acerca das normas de seguridade e velando polo seu cumprimento.
Exercen a supervisión ao través de mandos intermedios, ao fin de conseguir os obxectivos operacionais marcados.
Postos de traballo indicativos:
Nivel A: directores/as xerais.
Nivel B: xefes/as de división.
Nivel C: encargados/as xerais; xefes/as de persoal; xefes/as de compras; xefes/as de ventas.
Grupo II:
Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores/as cuia actividade se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grado de autonomía, pudendo coordinar o traballo dun equipo, e para cuio desenvolvemento se require unha pericia ou habilidade sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.
Se integra neste grupo profesional, o persoal con titulación a nivel de escola superior ou de grado medio ou facultades, complementadas con estudios específicos, e aquelas outras con formación teórica, ou adquiridas na práctica, ata un nivel equivalente a titulado medio ou similar.
Realizan por definición as mesmas tarefas do grupo III, pero con absoluta autonomía, xa que con o superior avalían o resultado final, previamente concretado nos obxectivos xerais, pero non así os métodos os cales son decididos autonomamente.
Todo elo comporta unha gran aportación dos coñecementos persoais técnicos, necesitando identificar a información que require o desempeño do traballo, e executar accións que conduzan á aparición da información e a seu tratamento.
Estes coñecementos técnicos poden substituírse por un coñecemento e formación axeitada, que permita a colaboración na xestión de recursos humanos, realizando accións encamiñadas a orientar o comportamento do equipo de especialistas ou profesionais cuias tarefas comparten e que xestionan hacia o logro dos obxectivos, supervisando as funcións que desenvolven, e exercendo funcións encamiñadas á consecución de resultados, implantación e xestión na súa área de actividade, consistente en unha organización simple.
Postos de traballo indicativos:
Nivel A: xefes/as de área; xefes/as administrativos.
Nivel B: xefes/as de sucursal ou supermercado; xefes/as de almacén; xefes/as de grupo; xefes/as de sección Administrativa.
Nivel C: encargados/as de establecemento; vendedores/as; compradores/as; xefes/as de sección servizos.
Grupo III:
Se integra neste grupo o persoal que executa traballos que requiren iniciativa, especialización, e coñecemento total (técnico e profesional) do oficio desempeñado, responsabilizándose do traballo efectuado seguindo instrucións dos seus superiores.
As funcións poden implicar desconforta temporal ou esforzo físico.
En consecuencia realiza tamén as tarefas básicas do oficio ou posto desempeñado no grupo IV, pero a aplicación dos seus coñecementos engade valor na manipulación do produto.
O posto pode implicar coordinación de outras persoas en organizacións simples seguindo instrucións dos responsables xerárquicos, a la vez que poden coordinar as tarefas dun equipo participando na execución das mesmas.
Postos de traballo indicativos:
Nivel A: dependentes; oficiais administrativos; operadores/as de máquinas contables; contables.
Nivel B: Corredores de praza; vixiantes; profesionais de oficio de 1ª; cobradores/as.
Nivel C: Profesionais de oficio de 2ª.
No caso de realización de tarefas que impliquen a condución de vehículos, a adscrición ao Nivel B) requirirá estar en posesión do permiso de conducir de 1ª especial ou 1ª, mentres que a adscrición ao Nivel C) requirirá estar en posesión do permiso de conducir de 2ª ou 3ª clase. En ambos casos as tarefas abarcarán a conservación do vehículo, a reparación de pequenas avarías tanto en ruta como no garaxe, o transporte, o cobro e facturación das mercadorías de acordo cas instrucións que reciba, e a participación na carga e descarga.
Grupo IV:
Se integra neste grupo profesional o persoal que realiza tarefas e/ou funcións que se executan segundo instrucións concretas, claramente establecidas, con un método de traballo preciso e con un alto grado de dependencia xerárquica e/ou funcional, que poden requirir esforzo físico e/ou atención, así como axeitados coñecementos profesionais e/ou aptitudes prácticas e cuia responsabilidade está limitada por unha supervisión directa.
As funcións poden implicar desconforta temporal ou esforzo físico.
Postos de traballo indicativos:
Nivel A: axudantes; auxiliares administrativos; mozos especializados; caixeiros.
Nivel B: auxiliares de caixa.
Nivel C: mozos; empaquetadores/as.
Os niveis B e C terán a consideración de niveis de entrada -no caso do nivel B para traballadores de entrada no Grupo IV con tarefas que impliquen a responsabilidade de efectuar operacións monetarias- accedendo ao nivel A aos tres anos de experiencia nos niveis de entrada (B e C)".
Non se discute que o traballador ten que estar clasificado no grupo III mais si se discute se lle corresponde o nivel B ou o C.
No informe do Comité de Empresa (doc. 4 da vista) indícase que o actor realiza as súas funcións en carnicería funcións que requecían iniciativa e coñecemento técnico da profesión e que se responsabilizaba do seu trabalo sen supervisión, seguindo tan só as instrucións do xefe de tenda na sección de carnicería. Así o puxeron de manifesto a Sra. Socorro, quen indicou que o actor foi quen lle ensinou o seu traballo e que realiza as funcións sen ninguén máis polas tardes. Tamén a Sra. Francisca indicou que cando o actor está realizando as súas funcións, non hai ninguén máis na carnicería. No informe da ITSS (contido núm. 15 do Visor-EXE) tamén se indica que as súas funcións as leva a cabo en seguir instrucións de ningún tipo, tomando el as decisións que correspondan.
En realidade, a empresa non nega que o traballador tome estas decisións, con iniciativa e sen seguir instrucións. De feito, a Sra. Blanca indicou o posto de traballo de carnicería por unha única persoa en quenda de mañá ou tarde, o Sr. Porfirio está adscrito á quenda de tarde e que ademais, existe outra persoa traballadora que rota co traballador de mañá para cubrir medios días.
A cuestión é que no convenio colectivo tanto para o nivel C como para o nivel B se require iniciativa e responsabilidade. Con todo, é necesario diferencia ambos niveis e neste caso, entendo correcta a clasificación realizada pola empresa dado que tanto o actor como a persoa da quenda de mañá fan as mesmas funcións, a excepción de dúas que implican un maior grao de responsabilidade, como son a realización de pedidos e montar o mostrador, algo que só se fai pola mañá, como indicaron todas as testemuñas.
Procede rexeitar a demanda.
Fallo
Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que é firme.
Así o acordo, decido e asino.
DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.
A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levar a cabo previa disociación dos datos de carácter persoal que os mesmos contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando cumpra.
Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.
