Última revisión
11/12/2024
Sentencia Social 298/2024 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 279/2024 de 11 de julio del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 37 min
Orden: Social
Fecha: 11 de Julio de 2024
Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6
Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO
Nº de sentencia: 298/2024
Núm. Cendoj: 36057440062024100014
Núm. Ecli: ES:JSO:2024:1275
Núm. Roj: SJSO 1275:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00298/2024
RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO
Equipo/usuario: IS
Modelo: N02700
Procedimiento origen: /
Sobre: ORDINARIO
Vigo, 11 de xullo do 2024.
Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento número 279/2024 do Xulgado do Social nº 6 de Vigo dos que se seguen nese xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha acción de reclamación contra a vulneración do dereito de conciliación da vida laboral e familiar e acumulada de vulneración de dereitos fundamentais, pronuncio esta sentenza.
Foron partes no procedemento:
1.- demandante: Ana, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Graduada Social dona Rosana Álvarez Bastero.
2.- demandada: DIRECCION000 que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada del Estado dona María de los Ángeles García Vázquez.
3.- O Ministerio Fiscal, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.
Antecedentes
Solicitou, asemade, que se lle indemnizara na cantidade de 6.000 euros polos danos morais padecidos ó seren vulnerados os seus dereitos fundamentais.
Compareceron todas as partes do procedemento, agás o Ministerio Fiscal que presentou escrito indicando que non consideraba precisa a súa asistencia.
No acto do xuízo practicouse a proba documental e de declaración de testemuñas, e todas partes comparecidas concluíron como tiveron a ben sobre o resultado das probas practicadas.
Hechos
A traballadora percibe unha remuneración mensual bruta, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 979,06 euros (feitos non controvertidos, nómina).
"Que a la trabajadora le consta de manera fehaciente que existen plazas vacantes en la localidad de DIRECCION002, a jornada parcial, y teniendo en cuenta la proximidad entre la población de DIRECCION002 y la localidad de DIRECCION001 es por lo que expresamente se viene a solicitar el traslado a cualquier plaza ubicada en DIRECCION002, con las mismas condiciones, es decir, a jornada parcial".
A traballadora indicáballe á empresa no escrito que o seu domicilio achábase na DIRECCION004 de DIRECCION001 e que tiña fillos menores de doce anos.
A empresa contestou á demandante por medio de escrito de data 03/10/2023 o seguinte: "Estimada Ana: Hemos recibido su escrito solicitando pasar a desempeñar un puesto de atención al cliente tiempo parcial en la localidad de DIRECCION002 por conciliación.
No nos aporta ningún tipo de documentación justificativa de esta necesidad, siendo necesaria para poder proceder a la valoración de su petición.
En cuanto a la plaza que nos solicita, le informo que está ocupada por un contrato de sustitución para la cobertura temporal; este contrato sólo puede ser cesado si se incorpora un empleado fijo por Concurso de Traslados o Consolidación de empleo temporal.
En la adjudicación del Concurso de Traslados de octubre 2022 ya se le adjudicó su actual plaza en O Porriño de acuerdo a su solicitud.
Después de haberle explicado verbalmente la situación siendo totalmente comprendida por usted, le informamos que no podemos atender su solicitud. Reciba un cordial saludo".
Na data 03/02/2024 a traballadora demandante solicitou da demandada un destino proximo ó seu domicilio familiar para conmpatibilizar e conciliar a súa vida laboral e familiar. No escrito indicoulle á demandada que o seu domicilio achábase na localidade de DIRECCION001, que era nai de dous fillos nados o NUM002/2019 e NUM001/2017 e que o seu marido tiña recoñecida unha incapacidade permanente absoluta. A traballadora indicou que achegaba libro de familia e certificado de discapacidade.
A empresa contestou por medio de escrito de data 21/02/2024:
"Querida Sra. Ana:
Ante su nueva solicitud insistiendo de nuevo en que se le conceda un destino próximo a su domilicio, le informo que los cambios de puesto de trabajo se deben solicitar a través de su participación en el concurso de traslados.
Señalar que, el artículo 34.8 del Estatuto de los Trabajadores reconoce el derecho para adaptar la jornada a las necesidades que deriven de la concillación de la vida familiar y laboral, pero no reconoce el derecho a poder modificar, en base a dichas necesidades, el puesto de trabajo.
En este sentido Indicarle nuevamente que, DIRECCION000, como empresa de carácter público, dispone dentro del sistema de provisión de los puestos de trabajo, de un procedimiento tasado y regulado, que debe articularse conforme a los principios de Igualdad, mérito y capacidad establecidos en el convenio colectivo de empresa.
En cuanto a la diversa normativa en la que basa su solicitud, esta empresa no hace ningún tipo de discriminación por razón de sexo dando Igualdad de oportunidades para trabajadores de ambos sexos, promueve la participación de las mujeres en el mercado laboral y trata de proteger los derechos de todos los trabajadores sin discriminación de ningún tipo.
Por ello lamentamos indicarle que, por todas las razones objetivas que se han expresado, no podemos aceptar su petición en estos momentos, sin perjuicio de que de acuerdo a los procesos de provisión en los que puede participar, pueda obtener un puesto que le resulte más adecuado a sus necesidades actuales.
No obstante a todo lo anterior, en este momento no disponemos de ninguna plaza como la suya disponible
Para que así conste, le rogamos firme el presente documento". (documentación achegada en período probatorio).
O marido da traballadora demandante ten recoñecida unha prestación de incapacidade permanente absoluta dende o 28/10/2003, así coma un grao de discapacidade definitivo do 33 % dende o 21/02/2011.
O domicilio familiar áchase na DIRECCION004 de DIRECCION001 (libro de familia, certificados de escolarización, recoñecementos da incapacidade e da discapacidade do pai dos menores).
Fundamentos
Alegada pola demandada caducidade, compre resolvermos sobre tal excepción. A conclusión é que non procede estimarmos a mesma. A traballadora realizou unha primeira petición o 3 de outubro do 2023, petición na que solicitaba o traslado a un posto de traballo en DIRECCION002 por causa da conciliación da súa vida laboral e familiar. A empresa, sen abrir procedemento de negociación algún, denegoulle directamente a pretensión á demandante alegando que non lle achegara documentación e que esta praza en concreto achábase ocupada. Non nos consta da proba practicada que a traballadora reclamara contra esta denegación, repetimos que adoptada sen seguir o procedemento establecido polo Estatuto dos Traballadores. Non é, polo tanto, esta pretensión da que tratamos neste procedemento.
Da que tratamos é da articulada no escrito da traballadora do8 de febreiro do 2024 na que a traballadora muda a súa petición e solicita un destino perto do seu domicilio familiar, pero sen cinguirse a un centro de traballo determinado e achega documentación da requirida pola demadada.
Á vista da data da contestación da demandada, por certo, tamén sen aperturar proceso negociador algún, a acción está exercitada dentro do prazo legal e non procede estimarmos a concorrencia de caducidade.
Dicimos isto porque, tal coma se desprende do contido do Estatuto dos Traballadores, os traballadores contan con varias posibilidades para concilia-la súa vida laboral e familiar. Unha delas é o dereito e posibilidade que establece o artigo 34.8 do devandito texto legal para "solicitar las adaptaciones de la duración y distribución de la jornada de trabajo, en la ordenación del tiempo de trabajo y en la forma de prestación, incluida la prestación de su trabajo a distancia, para hacer efectivo su derecho a la conciliación de la vida familiar y laboral".
Entendemos necesario facer a precisión porque a traballadora solicita da súa empregadora un cambio de centro de traballo por causa da conciliación da súa vida laboral e familiar, porque conta con dous fillos menores de idade, un marido con déficit de capacidade e o seu centro de traballo se acha a uns cincuenta kilómetros do seu domicilio, tendo a entidade demandada centros de traballo substancialmente máis próximos.
A empresa indícoulle á traballadora na contestación que deu á súa petición que o artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores non recoñece o dereito a mudar de centro de traballo por causa da conciliación da vida laboral e familiar, argumento que, de aceptarse, implicaría a imposibilidade para a demandante de articular a súa pretensión pola vía do devandito artigo 38.4º do Estatuto dos Traballadores.
Porén, a conclusión á que chegamos é distinta á postulada pola empresa. O artigo que analizamos non contén, estritamente, unha listaxe pechada das posibles adaptacións. De feito, refírese á "forma de prestación, incluida la prestación de su trabajo a distancia", o que quere dicir que a forma de presta-lo traballo é susceptible de adaptación e dentro desa adaptación se contén a (pero non se cingue á) prestación de traballo a distancia, prestación de traballo a distancia que implica a prestación do mesmo nun lugar diferente ó propio centro de traballo.
Non podemos esquecer, no que atinxe á interpretación do contido do precepto que analizamos, que nos achamos nun eido, o da conciliación da vida laboral e familiar, no que xoga un papel esencial o respeto ó dereito fundamental recollido no artigo 14 da Consitución Española que se sitúa no cerne da configuración do dereito a conciliar do que tratamos.
Tal coma argumenta a sentenza do Tribunal Superior de Galicia do 16/05/2023, "Porque no podemos olvidar de que tratamos de la operatividad de un Derecho Fundamental; de hecho, lo dice la propia Exposición de Motivos citada y lo podemos averiguar de la configuración de los derechos de conciliación en el ET. Como advertíamos en otras decisiones anteriores, la primera pista se hallaba en la Exposición de Motivos de la Ley 39/1999, de 5 noviembre, para promover la conciliación de la vida familiar y laboral de las personas trabajadoras, que se publicó para trasponer las Directivas del Consejo 92/85/CEE, de 19 de octubre, y 96/34/CE, del Consejo, de 3 de junio, donde se recoge: "La Ley introduce cambios legislativos en el ámbito laboral para que los trabajadores puedan participar de la vida familiar, dando un nuevo paso en el camino de la igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres". Se incardinaba en el principio de igualdad de trato de hombres y mujeres contenido en el artículo 3.2 del por aquel entonces Tratado Constitutivo de la Comunidad Europea, modificado por el Tratado de Ámsterdam, que ligaba a ese principio el de igualdad de oportunidades de unos y otros en el mercado (artículo 137.1), lo que se asevera como otra pista, y la adopción de acciones positivas para "compensar sus desventajas en sus carreras profesionales" (artículo 141.4), entre las que se citaba la asunción de las cargas familiares por las mujeres, cuya reversión ha constituido el bastión de la metamorfosis de la conciliación de la vida personal, familiar y laboral en el concepto de corresponsabilidad. Los preceptos citados coinciden exactamente con los artículos 153.1
No presente caso a traballadora solicitou o traslado de centro de traballo por conciliación, polo que ao procedemento que agora seguimos é o axeitado (polo que desbotamos esta excepción) e a entidade demandada non accedeu ó mesmo por causas púramente formais e organizativas, aludindo á existencia dun procedemento regulado de concurso de traslados. Non procedeu a abrir negociación algunha coa traballadora nin ofreceu alternativa ningunha.
Non deixa de ser salientable que unha empresa da entidade da demandada non conte cun procedemento para dar resposta individualizada a unha petición que, coma xa indicamos e razoa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten o seu cerne na protección de dereitos fundamentais, porque a empresa cínguese a oporse á pretensión da traballadora por motivos totalmente xenéricos que en ningún momento teñen en consideración as circunstancias persoais da traballadora.
Tal coma argumenta a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza que vimos analizando:
"Y en este punto es pertinente recordar lo que decíamos en la STSJ Galicia 25/05/21 R. 335/21
Pero é que este razoamento resulta especialmente acaído neste procedemento no que, da declaración das testemuñas, despréndese que no centro de traballo no que a traballadora pretendeu en primeiro lugar obter un posto de traballo, na localidade de DIRECCION002, unha ds traballadoras prestaba servizos nese centro de traballo porque fora trasladada dende DIRECCION006 por causa de conciliación da vida laboral e familiar. A explicación que deu a testemuña no acto do xuízo verbo deste traslado non resultou convincente e pareceu deberse máis ben a motivos de oportunidade para a empresa conxugados cos intereses desta traballadora.
A conclusión que tiramos é que, en primiero lugar, a empresa incumpríu o seu deber de negociación e, en segundo lugar, non probou razóns organizativas dabondo individualizadas neste caso, que amparen a súa decisión de non aceptar a petición da traballadora, tendo en conta que esta probou cumpridamente que na súa situación persoal e familiar si concorrían fundadas razóns para solicitar e obter un traslado de centro de traballo.
E, polo exposto, compre acollermos a súa pretensión
Para resolvermos a cuestión é preciso atendermos a varios parámetros, o primeiro deles a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que argumenta na súa sentenza do 20/10/2008, recurso 2899/2006, o seguinte:
"Tratándose de la tutela frente a actos lesivos de derechos fundamentales, hemos subrayado de forma reiterada la importancia que en relación con la misma tiene la regla de la distribución de la carga de la prueba. Con objeto de precisar con nitidez los criterios aplicables en materia probatoria cuando están en juego posibles vulneraciones de derechos fundamentales en el ámbito de las relaciones laborales resulta oportuno remitirse a lo señalado en nuestra STC 87/2004, de 10 de mayo (FJ 2). Decíamos allí, sistematizando y resumiendo nuestra reiterada doctrina anterior, que la necesidad de garantizar que los derechos fundamentales del trabajador no sean desconocidos por el empresario bajo la cobertura formal del ejercicio por parte de éste de los derechos y facultades reconocidos por las normas laborales para organizar las prestaciones de trabajo, pasa por considerar la especial dificultad que en no pocas ocasiones ofrece la operación de desvelar en los procedimientos judiciales correspondientes la lesión constitucional, encubierta tras la legalidad sólo aparente del acto empresarial. Una necesidad tanto más fuerte cuanto mayor es el margen de discrecionalidad con que operan en el contrato de trabajo las facultades organizativas y disciplinarias del empleador. Precisamente la prevalencia de los derechos fundamentales del trabajador y las especiales dificultades probatorias de su vulneración en aquellos casos, constituyen las premisas bajo las que la jurisprudencia constitucional ha venido aplicando la específica distribución de la carga de la prueba en las relaciones de trabajo, hoy recogida en los arts. 96 y 179.2 de la Ley de procedimiento laboral (LPL ).
La finalidad de la prueba indiciaria no es sino la de evitar que la imposibilidad de revelar los verdaderos motivos del acto empresarial impida declarar que éste resulta lesivo del derecho fundamental ( STC 38/1981, de 23 de noviembre , FFJJ 2 y 3), finalidad en torno a la cual se articula el doble elemento de la prueba indiciaria. El primero, la necesidad por parte del trabajador de aportar un indicio razonable de que el acto empresarial lesiona su derecho fundamental ( STC 38/1986, de 21 de marzo , FJ 2), principio de prueba dirigido a poner de manifiesto, en su caso, el motivo oculto de aquél; un indicio que, como ha venido poniendo de relieve la jurisprudencia de este Tribunal, no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla se haya producido (así, SSTC 114/1989, de 22 de junio, FJ 5 , y 85/1995, de 6 de junio , FJ 4). Sólo una vez cubierto este primer e inexcusable presupuesto puede hacerse recaer sobre la parte demandada la carga de probar que su actuación tiene causas reales absolutamente extrañas a la pretendida vulneración de derechos fundamentales, así como que aquéllas tuvieron entidad suficiente como para adoptar la decisión, único medio de destruir la apariencia lesiva creada por los indicios. Se trata de una auténtica carga probatoria y no de un mero intento de negar la vulneración de derechos fundamentales - lo que claramente dejaría inoperante la finalidad de la prueba indiciaria ( STC 114/1989, de 22 de junio , FJ 4)-, que debe llevar a la convicción del juzgador que tales causas han sido las únicas que han motivado la decisión empresarial, de forma que ésta se hubiera producido verosímilmente en cualquier caso y al margen de todo propósito vulnerador de derechos fundamentales. Se trata, en definitiva, de que el empleador acredite que tales causas explican objetiva, razonable y proporcionadamente por sí mismas su decisión, eliminando toda sospecha de que aquélla ocultó la lesión de un derecho fundamental del trabajador ( SSTC 38/1981, de 23 de noviembre, FJ 3 , y 136/1996, de 23 de julio , FJ 6, por ejemplo)".
Precisa, pola súa banda, a sentenza do Tribunal Constitucional de 22/06/1989, recurso nº 661/1987, que:
" La exigencia es probatoria, consiste para el empresario en una verdadera carga probatoria, y no en un mero intento probatorio. Por lo mismo, ha de llevar al ánimo del juzgador no la duda, sino la convicción de que el despido fue absolutamente extraño a todo propósito discriminatorio. Y esto ha de ser así en uno u otro aspecto, porque de otro modo, si bastaran el mero intento probatorio y la simple duda en el juzgador, el encubrimiento empresarial del despido discriminatorio sería tan fácil como inoperantes, por falta de adecuada y suficiente protección, los derechos fundamentales acogidos en los arts. 14. 16 y 28.1 de la Constitución en su proyección laboral".
Recollendo esta xurisprudencia do Tribunal Constitucional, o Tribunal Supremo en relación coa pretensión de nulidade do despedimento e a articulación da carga da proba nestes supostos, argumenta, tal como se reflicte na súa sentenza de data 14 de febreiro do ano 2012:
"- Sin embargo, y esto es lo determinante, para que opere este desplazamiento al empresario del onus probandi no basta simplemente con que el trabajador afirme su carácter discriminatorio [ STC 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2), sino que ha de acreditar la existencia de indicio que «debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla [la vulneración constitucional] se haya producido» ( SSTC 114/1989, de 22/Junio , F. 5 ; 85/1995, de 06/Junio , F. 4 ; 144/2005, de 06/Junio, F. 3 ; y 171/2005, de 20/Junio , F. 3), que genere una razonable sospecha, apariencia o presunción en favor de semejante afirmación; es necesario que por parte del actor se aporte una «prueba verosímil» ( STC 207/2001, de 22/Octubre , F. 5) o «principio de prueba» revelador de la existencia de un panorama discriminatorio general o de hechos de los que surja la sospecha vehemente de una discriminación por razón de sexo, sin que sea suficiente la mera afirmación de la discriminación (por todas, SSTC 308/2000, de 18/Diciembre , F. 3 ; 41/2002, de 25/Febrero , F. 3 ; 17/2003, de 30/Enero, F. 3 ; 98/2003, de 02/Junio , F. 2 ; 188/2004, de 02/Noviembre, F. 4 ; 38/2005, de 28/Febrero, F. 3 ; 175/2005, de 04/Julio, F. 4 ; 326/2005, de 12/Diciembre, F. 6 ; 138/2006, de 08/Mayo, F. 5 ; 168/2006, de 05/Junio, F. 4 ; 342/2006, de 11/Diciembre, F. 4 ; y 74/2008, de 23/Junio F. 2).
Además, ese indicio no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de la lesión ( SSTC 21/1992, de 14/Febrero, F. 3 ; 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2 ;87/1998, de 21/Abril ; 293/1993, de 18/Octubre ; 140/1999, de 22/Julio ; 29/2000, de 31/Enero ; 308/2000, de 18/Diciembre, F. 3 ; 136/2001, de 18/Junio ; 142/2001, de 18/Junio, F. 5 ; 207/2001, de 22/Octubre ; 214/2001, de 29/Octubre ; 14/2002, de 28/Enero , F. 4 ; 29/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 30/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 41/2002, de 25/Febrero, F. 3 ; 48/2002, de 25/Febrero F. 5 ; 84/2002, de 22/Abril F. 3, 4 y 5 ; 5/2003, de 20/Enero ; 617/2003, de 30/Enero ; 151/2004, de 20/Septiembre ; y 326/2005, de 12/Diciembre , F. 6). Y «tendrán aptitud probatoria tanto los hechos que sean claramente indicativos de la probabilidad de la lesión del derecho sustantivo, como aquellos que, pese a no generar una conexión tan patente y resultar por tanto más fácilmente neutralizables, sean sin embargo de entidad suficiente para abrir razonablemente la hipótesis de la vulneración del derecho fundamental. Esto es, dicho en otras palabras, son admisibles diversos resultados de intensidad en la aportación de la prueba que concierne a la parte actora, pero deberá superarse inexcusablemente el umbral mínimo de aquella conexión necesaria, pues de otro modo, si se funda la demanda en alegaciones meramente retóricas o falta la acreditación de elementos cardinales para que la conexión misma pueda distinguirse, haciendo verosímil la inferencia, no se podrá pretender el desplazamiento del onus probandi al demandado» ( ATC 89/2000, de 21/Marzo ; y SSTC 17/2003, de 30/Enero ; y 151/2004, de 20/Septiembre ). No obstante, el indicio ha de ser acreditado por hechos indicativos de la probabilidad de la lesión o la razonable hipótesis de ella, pero no simples alegaciones retóricas ( SSTC 111/2003, de 16/Junio , F. 4 ; 79/2004, de 5/Mayo, F. 3 ; y 168/2006, de 05/Junio".
No presente caso xa indicamos que a petición da traballadora ácha o seu marco legal na protección dos seus dereitos fundamentai. Pero é que neste suposto contamos cun elemento que nos leva concluír que existen indicios dabondo da existencia de vulneración do dereito fundamental da traballadora a non ser discriminada, coma é o feito de que a outra traballadora si se lle acepta o traslado por conciliación da vida laboral e familiar e á traballadora demandante non.
Dada a existencia de indicios, atinxíalle á empresa a carta de probaren que a denegación non se baseu nesta discriminación, pero a negativa por motivos puramente formais (motivos que non impediron o traslado da outra traballadora), non enche a proba da que tratamos, polo que debemos entender que concorre a vulneración da que tratamos.
Esta vulneración implica un dano moral en si mesma, tal coma ten declarado a xurisprudencia, pero no caso que nos ocupa tal dano é aínda máis evidente porque a traballadora debe desprazarse a unha distancia do seu domicilio importante cada día co aumento en tempo e esforzo que iso implica para a conciliación da súa vida laboral e familiar.
Compre estimarmos a pretensión de indemnización na cantidade de 3.000 euros que estimamos axeitada para compensar tales danos.
Fallo
ACOLLO parcialmente a demanda presentada por dona Ana contra DIRECCION000.
DECLARO o dereito da traballadora demandante a que a empresa demandada a traslade a un centro de traballo máis próximo ó seu domicilio, centro de traballo que se ache nas localidades de DIRECCION001, DIRECCION002 ou DIRECCION003.
CONDENO á empresa demandada a estar e pasar polo contido desta declaración
DECLARO vulnerado o dereito fundamental da traballadora demandante a non ser discriminada e CONDENO á empresa demandada a indemnizala na cantidade de 3.000 euros.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra a mesma poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que atinxe ó pronunciamento verbo da vulneración de dereitos fundamentais, recurso que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito diante deste Xulgado no prazo de cinco días a partires da notificación da presente resolución.
Emítase testemuño desta resolución para a súa unión ó procedemento do que trae causa e lévese o orixinal ó Libro de Sentenzas deste Xulgado.
Así por esta sentenza o pronuncio, mano e asino.

