Última revisión
14/01/2025
Sentencia Social 401/2024 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 519/2024 de 15 de octubre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 13 min
Orden: Social
Fecha: 15 de Octubre de 2024
Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6
Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO
Nº de sentencia: 401/2024
Núm. Cendoj: 36057440062024100017
Núm. Ecli: ES:JSO:2024:2017
Núm. Roj: SJSO 2017:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00401/2024
RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO
Equipo/usuario: IS
Modelo: N02700
Procedimiento origen: /
Sobre: ORDINARIO
Vigo, 15 de outubro do 2024.
Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento número 519/2024 do Xulgado do Social nº 6 de Vigo dos que se seguen nese xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha acción de reclamación contra a vulneración do dereito de conciliación da vida laboral e familiar e acumulada de vulneración de dereitos fundamentais, pronuncio esta sentenza.
Foron partes no procedemento:
1.- demandante: Dionisio, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido polo Avogado don Birino Marcos Baamonde.
2.- demandada: Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada del Estado dona Isabel Alfonso Espiñeira.
3.- O Ministerio Fiscal, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.
Antecedentes
Compareceron todas as partes do procedemento, agás o Ministerio Fiscal que presentou escrito indicando que non consideraba precisa a súa asistencia.
No acto do xuízo practicouse a proba documental e de declaración de testemuñas, e todas partes comparecidas concluíron como tiveron a ben sobre o resultado das probas practicadas.
Hechos
O traballador percibe unha remuneración mensual bruta, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 2.150,76 euros (feitos non controvertidos, nómina).
A empresa demandada contestoulle ó demandante na data 25/04/2024 que: "consultado con el Area de producción nos informan que con la implantación del R24, la ruta de trasnporte ha retrasado su llegada siendo el horario general de entrada en su unidad a las 07:30 horas. A partir de las 07:00 horas sería necesario algún empleado para la organización de la clasificación por lo que se le podría ofrecer realizar dicho hoariro a pesar de no quedar justificada la necesidad en base a la documentación aportada. Si esta oferta es de su interés nos lo debe comunicar. En base a las razones objetivas argumentadas, no es posible acceder a su solicitud de realizar un horario de 06:30 a 14:00, para ello puede hacer uso de los permisos regulados en convenio como puede ser una reducción de jornada" (solitude e contestación achegadas ó procedemento).
Na Unidade do traballador demandante só un traballador xefe de equipo accede ó centro de traballo ás 06:45 horas. Á 07:00 horas acceden catro carteiros e outro xefe de equipo. O resto dos carteiros accede ás 076:30 horas.
Dende ás 06:45 oras pódense imprimir burofaxes e ensobralos (declaración das testemuñas)
Fundamentos
En el caso de que tengan hijos o hijas, las personas trabajadoras tienen derecho a efectuar dicha solicitud hasta que los hijos o hijas cumplan doce años.
Asimismo, tendrán ese derecho aquellas que tengan necesidades de cuidado respecto de los hijos e hijas mayores de doce años, el cónyuge o pareja de hecho, familiares por consanguinidad hasta el segundo grado de la persona trabajadora, así como de otras personas dependientes cuando, en este último caso, convivan en el mismo domicilio, y que por razones de edad, accidente o enfermedad no puedan valerse por sí mismos, debiendo justificar las circunstancias en las que fundamenta su petición.
En la negociación colectiva se podrán establecer, con respeto a lo dispuesto en este apartado, los términos de su ejercicio, que se acomodarán a criterios y sistemas que garanticen la ausencia de discriminación, tanto directa como indirecta, entre personas trabajadoras de uno y otro sexo. En su ausencia, la empresa, ante la solicitud de la persona trabajadora, abrirá un proceso de negociación con esta que tendrá que desarrollarse con la máxima celeridad y, en todo caso, durante un periodo máximo de quince días, presumiéndose su concesión si no concurre oposición motivada expresa en este plazo.
Finalizado el proceso de negociación, la empresa, por escrito, comunicará la aceptación de la petición. En caso contrario, planteará una propuesta alternativa que posibilite las necesidades de conciliación de la persona trabajadora o bien manifestará la negativa a su ejercicio. Cuando se plantee una propuesta alternativa o se deniegue la petición, se motivarán las razones objetivas en las que se sustenta la decisión.
La persona trabajadora tendrá derecho a regresar a la situación anterior a la adaptación una vez concluido el período acordado o previsto o cuando decaigan las causas que motivaron la solicitud.
En el resto de los supuestos, de concurrir un cambio de circunstancias que así lo justifique, la empresa sólo podrá denegar el regreso solicitado cuando existan razones objetivas motivadas para ello.
Lo dispuesto en los párrafos anteriores se entiende, en todo caso, sin perjuicio de los permisos a los que tenga derecho la persona trabajadora de acuerdo con lo establecido en el artículo 37 y 48 bis.
Las discrepancias surgidas entre la dirección de la empresa y la persona trabajadora serán resueltas por la jurisdicción social, a través del procedimiento establecido en el artículo 139 de la Ley 36/2011, de 10 de octubre, reguladora de la jurisdicción social ".
A primeira precisión que debemos facer é que o traballador na súa demanda non postula o mesmo horario que postulou na petición á empresa e que foi o que esta tivo en conta para lle denegar a súa solicitude. E, malia o argumentado pola demanadante, non é o mesmo postular un horario que outro diverso, por moito que a diferenza sexa escasa, porque implica xeitos diversos de organizar o traballo.
En segundo lugar, entendo que o traballador non proba cáles son as súas necesidades (de feito non as concreta) que motivan a petición que formula, necesidades que nin sequera lle indica á empresa. Do contido do seu escrito descoñecemos cál é a causa que motiva a súa petición. A nai do traballador ten recoñecida unha porcentaxe de discapacidade do 51 %, pero dende o ano 2005, non constan probadas as limitacións á mobilidade que padecía no intre de realizar a solicitude e nin sequera se achegou ó procedemento a parte do expediente de discapacidade que indica cáles son os problemas de mobilidade. Só conta dificultade para empregar transporte público, pero descoñecemos porque adiantar a entrada quince minutos e adiantar a saída outros quince minutos pode influir no coidado da súa nai e nos eventuais atrancos de mobilidade (que descoñecemos cáles son).
A propia parte demandante recoñeceu que a nai do traballador tivera unha caída en data posterior á solicitude, polo que non podemos valorar o contido do informe médico achegado por non reflectir a situación existente no intre de solicitar a adaptación.
Non se articula ningunha argumentación ou petición ligada á vulneración de dereitos fundamentais, polo que a chamada ó procedemento ó Ministerio Fiscal careceu de xustificación.
E, polo exposto, compre rexeitarmo a pretensión contida na demanda.
Fallo
REXEITO a demanda presentada por don Dionisio contra Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos S.A., á que ABSOLVO das pretensións formuladas contra dela.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que é firme e que contra a mesma non poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que atinxe ó pronunciamento verbo da vulneración de dereitos fundamentais, recurso que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito diante deste Xulgado no prazo de cinco días a partires da notificación da presente resolución.
Emítase testemuño desta resolución para a súa unión ó procedemento do que trae causa e lévese o orixinal ó Libro de Sentenzas deste Xulgado.
Así por esta sentenza o pronuncio, mano e asino.
