Sentencia Social 325/2023...o del 2023

Última revisión
15/01/2024

Sentencia Social 325/2023 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 710/2022 de 01 de agosto del 2023

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Social

Fecha: 01 de Agosto de 2023

Tribunal: Juzgado de lo Social Vigo

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Nº de sentencia: 325/2023

Núm. Cendoj: 36057440062023100064

Núm. Ecli: ES:JSO:2023:3637

Núm. Roj: SJSO 3637:2023

Resumen:
DESPIDO

Encabezamiento

XDO. DO SOCIAL N. 6

VIGO

SENTENCIA: 00325/2023

RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO

Tfno: 886218430-218952-53

Fax: 886218432

Correo Electrónico: social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: IS

NIG: 36057 44 4 2022 0004922

Modelo: N02700

DOI DESPIDO OBJETIVO INDIVIDUAL 0000710 /2022

Procedimiento origen: /

Sobre: DESPIDO

DEMANDANTE/S D/ña: Zulima

ABOGADO/A: EVA AGUILERA CHOUZA

DEMANDADO/S D/ña: SOCIEDAD CASTRO REBOREDA, S.L., FONDO DE GARANTIA SALARIAL FOGASA

ABOGADO/A: CARLOS COBIAN CASAL, LETRADO DE FOGASA

SENTENZA

Vigo, 1 de agosto do 2023.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado nº 6 de Vigo, o procedemento nº 710/2022 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha reclamación por extinción do contrato de traballo, pronuncio esta sentenza. Foron partes no procedemento:

1.- demandantes: Zulima, que compareceron no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada dona Eva Aguilera Chouza.

2.- demandados: Sociedad Castro Reboreda S.L., que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese; Fondo de Garantía Salarial, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido pola Letrada do Gogasa dona Ángeles Delgado Ballesteros.

Antecedentes

PRIMEIRO.- O día 02/11/2022 a parte demandante presentou demanda no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo. Na mesma a demandante, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditara sentenza na que se estimara a demanda e se declarase a improcedencia da decisión extintiva do contrato de traballo, condenado á parte demandada a que readmita ó traballador demandante despedido en iguais condicións de traballo das que mantiña, con pagamento dos salarios que deixara de percibir dende a data do despedimento ou, a opción da demandada, a facerlle pagamento dunha indemnización calculada a razón de 33 días por ano de servizo ata a data de despedimento, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e co tope cuantitativo máximo de 24 mensualidades. Solicitou a condena a pagamento do finiquito.

SEGUNDO.- Admitida a trámite a demanda, sinalouse para os actos de conciliación e xuízo o día 01/08/2023, data na que tiveron lugar e ós que compareceu a parte demandante, quen se ratificou nas alegacións e pretensións que constan na demanda.

Non compareceu a empresa demandada.

O Fogasa compareceu no procedemento e contestou á demanda consonte ó contido da acta videográfica do xuízo oral

Foron admitidas as probas de documental. No trámite das conclusións a parte demandante mantivo as súas pretensións. E o mesmo fixo o Fogasa.

TERCEIRO.- O presente procedemento foi tramitado consonte as normas aplicables.

Hechos

1.- A parte demandante, dona Zulima con DNI nº NUM000, veu prestando os seus servizos para a empresa Sociedad Castro Reboreda S.L. por causa dunha relación laboral indefinida, a xornada parcial de 20 horas á semana, cunha antiguidade do 12/07/2022 e unha categoría de Camareira.

A demandante percibía un salario bruto mensual, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 734,86 euros.

2.- Datada o día 13/09/2022, e con efectos desa mesma data, a traballadora demandante recibíu da empresa demandada carta de despedimento, carta que foi achegada no período probatorio e que damos aquí coma enteiramente reproducida (cartas de despedimento).

3.- A empresa demandada áchase de baixa no sistema da Seguridade Social e sen traballadores ó seu cargo dende o 11/10/2022 (certificación achegada polo Fogasa).

4.- A demandante non ostenta nin ostentou a representación legal dos traballadores.

5.- Esgotouse a via conciliatoria previa por medio de acto de conciliación que foi presentado diante do SMAC de Vigo na data 19/09/2022, téndose como intentada sen efecto na data 07/10/2022 (papeleta achegada coa demanda).

Fundamentos

PRIMEIRO.- Consonte o contido do artigo 97.2 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, os anteriores feitos probados resultan do meu exame e valoración da proba que foi practicada no acto do xuízo, conforme ás regras da sana e imparcial crítica efectuada en relación con cada un dos medios de proba e, fundamentalmente, pola proba documental, que non foi impugnada, coa consecuencia que, para esta circunstancia, determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.

O Fogasa articulou a excepción de caducidade, excepción que non ten acollida favorable. Á vista de que existe un festivo no período de tempo computable e que a demanda foi presentada na data 02/11/2022, o foi dentro do prazo legal de vinte días establecido polo Estatuto dos Traballadores e a Lei Reguladora da Xurisdición Social.

No que atinxe ás circunstancias da relación laboral, a traballadora non proba a xornada que postula na demanda, polo que debemos atender ó contido do contrato e das bases de cotización.

SEGUNDO.- No que atinxe á pretensión de declaración de improcedencia do despedimento, non quedou probada de xeito algún ningunha causa que motivara o cese da relación laboral.

Non consta que a empresa puxera a disposición dos traballadores cantidade algunha en concepto de indemnización polo despedimento nin que non o puidera facer por acharse en situación de falla de liquidez.

Xa que logo, o cese da relación laboral débese declarar despedimento improcedente.

TERCEIRO.- Dado que o despedimento foi realizado vixente a nova redacción do artigo 56 do Estatuto dos Traballadores efectuada polo Real Decreto Ley 3/2012 de 10 de febreiro de 2012, publicado no BOE de 11 de febreiro de 2012 e que entrou en vigor o día 12 de febreiro de 2012, as consecuencias legais do despedimento producido, consonte o artigo citado e coa disposición transitoria quinta do devandito Real Decreto, tradúcense na condena ó empresario para que, no prazo de cinco días dende a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o pagamento dunha indemnización equivalente a 45 días de salario por ano de servizo no que atinxe ó tempo de prestación de servizos anterior á entrada en vigor do Real Decreto Lei 3/2012 e ó pagamento dunha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo no que atinxe ó tempo de prestación de servizos posterior á mencionada entrada en vigor, sen que o importe da indemnización poida ser superior a 720 días de salario, agás que do cálculo da indemnización polo período anterior á entrada en vigor do Real Decreto Lei resultase un número de días superior, en cuxo caso aplicarase este como importe indemnizador máximo e sen que o mesmo poida ser superior a 42 mensualidades en ningún caso.

O pagamento da indemnización, do que se descontarán as cantidades xa percibidas en concepto de indemnización, determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cese efectivo do traballo. No caso de que a empresa opte pola readmisión, o traballador terá dereito ós salarios de tramitación, que equivalerán a unha cantidade igual á suma dos salarios que o traballador deixara de percibir dende a data do despedimento ata a notificación da sentenza que declarase a improcedencia ou ata que o traballador atopara outro emprego, se tal colocación fora anterior á sentenza e se probara polo empresario o que percibira, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

No suposto de que o empresario non optara entre a readmisión e a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Porén, no caso que nos ocupa consta que a empresa áchase de baixa, sen actividade e sen traballadores ó seu cargo, polo que a readmisión devén imposible. Solicitou ó Fogasa, ó abeiro do contido do artigo 110.1.a) da Lei Reguladora da Xurisdición Social a extinción da relación laboral, e procede estimar esta pretensión porque a readmisión é imposible.

Polo tanto, compre declaramos extinguida a relación laboral na data do despedimento, dado que xa consta a imposibilidade da readmisión, e condenarmos á empresa demandada a que lle faga pagamento da indemnización prevista no Estatuto dos Traballadores para o despedimento improcedente calculada ata a data do despedimento.

CUARTO.- No que atinxe á reclamación de cantidade, á vista do contido do artigo 26 e concordantes do Estatuto dos Traballadores e reclamado no presente procedemento o finiquito consistente no salario do mes de setembro do ano 2022, a traballadora proba a prestación de servizos durante 13 días do mes, polo que lle correspondía un salario de 314,07 euros pola prestación de servizos neses 13 días. Dado que a demandada non probou, coma lle atinxía, o pagamento dos salarios, debe ser condenada ó abono dos mesmos. Dado que constitúen salario, devengarán xuros moratorios liquidados ó tipo do 10 % anual.

Compre absolvermos ó Fogasa sen prexuízo das súas responsabilidades subsidiarias consonte ó contido do artigo 33 do Estatuto dos Traballadores.

QUINTO.- Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación (tal como establece o artigo 191.3 a) da Lei Reguladora da Xurisdicción Social), do que se advertirá ás partes.

DAQUELA

Fallo

ESTIMO parcialmente a demanda interposta por dona Zulima contra a empresa Sociedad Reboreda S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

DECLARO a improcedencia do despedimento efectuado á demandante con efectos do 13/09/2022.

DECLARO extinguida a relación laboral dos demandantes na data do despedimento

CONDENO a Sociedad Reboreda S.L. a facerlle pagamento a dona Zulima da cantidade de 139,92 en concepto de indemnización e da de 314,07 euros en concepto de salarios, cantidade esta última que devengará xuros moratorios liquidados ó tipò do 10 %.

ABSOLVO ó Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma poderán interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán preparar neste Xulgado do Social dentro do prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza, consonte o previsto nos artigos 190 e seguintes da vixente Lei Reguladora da Xurisdición Social.

Así, por esta a miña Sentenza, pronúncioo, mando e asino.

PUBLICACIÓN.- A anterior Sentenza foi pronunciada e publicada polo Ilmo. Sr. Maxistrado-Xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data e en Audiencia pública; inclúase o orixinal desta resolución no libro de Sentenzas, poñendo nos Autos certificación literal da mesma e remítese a cada unha das partes un sobre por correo certificado con acuse de recibo, contendo copia dela, conforme ao disposto no art. 56 e concordantes da LRXS Dou fé.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.