Sentencia Social 206/2025...o del 2025

Última revisión
06/08/2025

Sentencia Social 206/2025 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 560/2024 de 15 de mayo del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 35 min

Orden: Social

Fecha: 15 de Mayo de 2025

Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Nº de sentencia: 206/2025

Núm. Cendoj: 36057440062025100005

Núm. Ecli: ES:JSO:2025:1884

Núm. Roj: SJSO 1884:2025

Resumen:
ORDINARIO

Encabezamiento

XDO. DO SOCIAL N. 6

VIGO

SENTENCIA: 00206/2025

-

RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO

Tfno:886218430-218952-53

Fax:

Correo Electrónico:social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: JO

NIG:36057 44 4 2024 0003881

Modelo: N02700 SENTENCIA

PEF DCHO CONCILIA VIDA PERSONAL,FAM Y LABORAL 0000560 /2024

Procedimiento origen: /

Sobre: ORDINARIO

DEMANDANTE/S D/ña: Baltasar

GRADUADO/A SOCIAL:MARIA CRISTINA MARTINS FERNANDEZ

DEMANDADO/S D/ña: DIRECCION000.

ABOGADO/A:TAMAR HIDALGO GONZALEZ

SENTENZA

Vigo, 15 de maio do 2025.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento nº 560/2024 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha reclamación en materia de conciliación de la vida laboral y familiar, pronuncio a presente sentenza. Foron partes no procedemento:

1.- demandante: Baltasar, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido pola Graduada Social dona María Cristina Martíns Fernández.

2.- demandado: DIRECCION000., que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogada dona Tamar Hidalgo González.

3.- Ministerio Fiscal, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.

Antecedentes

Na data 10/06/2024 a parte demandante presentou demanda no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo. Na mesma o demandante, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditara sentenza na que se estimara a demanda e se recoñecera o dereito do demandante á adaptación da xornada e concreción da mesma consistente en permanecer na quenda da fin de semana ou, subsidiariamente, en traballar na quenda de mañá con horario reducido solicitado polo traballador.

Solicitou, asemade, que se declare a vulneración do dereito á igualdade ou tutela xudicial efectiva do traballador, condenando á empresa a facerlle pagamento dunha indemnización por importe de 10.000 euros.

SEGUNDO.-Admitida a trámite a demanda, sinalouse para os actos de conciliación e xuízo o día 06/05/2025, data na que tiveron lugar e ós que compareceu a parte demandante, quen se ratificou nas alegacións e pretensións que constan na demanda.

A demandada compareceu no acto do xuízo e contestou á demanda consonte ó contido da acta videográfica.

O Ministerio Fiscal non compareceu no acto do xuízo.

Foi proposta e admitida a proba documental, de interrogatorio do demandado e de declaración de testemuñas.

As partes comparecidas formularons as súas conclusións coma tiveron por convinte.

TERCEIRO.-O presente procedemento foi tramitado consonte as normas aplicables.

Hechos

1.- A parte demandante, don Baltasar, con DNI nº NUM000, ven prestando os seus servizos para a empresa DIRECCION000. por causa dunha relación laboral indefinida a xornada completa, unha antiguidade do 02/02/2015 unha categoría de Especialista cualificado.

O traballador percibe un salario bruto mensual, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 3.225 euros (feitos non controvertidos, nóminas).

2.-Datada o día 20/04/2024 a empresa entregoulle ó traballador demandante unha comunicación co seguinte contido: "Por razones económicas, organizativas y de producción, debido a la bajada de los niveles de demanda, el área de trabajo de Rectificado de Jaula a la que usted pertenece deja de tener carga de trabajo en el turno de fin de semana. Por este motivo, le comunicamos que, en el plazo de quince días a partir de la recepción de esta carta, dejará usted de estar asignado al turno de fin de semana y deberá incorporarse el día 9 de mayo al turno B-15 en el mismo área" (comunicación indicada).

3.-Dende o 09/05/2024 o traballador presta servizos en quendas alternativas de mañá, de 06:00 a 14:00 horas e de tarde, de 14:00 a 22:00 horas.

O traballador solicitou na data 22/04/2024 ó abeiro do contido do artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores permanecer na quenda de fin de semana e a empresa lle contestou por escrito de data 27/04/2024 que non procedía a súa petición á vista do peche da quenda de fin de semana.

Na data 08/05/2024 o traballador solicitou ó abeiro do contido do artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores a adaptación da súa xornada de traballo, solicitando quenda fixa de mañá co seguinte horario: luns, de 05:45 a 13:45 horas; martes e mércores de 07:45 a 13:45 hroas; xoves, de 09:45 a 13:45 horas e venres de 05:45 a 12:45 horas.

A empresa demandada contestou por medio de escrito de data 16/05/2024 no que lle indicou que non podía antender a solicitude do traballador.

O día 25/05/2024 o traballador presenta novo escrito no que solicita adapataicón de xornada ó abeiro do contido do artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores, solcitando a realización do seguinte horario: luns, de 05:45 a 13:45 horas; martes , mércores e xoves de 09:45 a 13:45 horas e venres de 05:45 a 13:45 horas.

Na data 10/06/2024 a empresa solicítalle ó traballador información verbo de se pode prestar servizos na quenda de tarde para ver se lle podÍa conceder conciliación combinando as necesidades das diferentes persoas que solicitaron adaptación de xornada (escritos indicados de ambas partes).

4.-Na actualidade o Taller de Rectificado de Jaula non ten actividade na quenda do fin de semana. Do Baltasar só ten formación para o Taller de Rectificado de Xaulas. En ocasións presta servizos auxiliares noutros talleres . Do Baltasar solicitou formación da que proporciona a empresa sen que esta lla dera (declaración das testemuñas).

5.-O traballador ten dende o 01/03/2021 a custodia compartida dos seus fillos. No convenio regulador tívose en conta que o traballdor prestaba servizos na quenda de fin de semana e establecéndose que, xeralmente, o pai terá na súa compaña ós menores de luns a mércores ou de luns a xoves, recollendo ós menores o día de inicio no colexio ás 14:00 horas e deixándoos coa outra proxenitora o día de fin ás 21:00 horas. No convenio estableceuse que a nai tería ós menores na súa compaña de xoves a domingo ou de venres a domingo (feito no controvertido, convenio regulador).

Fundamentos

PRIMEIRO.-Consonte o contido do artigo 97.2 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, os anteriores feitos probados resultan do meu exame e valoración da proba que foi practicada no acto do xuízo, conforme ás regras da san e imparcial crítica, efectuada en relación con cada un dos medios de proba e, fundamentalmente, da proba documental achegada.

Compre termos en conta que non se impugnaron os documentos achegados, coa consecuencia que para esta circunstancia determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.

O feito declarado cuarto obtense da declaración da testemuña, malia amosar esta testemuña, ó meu xuízo, un claro interese en apoiar a posicion do demandante.

SEGUNDO.-Establece o artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores que:

"8.Las personas trabajadoras tienen derecho a solicitar las adaptaciones de la duración y distribución de la jornada de trabajo, en la ordenación del tiempo de trabajo y en la forma de prestación, incluida la prestación de su trabajo a distancia, para hacer efectivo su derecho a la conciliación de la vida familiar y laboral. Dichas adaptaciones deberán ser razonables y proporcionadas en relación con las necesidades de la persona trabajadora y con las necesidades organizativas o productivas de la empresa.

En el caso de que tengan hijos o hijas, las personas trabajadoras tienen derecho a efectuar dicha solicitud hasta que los hijos o hijas cumplan doce años.

Asimismo, tendrán ese derecho aquellas que tengan necesidades de cuidado respecto de los hijos e hijas mayores de doce años, el cónyuge o pareja de hecho, familiares por consanguinidad hasta el segundo grado de la persona trabajadora, así como de otras personas dependientes cuando, en este último caso, convivan en el mismo domicilio, y que por razones de edad, accidente o enfermedad no puedan valerse por sí mismos, debiendo justificar las circunstancias en las que fundamenta su petición.

En la negociación colectiva se podrán establecer, con respeto a lo dispuesto en este apartado, los términos de su ejercicio, que se acomodarán a criterios y sistemas que garanticen la ausencia de discriminación, tanto directa como indirecta, entre personas trabajadoras de uno y otro sexo. En su ausencia, la empresa, ante la solicitud de la persona trabajadora, abrirá un proceso de negociación con esta que tendrá que desarrollarse con la máxima celeridad y, en todo caso, durante un periodo máximo de quince días, presumiéndose su concesión si no concurre oposición motivada expresa en este plazo.

Finalizado el proceso de negociación, la empresa, por escrito, comunicará la aceptación de la petición. En caso contrario, planteará una propuesta alternativa que posibilite las necesidades de conciliación de la persona trabajadora o bien manifestará la negativa a su ejercicio. Cuando se plantee una propuesta alternativa o se deniegue la petición, se motivarán las razones objetivas en las que se sustenta la decisión.

La persona trabajadora tendrá derecho a regresar a la situación anterior a la adaptación una vez concluido el período acordado o previsto o cuando decaigan las causas que motivaron la solicitud.

En el resto de los supuestos, de concurrir un cambio de circunstancias que así lo justifique, la empresa sólo podrá denegar el regreso solicitado cuando existan razones objetivas motivadas para ello.

Lo dispuesto en los párrafos anteriores se entiende, en todo caso, sin perjuicio de los permisos a los que tenga derecho la persona trabajadora de acuerdo con lo establecido en el artículo 37 y 48 bis.

Las discrepancias surgidas entre la dirección de la empresa y la persona trabajadora serán resueltas por la jurisdicción social, a través del procedimiento establecido en el artículo 139 de la Ley 36/2011, de 10 de octubre, reguladora de la jurisdicción social ".

Non podemos esquecer, no que atinxe á interpretación do contido do precepto que analizamos, que nos achamos nun eido, o da conciliación da vida laboral e familiar, no que xoga un papel esencial o respeto ó dereito fundamental recollido no artigo 14 da Consitución Española que se sitúa no cerne da configuración do dereito a conciliar do que tratamos.

Tal coma argumenta a sentenza do Tribunal Superior de Galicia do 16/05/2023, "Porque no podemos olvidar de que tratamos de la operatividad de un Derecho Fundamental; de hecho, lo dice la propia Exposición de Motivos citada y lo podemos averiguar de la configuración de los derechos de conciliación en el ET. Como advertíamos en otras decisiones anteriores, la primera pista se hallaba en la Exposición de Motivos de la Ley 39/1999, de 5 noviembre, para promover la conciliación de la vida familiar y laboral de las personas trabajadoras, que se publicó para trasponer las Directivas del Consejo 92/85/CEE, de 19 de octubre, y 96/34/CE, del Consejo, de 3 de junio, donde se recoge: "La Ley introduce cambios legislativos en el ámbito laboral para que los trabajadores puedan participar de la vida familiar, dando un nuevo paso en el camino de la igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres". Se incardinaba en el principio de igualdad de trato de hombres y mujeres contenido en el artículo 3.2 del por aquel entonces Tratado Constitutivo de la Comunidad Europea, modificado por el Tratado de Ámsterdam, que ligaba a ese principio el de igualdad de oportunidades de unos y otros en el mercado (artículo 137.1), lo que se asevera como otra pista, y la adopción de acciones positivas para "compensar sus desventajas en sus carreras profesionales" (artículo 141.4), entre las que se citaba la asunción de las cargas familiares por las mujeres, cuya reversión ha constituido el bastión de la metamorfosis de la conciliación de la vida personal, familiar y laboral en el concepto de corresponsabilidad. Los preceptos citados coinciden exactamente con los artículos 153.1 y 157.3 del vigente Tratado de Funcionamiento de la Unión Europea ,y el tema de la conciliación está desarrollado en el marco europeo por la reciente Directiva (UE) 2019/1158 ,continuidad de la que deroga, y ulterior pista, la Directiva 1996/34 ,y en esa medida conformadora del desarrollo del principio de igualdad de trato por razón de sexo (vertiente positiva) o de la interdicción de la discriminación (vertiente negativa) a través de la conciliación de la vida personal, familiar y laboral que lima los impedimentos de la sociedad para el logro de la igualdad de oportunidad de mujeres y hombres en el mercado de trabajo. En definitiva, desde una perspectiva constitucional los derechos de conciliación son Derechos Fundamentales, dada su vinculación con la prohibición de discriminación sexista y con el derecho a la intimidad familiar ( artículos 14 y 18 CE ),la citada Directiva (UE) 2019/1158 lo expresa con claridad en su Preámbulo: «a fin de animar a los trabajadores que sean progenitores y cuidadores a permanecer en el mercado laboral, estos deben poder adaptar su calendario de trabajo a sus necesidades y preferencias personales». Con lo cual, el artículo 34.8 ET se integra en el Derecho Fundamental a la conciliación de la vida familiar y laboral de las personas trabajadoras".

No presente caso o traballador solicitou inicialmente a permanencia na quenda de fin de semana e, posteriormente diante da negativa da empresa, o cambio de horario na quenda de mañá por conciliación, e a entidade demandada denegoulle de plano todas as peticións por causas púramente formais e organizativas, e non procedeu a abrir negociación algunha co traballador nin ofreceu alternativa ningunha.

Compre advertirmos que o que vai modificando a súa petición é o traballador á vista das sucesivas negativas da empresa, pero a empresa non lle ofreceu alternativa específica algunha, por exemplo, darlle formación para que poidera prestar servizos noutros talleres.

Non deixa de ser salientable que unha empresa da entidade da demandada non abra un procedemento de negociación para dar resposta individualizada a unha petición que, coma xa indicamos e razoa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten o seu cerne na protección de dereitos fundamentais, porque a empresa cínguese a oporse á pretensión do traballador por motivos esencialmente xenéricos que en ningún momento teñen en consideración as circunstancias persoais do traballador.

Tal coma argumenta a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza que vimos analizando:

"Y en este punto es pertinente recordar lo que decíamos en la STSJ Galicia 25/05/21 R. 335/21 -de esta misma sección y ponente-, "es al empresario al que le incumbe demostrar que confluyen razones más poderosas, normalmente organizativas, que le impiden su disfrute en los términos propuestos por la trabajadora; y tan solo cuando dichas razones se hayan probado, en caso de colisionar ambos derechos, será la trabajadora quien deba probar las razones que legitiman su posición y su interés en su nuevo horario" (STSJ/Andalucía 03/05/18 R. 979/18). Pero, a tal efecto, no son suficientes razones organizativas de carácter genérico, sino que debe indicar, de forma concreta, la imposibilidad o la importante dificultad de aceptar el nuevo horario propuesto por la trabajadora. Y así, la STSJ Galicia 20/11/17 R. 3626/17 ,nos da pautas interpretativas cuando dice: "El relato fáctico no consigna las razones de tipo organizativo, técnicas o productivas (p.ej. turnos de mayor/menor actividad, existencia de turnos fijos o no de otras trabajadoras, modalidad o modalidades de horario laboral vigentes, adscripción de trabajadoras a uno u otro horario, existencia de trabajadora/s con o sin reducción de jornada, cambios en los medios o métodos de trabajo, aumento o disminución de clientela) en base a las que, únicamente, la empresa puede oponerse al ejercicio del derecho de conciliación de la demandante a la adaptación de jornada ( TSJ Galicia s. 27-6-2017 /r. 30-2017 , TSJ Madrid s. 19-7-2017 /r. 1182- 2016 ),y que, por tanto, pudieran justificar su negativa a su reconocimiento que, por el contrario ahora resulta amparado por los artículos 14 , 39 CE y 37 ET ,".

A conclusión que tiramos é que, en primeiro lugar, a empresa incumpríu o seu deber de negociación e, en segundo lugar, non probou razóns organizativas dabondo individualizadas neste caso, que amparen a súa decisión de non aceptar a petición do traballador, tendo en conta que este probou cumpridamente que na súa situación persoal e familiar si concorrían fundadas razóns para solicitar e obter un traslado de centro de traballo.

E, polo exposto, compre acollermos a súa pretensión.

TERCEIRO.-Alega O traballador a vulneración dos seus dereito fundamentais e reclama unha indemnización por importe de 10.000 euros.

Para resolvermos a cuestión é preciso atendermos a varios parámetros, o primeiro deles a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que argumenta na súa sentenza do 20/10/2008, recurso 2899/2006, o seguinte:

"Tratándose de la tutela frente a actos lesivos de derechos fundamentales, hemos subrayado de forma reiterada la importancia que en relación con la misma tiene la regla de la distribución de la carga de la prueba. Con objeto de precisar con nitidez los criterios aplicables en materia probatoria cuando están en juego posibles vulneraciones de derechos fundamentales en el ámbito de las relaciones laborales resulta oportuno remitirse a lo señalado en nuestra STC 87/2004, de 10 de mayo (FJ 2). Decíamos allí, sistematizando y resumiendo nuestra reiterada doctrina anterior, que la necesidad de garantizar que los derechos fundamentales del trabajador no sean desconocidos por el empresario bajo la cobertura formal del ejercicio por parte de éste de los derechos y facultades reconocidos por las normas laborales para organizar las prestaciones de trabajo, pasa por considerar la especial dificultad que en no pocas ocasiones ofrece la operación de desvelar en los procedimientos judiciales correspondientes la lesión constitucional, encubierta tras la legalidad sólo aparente del acto empresarial. Una necesidad tanto más fuerte cuanto mayor es el margen de discrecionalidad con que operan en el contrato de trabajo las facultades organizativas y disciplinarias del empleador. Precisamente la prevalencia de los derechos fundamentales del trabajador y las especiales dificultades probatorias de su vulneración en aquellos casos, constituyen las premisas bajo las que la jurisprudencia constitucional ha venido aplicando la específica distribución de la carga de la prueba en las relaciones de trabajo, hoy recogida en los arts. 96 y 179.2 de la Ley de procedimiento laboral (LPL ).

La finalidad de la prueba indiciaria no es sino la de evitar que la imposibilidad de revelar los verdaderos motivos del acto empresarial impida declarar que éste resulta lesivo del derecho fundamental ( STC 38/1981, de 23 de noviembre , FFJJ 2 y 3), finalidad en torno a la cual se articula el doble elemento de la prueba indiciaria. El primero, la necesidad por parte del trabajador de aportar un indicio razonable de que el acto empresarial lesiona su derecho fundamental ( STC 38/1986, de 21 de marzo , FJ 2), principio de prueba dirigido a poner de manifiesto, en su caso, el motivo oculto de aquél; un indicio que, como ha venido poniendo de relieve la jurisprudencia de este Tribunal, no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla se haya producido (así, SSTC 114/1989, de 22 de junio, FJ 5 , y 85/1995, de 6 de junio , FJ 4). Sólo una vez cubierto este primer e inexcusable presupuesto puede hacerse recaer sobre la parte demandada la carga de probar que su actuación tiene causas reales absolutamente extrañas a la pretendida vulneración de derechos fundamentales, así como que aquéllas tuvieron entidad suficiente como para adoptar la decisión, único medio de destruir la apariencia lesiva creada por los indicios. Se trata de una auténtica carga probatoria y no de un mero intento de negar la vulneración de derechos fundamentales - lo que claramente dejaría inoperante la finalidad de la prueba indiciaria ( STC 114/1989, de 22 de junio , FJ 4)-, que debe llevar a la convicción del juzgador que tales causas han sido las únicas que han motivado la decisión empresarial, de forma que ésta se hubiera producido verosímilmente en cualquier caso y al margen de todo propósito vulnerador de derechos fundamentales. Se trata, en definitiva, de que el empleador acredite que tales causas explican objetiva, razonable y proporcionadamente por sí mismas su decisión, eliminando toda sospecha de que aquélla ocultó la lesión de un derecho fundamental del trabajador ( SSTC 38/1981, de 23 de noviembre, FJ 3 , y 136/1996, de 23 de julio , FJ 6, por ejemplo)".

Precisa, pola súa banda, a sentenza do Tribunal Constitucional de 22/06/1989, recurso nº 661/1987, que:

" La exigencia es probatoria, consiste para el empresario en una verdadera carga probatoria, y no en un mero intento probatorio. Por lo mismo, ha de llevar al ánimo del juzgador no la duda, sino la convicción de que el despido fue absolutamente extraño a todo propósito discriminatorio. Y esto ha de ser así en uno u otro aspecto, porque de otro modo, si bastaran el mero intento probatorio y la simple duda en el juzgador, el encubrimiento empresarial del despido discriminatorio sería tan fácil como inoperantes, por falta de adecuada y suficiente protección, los derechos fundamentales acogidos en los arts. 14. 16 y 28.1 de la Constitución en su proyección laboral".

Recollendo esta xurisprudencia do Tribunal Constitucional, o Tribunal Supremo en relación coa pretensión de nulidade do despedimento e a articulación da carga da proba nestes supostos, argumenta, tal como se reflicte na súa sentenza de data 14 de febreiro do ano 2012:

"- Sin embargo, y esto es lo determinante, para que opere este desplazamiento al empresario del onus probandi no basta simplemente con que el trabajador afirme su carácter discriminatorio [ STC 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2), sino que ha de acreditar la existencia de indicio que «debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla [la vulneración constitucional] se haya producido» ( SSTC 114/1989, de 22/Junio , F. 5 ; 85/1995, de 06/Junio , F. 4 ; 144/2005, de 06/Junio, F. 3 ; y 171/2005, de 20/Junio , F. 3), que genere una razonable sospecha, apariencia o presunción en favor de semejante afirmación; es necesario que por parte del actor se aporte una «prueba verosímil» ( STC 207/2001, de 22/Octubre , F. 5) o «principio de prueba» revelador de la existencia de un panorama discriminatorio general o de hechos de los que surja la sospecha vehemente de una discriminación por razón de sexo, sin que sea suficiente la mera afirmación de la discriminación (por todas, SSTC 308/2000, de 18/Diciembre , F. 3 ; 41/2002, de 25/Febrero , F. 3 ; 17/2003, de 30/Enero, F. 3 ; 98/2003, de 02/Junio , F. 2 ; 188/2004, de 02/Noviembre, F. 4 ; 38/2005, de 28/Febrero, F. 3 ; 175/2005, de 04/Julio, F. 4 ; 326/2005, de 12/Diciembre, F. 6 ; 138/2006, de 08/Mayo, F. 5 ; 168/2006, de 05/Junio, F. 4 ; 342/2006, de 11/Diciembre, F. 4 ; y 74/2008, de 23/Junio F. 2).

Además, ese indicio no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de la lesión ( SSTC 21/1992, de 14/Febrero, F. 3 ; 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2 ;87/1998, de 21/Abril ; 293/1993, de 18/Octubre ; 140/1999, de 22/Julio ; 29/2000, de 31/Enero ; 308/2000, de 18/Diciembre, F. 3 ; 136/2001, de 18/Junio ; 142/2001, de 18/Junio, F. 5 ; 207/2001, de 22/Octubre ; 214/2001, de 29/Octubre ; 14/2002, de 28/Enero , F. 4 ; 29/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 30/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 41/2002, de 25/Febrero, F. 3 ; 48/2002, de 25/Febrero F. 5 ; 84/2002, de 22/Abril F. 3, 4 y 5 ; 5/2003, de 20/Enero ; 617/2003, de 30/Enero ; 151/2004, de 20/Septiembre ; y 326/2005, de 12/Diciembre , F. 6). Y «tendrán aptitud probatoria tanto los hechos que sean claramente indicativos de la probabilidad de la lesión del derecho sustantivo, como aquellos que, pese a no generar una conexión tan patente y resultar por tanto más fácilmente neutralizables, sean sin embargo de entidad suficiente para abrir razonablemente la hipótesis de la vulneración del derecho fundamental. Esto es, dicho en otras palabras, son admisibles diversos resultados de intensidad en la aportación de la prueba que concierne a la parte actora, pero deberá superarse inexcusablemente el umbral mínimo de aquella conexión necesaria, pues de otro modo, si se funda la demanda en alegaciones meramente retóricas o falta la acreditación de elementos cardinales para que la conexión misma pueda distinguirse, haciendo verosímil la inferencia, no se podrá pretender el desplazamiento del onus probandi al demandado» ( ATC 89/2000, de 21/Marzo ; y SSTC 17/2003, de 30/Enero ; y 151/2004, de 20/Septiembre ). No obstante, el indicio ha de ser acreditado por hechos indicativos de la probabilidad de la lesión o la razonable hipótesis de ella, pero no simples alegaciones retóricas ( SSTC 111/2003, de 16/Junio , F. 4 ; 79/2004, de 5/Mayo, F. 3 ; y 168/2006, de 05/Junio".

No presente caso xa indicamos que a petición dO traballador ácha o seu marco legal na protección dos seus dereitos fundamentai. No presentee caso entendo que existen indicios de descoñecemento dos seus dereitos fundamentais, como é a denegación pura e simple da pretensión do traballador e o feito de que non se lle proporcionara a formación que solicitou e que ampliaría as súas capaciadades para que lle fora adaptado o horario.

Dada a existencia de indicios, atinxíalle á empresa a carga de probar que a denegación non se baseu neste descoñecemento dos seus dereitos fundamentais a non ser discrimiando por razón da súa condición familiar, pero a negativa xenérica da empresa, non enche a proba da que tratamos, polo que debemos entender que concorre a vulneración da que tratamos.

Esta vulneración implica un dano moral en si mesma, tal coma ten declarado a xurisprudencia, pero no caso que nos ocupa tal dano é aínda máis evidente porque a traballadora debe desprazarse a unha distancia do seu domicilio importante cada día co aumento en tempo e esforzo que iso implica para a conciliación da súa vida laboral e familiar.

Compre estimarmos a pretensión de indemnización na cantidade de 3.000 euros que estimamos axeitada para compensar tales danos.

QUINTO.-Contra esta resolución cabe interpor recurso á vista da existencia de pretensión de declaración de vulneración de dereitos fundamentais.

DAQUELA

Fallo

ACOLLO parcialmente a demanda presentada por don Baltasar contra DIRECCION000.

DECLARO o dereito do traballadora demandante a prestar os seus servizos na quenda da fin de semana.

CONDENO á empresa demandada a estar e pasar polo contido desta declaración

DECLARO vulnerado o dereito fundamental do traballador demandante a non ser discriminado e CONDENO á empresa demandada a indemnizalo na cantidade de 3.000 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma poderán interpoñer recurso de suplicaciónperante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán preparar neste Xulgado do Social dentro do prazo de cinco díasa contar desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza, consonte o previsto nos artigos 190 e seguintes da vixente Lei Reguladora da Xurisdición Social, segundo o establecido na Disposición transitoria segunda do mesmo texto legal, debendo, se fose a empresa condenada quen recorre, presentar resgardo acreditativo de ingresar o importe da condena na conta de Depósitos de consignaciones aberta no SANTANDER S.A. a nome desta oficina xudicial, número ES5500493569920005001274, debendo indicar no campo "concepto" 5425-0000-65-0560-24, así como de efectuar o depósito de 300 euros na mesma conta corrente a que anteriormente fíxose alusión, determinando a non achega dos indicados resgardos a non admisión a trámite do recurso, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadeiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

Emítase testemuño desta resolución para a súa unión ó procedemento do que trae causa e lévese o orixinal ó Libro de Sentenzas deste Xulgado.

Así por esta sentenza o pronuncio, mano e asino.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.