Sentencia Social 2/2023 J...o del 2023

Última revisión
16/06/2023

Sentencia Social 2/2023 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 513/2022 de 02 de enero del 2023

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 33 min

Orden: Social

Fecha: 02 de Enero de 2023

Tribunal: Juzgado de lo Social Vigo

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Nº de sentencia: 2/2023

Núm. Cendoj: 36057440062023100039

Núm. Ecli: ES:JSO:2023:1339

Núm. Roj: SJSO 1339:2023

Resumen:
DESPIDO

Encabezamiento

XDO. DO SOCIAL N. 6

VIGO

SENTENCIA: 00002/2023

RÚA PADRE FEIJOO Nº 1 - PLANTA 16ª 36204-VIGO

Tfno: 886218430-31,

Fax: 886218432

Correo Electrónico: social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: IS

NIG: 36057 44 4 2022 0003586

Modelo: N02700

DOI DESPIDO OBJETIVO INDIVIDUAL 0000513 /2022

Procedimiento origen: /

Sobre: DESPIDO

DEMANDANTE/S D/ña: Anton

ABOGADO/A: CESAR ANTONIO VAZQUEZ CAMIÑA

DEMANDADO/S D/ña: AYAN LOGISTICA S.L.

ABOGADO/A: MIKEL ZUBIGARAY RAMOS

SENTENZA

Vigo, 2 de xaneiro do 2023.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado nº 6 de Vigo, o procedemento nº 513/2022 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha reclamación por extinción do contrato de traballo, pronuncio esta sentenza. Foron partes no procedemento:

1.- demandante: Anton, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido polo Avogado don César González Camiña.

2.- demandada: Ayan Logística S.L., que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogado don Mikel Zubigaray Ramos.

Antecedentes

PRIMEIRO.- O día 02/08/2022 a parte demandante presentou demanda no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo. Na mesma a demandante, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditara sentenza na que se estimara a demanda e se declarase a improcedencia da decisión extintiva do contrato de traballo, condenado á parte demandada a que readmita ó traballador demandante despedido en iguais condicións de traballo das que mantiña, con pagamento dos salarios que deixara de percibir dende a data do despedimento ou, a opción da demandada, a facerlle pagamento dunha indemnización calculada a razón de 45 días de salario por ano de servizo dende a data de alta na empresa ata o 11 de febreiro de 2012 e a razón de 33 días por ano de servizo dende o 12 de febreiro de 2012 ata a data de despedimento, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e co tope cuantitativo máximo de 24 mensualidades.

SEGUNDO.- Admitida a trámite a demanda, sinalouse para os actos de conciliación e xuízo o día 12/12/2022, data na que tiveron lugar e ós que compareceu a parte demandante, quen se ratificou nas alegacións e pretensións que constan na demanda.

A empresa demandada compareceu no acto do xuízo e indicou que xa recoñecera a improcedencia na carta de despedimento e que, no que atinxe ó cálculo da indemnización, procedía excluir para o cómputo da antiguidade o período que o demandante estivera en situación de incapacidade permanente total. A demandante alegou que, dado que tal período durara menos de dous anos, con reserva de posto de traballo, debía ser tido en conta.

Foron admitidas as probas de documental. No trámite das conclusións a parte demandante mantivo as súas pretensións e o mesmo fixo a demandada.

TERCERO.- O presente procedemento foi tramitado consonte as normas aplicables.

Hechos

PRIMEIRO.- A parte demandante, don Anton, con DNI nº NUM000, veu prestando os seus servizos para a empresa Ayán Logística S.L. por causa dunha relación laboral indefinida, a xornada completa, dende o 15/10/2018 e unha categoría de Operador de Carretillas Elevadoras-Carretilleiro.

O demandante percibía un salario bruto diario, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 45,95 euros (feitos non controvertidos).

SEGUNDO.- Datada o día 17 de xuño do 2022, e con data de efectos do dese mesmo día, a empresa demandada entregoulle ó demanadante unha carta de despedimento, achegada ó procedemento e que damos aquí coma reproducida á vista de que non existe controversia entre as partes verbo da súa existencia, contido e circunstancias. Na carta de despedimento a empresa recoñecía a improcedencia do mesmo.

A empresa entregoulle ó traballador a cantidade de 3.598,32 euros en concepto de indemnización por despedimento (carta de despedimento achegada ó procedemento, finiquito).

TERCEIRO.- O traballador demandante permaneceu en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión, consonte ó artigo 48.2 do Estatuto dos Traballadores con carácter provisional e con obriga da empresa de reserva de posto de traballo durante dous anos, dende o 03/11/2020 ó 26/01/2022. O demandante non volveu a estar de alta na Seguridade Social na conta da empresa ata o 21/033/2022 (feito non controvertido, resolucións do INSS achegadas ó procedemento coma documentos 3 e 4 pola demandada, nóminas)

CUARTO.- O demandante non ostentou a representación legal ou sindical dos traballadores da empresa no último ano.

QUINTO.- Esgotouse a via conciliatoria previa por medio de acto de conciliación que foi presentado diante do SMAC de Vigo na data 15/07/2022, téndose como intentada sen efecto na data 02/08/2022).

Fundamentos

PRIMEIRO.- Consonte o contido do artigo 97.2 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, os anteriores feitos probados resultan do meu exame e valoración da proba que foi practicada no acto do xuízo, conforme ás regras da sana e imparcial crítica efectuada en relación con cada un dos medios de proba e, fundamentalmente, pola proba documental, que non foi impugnada, coa consecuencia que, para esta circunstancia, determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.

No que atinxe ó salario, no acto do xuízo a parte demandante aceptou o importe do salario diario postulado pola parte demandada no acto do xuízo de 45,95 euros brutos diarios, que é o que se desprende do prorrateo das cantidades percibidas polo demandante no período no que se reincorporou ó seu posto de traballo no ano 2022.

SEGUNDO.- No que atinxe á pretensión de declaración de improcedencia do despedimento, a empresa recoñeceu xa na carta de despedimento a improcedencia do mesmo.

Xa que logo, o despedimento débese declarar improcedente.

TERCEIRO.- No que atinxe ás consecuencias da declaración da improcedencia do despedimento, a controversia entre as partes áchase no cómputo da antiguidade do traballador, dato esencial para o cálculo da indemnización que lle corresponde.

Non existe controversia entre as partes verbo da circunstancia de que a relación laboral iniciouse o 15/10/2018 e que rematou o 17/06/2022, pero discrepan na inclusión ou non do cómputo do período que o traballador permaneceu en situación de incapacidade permanente total con dereito á reserva do posto de traballo.

Establece o artigo 48.2º do Estatuto dos Traballadores que ten lugar a suspensión do contrato con reserva do posto de traballo: " 2. En el supuesto de incapacidad temporal, producida la extinción de esta situación con declaración de incapacidad permanente en los grados de incapacidad permanente total para la profesión habitual, absoluta para todo trabajo o gran invalidez, cuando, a juicio del órgano de calificación, la situación de incapacidad del trabajador vaya a ser previsiblemente objeto de revisión por mejoría que permita su reincorporación al puesto de trabajo, subsistirá la suspensión de la relación laboral, con reserva del puesto de trabajo, durante un periodo de dos años a contar desde la fecha de la resolución por la que se declare la incapacidad permanente".

Polo tanto, no período que vai do 15/10/2018 ó 17/06/2022 a relación laboral estivo vixente, malia que en suspenso.

No que atinxe ó cómputo da antiguidade, a xurisprudencia parte da doutrina da unidade esencial do vínculo, e podemos atopar un resumo desta doutrina na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 23/01/2020, con cita da xurisprudencia do Tribunal Supremo:

"En la relación con la doctrina de la unidad esencial del vínculo existe múltiple jurisprudencia, pudiendo citarse la sentencia del TS de 21 de septiembre de 2017, rec 2764/2015 , en la que el Tribunal realiza una exposición de su doctrina sobre tal cuestión, citando a tal efecto otras muchas anteriores - SSTS de 8 marzo 2007 (rcud. 175/2004 Jurisprudencia citada a favorSTS, Sala de lo Social, Sección 1ª, 08-03-2007 (rec. 175/2004 )Cadena de contratos temporales. Consideración de la relación laboral como indefinida. Falta de contradicción. No aplicación de la doctrina constitucional sobre garantía de indemnidad por falta de contradicción. Computo de la antigüedad desde el primer contrato, a efectos del cálculo de la indemnización por despido, al acreditarse la unidad esencial del vínculo laboral.), 17 diciembre 2007 (rcud. 199/2004Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social , Sección: 1ª, 17/12/2007 (rec. 199/2004)Trabajadores de televisión de Galicia que han prestado servicios en virtud de multitud de contratos temporales. Computo de la antigüedad a efectos del cálculo de la indemnización por despido, desde el primero de los contratos.), 18 febrero 2009 (rcud. 3256/2007Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social , Sección: 1ª, 18/02/2009 (rec. 3256/2007)Contratos temporales sucesivos. Acreditación de la unidad esencial del vínculo. En estos casos la relación se considera indefinida y la antigüedad, a efectos cálculo indemnización por despido, se computa desde el inicio relación laboral, aunque haya habido interrupciones superiores a los veinte días hábiles o se haya llegado a firmar un recibo de finiquito seguido de un nuevo contrato. Reitera doctrina sentencias 8-3-07 (R-175/04 ) y 17-12-07 (R-199/04 ). ) y 17 marzo 2011 (rcud. 2732/2010 Sentencias relacionadasSTS , Sala de lo Social , Sección: 1ª, 17/03/2011 (rec. 2732/2010 )Antigüedad. Contratos temporales sucesivos. Si se acredita la unidad esencial del vínculo se estima que la antigüedad retrotrae a la fecha del primer contrato. Aunque existan interrupciones superiores a los treinta días. Aunque se hayan firmado recibos de finiquito por estar viciado el consentimiento dictado por la oferta de un nuevo contrato. )- y en las que se concluye que "se le haya quitado valor con carácter general a las interrupciones de menos de veinte días" (el plazo de caducidad para la acción de despido a la que hace referencia la recurrente) "pero, también, a interrupciones superiores a treinta días, cuando la misma no es significativa, dadas las circunstancias del caso, a efectos de romper la continuidad en la relación laboral existente". Y así la referida sentencia cita ejemplos en los que el Tribunal Supremo admitió la unidad esencial de vínculo en supuestos en donde la ruptura era superior a 30 días, como por ejemplo STS de 15 mayo 2015 (rec. 878/2014Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social , Sección: 1 ª, 15/05/2015 (rec. 878/2014 )Contratos temporales sucesivos. Acreditación de la unidad esencial del vínculo. En estos casos la relación se considera indefinida y la antigüedad, a efectos cálculo indemnización por despido, se computa desde el comienzo de la relación laboral, aunque haya habido interrupciones superiores a los veinte días hábiles o se haya llegado a firmar un recibo de finiquito seguido de un nuevo contrato. Reitera doctrina sentencias 8-3-07 (R-175/04 ), 17-12-07 (R-199/04 ) y 18/02/2009 (R-3256/2007 ) ) en la que mantiene la unidad del vínculo con una interrupción de 45 días, en la que el recurrente percibió prestaciones de desempleo, teniendo en cuenta el tiempo de prestación de servicios anterior y posterior (desde el 6 de mayo de 1996 al 11 de agosto de 2012), o la STS 129/2016 de 23 de febrero (rec. 1423/2014Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social, Sección: 1ª ,23/02/2016 (rec. 1423/2014) Indemnización por despido improcedente: antigüedad en la prestación continuada de servicios. No se acredita la ruptura de la unidad esencial del vínculo, pese al transcurso de 69 días. ) en donde transcurren 69 días de intervalo, en caso de reiterada contratación fraudulenta , o la STS 494/2017 de 7 junio (rec. 113/2015Jurisprudencia citadaSTS, Sala de lo Social, Sección 1 ª, 07-06-2017 (rec. 113/2015)) concluye que se han de tener en cuenta los servicios prestados desde el primero de los contratos temporales suscritos, en aplicación de la teoría de la unidad esencial de vínculo contractual, aunque haya habido dos interrupciones contractuales, primero de algo más de cuatro meses y después de más de uno, habida cuenta de que se trata de 14 años de prestación de servicios y de que el trabajador había adquirido la cualidad de indefinido en aplicación del art. 15.5 del ETLegislación citada que se aplicaReal Decreto Legislativo 1/1995, de 24 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores . art. 15 (08/07/2012). En similar sentido la STS 501/2017 de 7 junio (rec. 1400/2016 ) estudia si constituye una ruptura «significativa» que lleve a excluir la «unidad esencial» del vínculo contractual la interrupción por un período de 3 meses y 19 días, en una sucesión de contratos celebrados durante 14 años por la trabajadora recurrente. La respuesta es negativa.

Tras ese recorrido por los antecedentes jurisprudenciales la referida STS de 21 de septiembre de 2017, rec 2764/2015 concluye que : a) por un lado que rechaza que se deba atender con precisión aritmética a la duración de las interrupciones entre contratos sucesivos, (enfoque se abandonó cuando se superó la doctrina que operaba sobre el plazo de veinte días hábiles) sin que en sentencias posteriores se haya establecido un módulo distinto (nos habla del de 3 meses) como barrera universal, y a tal efecto cita que diversas sentencias de la Sala - 963/2016 de 8 de noviembre (rcud. 310/2015 Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social , Sección: 1ª, 08/11/2016 (rec. 310/2015 )Ayuntamiento de Sevilla. Despido. Antigüedad computable a efectos de indemnización. La unidad esencial del vínculo no se rompe por dos interrupciones que suman menos de cuatro meses en prestación de servicios durante 14 años. Reitera doctrina, STS/IV de 8 de noviembre de 2016 (RCUD. 310/201 ) dictada en supuesto idénticos al de autos (mismo empleador y trabajadora en igual situación).), 494/2017 de 7 junio (rec. 113/2015Jurisprudencia citadaSTS, Sala de lo Social, Sección 1ª, 07-06-2017 (rec. 113/2015) ) y 501/2017 de 7 junio (rec. 1400/2016Jurisprudencia citada a favorSTS , Sala de lo Social , Sección: 1ª, 07/06/2017 (rec. 1400/2016)Ayuntamiento de Sevilla. Despido. Antigüedad computable a efectos de indemnización. La unidad esencial del vínculo no se rompe por dos interrupciones de menos de cuatro meses en prestación de servicios durante unos 14 años. Reitera doctrina, STS/IV de 8 de noviembre de 2016 (RCUD. 310/201 ), y la más reciente en RCUD. 113/2015, dictadas en supuestos idénticos al de autos (mismo empleador y trabajadora en igual situación).) - han entendido que con una interrupción superior a tres meses es posible que siga existiendo una vinculación laboral recognoscible como tal, es decir, unitaria, y b) que necesariamente ha de estarse al caso concreto y que "`para adoptar la decisión final, por tanto, ha de atenerse al tiempo total transcurrido desde el momento en que se pretende fijar el inicio del cómputo, el volumen de actividad desarrollado dentro del mismo, el número y duración de los cortes, la identidad de la actividad productiva, la existencia de anomalías contractuales, el tenor del convenio colectivo y, en general, cualquier otro que se considere relevante a estos efectos"

Esta postura ha sido reiterada en pronunciamientos posteriores y más recientes como la de STS de 29 de junio de 2018, rec 2889/2016 , o la de STS de 28 de febrero de 2019, rec. 2768/2017 . En todos casos se insiste en la necesidad de apreciar las circunstancias para cada uno de los casos enjuiciados, y en concreto en la primera de las sentencias citadas (la de 21 de septiembre de 2017 ) se ejemplifica la aplicación de esta doctrina de la siguiente manera:

En suma: la STS de 2012 ni opta por un método matemático a la hora de apreciar la ruptura del vínculo, ni erige el módulo de tres meses como barrera universal, ni prescinde de la duración global del arco temporal examinado a la hora de ponderar todas las circunstancias.

B) Diversas sentencias de esta Sala, como las citadas 963/2016 de 8 de noviembre (rcud. 310/2015 ),494/2017 de 7 junio (rec. 113/2015 ) y 501/2017 de 7 junio (rec. 1400/2016 ) han entendido que con una interrupción superior a tres meses es posible que siga existiendo una vinculación laboral recognoscible como tal, es decir, unitaria.

C) Para adoptar la decisión final, por tanto, ha de atenerse al tiempo total transcurrido desde el momento en que se pretende fijar el inicio del cómputo, el volumen de actividad desarrollado dentro del mismo, el número y duración de los cortes, la identidad de la actividad productiva, la existencia de anomalías contractuales, el tenor del convenio colectivo y, en general, cualquier otro que se considere relevante a estos efectos.

D) El caso ahora examinado exige contemplar lo acaecido durante un periodo que dura más de doce años (arranca en mayo de 2001 y persiste, al menos cuando se dicta la sentencia de 2013): durante el mismo han mediado varios contratos temporales, pero siempre para realizar las mismas tareas; ha existido una cesión ilegal; el único paréntesis se ha prolongado durante tres meses y medio.

De este modo se suma la existencia de anomalías en la contratación y en la identificación empresarial con la prestación de la misma actividad durante un 97% del tiempo transcurrido en el lapso de referencia. En esas condiciones, de acuerdo con el Informe del Ministerio Fiscal, consideramos que, tal y como la sentencia del Juzgado de lo Social entendiera, no cabe hablar de ruptura significativa en el hilo conductor de la prestación de servicios".

Compre termos en conta que esta doutrina parte da base de interrupcións do vínculo contractual seguidas de períodos de existencia de vínculo contractual entre as mesmas partes, integrando os diversos períodos.

Porén, no caso que nos ocupa non existe interrupción do vínculo contractual, senón só unha suspensión do mesmo por causa da existencia dunha situación de incapacidade permanente revisable das contempladas no artigo 48.2º do Estatuto dos Traballadores.

E que a suspensión do contrato por situación de incapacidade permanente non é a mesma situación que o cese da relación contractual o considera, por exemplo, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya de dat 30/09/2022 con cita da xurisprudencia do Tribunal Supremo, cando argumenta:

"A tenor del artículo 49.1.e.) del ET , la incapacidad permanente total o absoluta del trabajador es una de las causas de extinción del contrato, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 48.2 del mismo texto legal , conforme al cual, cuando el órgano de calificación considere que la situación de incapacidad permanente total va a ser previsiblemente objeto de revisión por mejoría que permita su reincorporación al trabajo, subsiste la suspensión de la relación laboral con reserva de puesto de trabajo, por un período máximo de dos años, de forma que nos hallamos ante dos situaciones diferentes.

En este sentido se pronunció ya la Sala IV del TS, entre otras, en Sentencia de 28 de diciembre de 2000 (rec. 646/2000 ), indicando que el ordenamiento jurídico no se organiza en compartimentos estancos, sino que constituye un todo interrelacionado, lo que impone una interpretación integradora de sus diversas previsiones y ,aplicando dichas consideraciones a la cuestión que nos ocupa, señala que el artículo 48.2 ET en su redacción actual ha introducido un supuesto de suspensión del contrato, por dos años, para el caso en que la situación de IPT vaya a ser previsiblemente objeto de revisión por mejoría que permita reincorporación al trabajo, introduciendo una especialidad importantísima respecto de la previsión general de revisión de las declaraciones de invalidez que se contiene en el artículo 200.2 de la vigente LGSS , puesto que mientras que este precepto se limita a establecer el principio general de que toda incapacidad es susceptible de revisión, tanto por empeoramiento, como por mejoría, previendo la fijación de un plazo para ello, en el artículo 48.2 ET se parte de una revisión por mejoría, no ya posible sino probable, puesto que se considera previsible que se producirá, y por ello se fija un plazo de suspensión de la relación laboral con reserva de puesto de trabajo que es vinculante para el empresario, situación que no se produce ante la posibilidad de revisión contemplada por el artículo 200 de la LGSS ; esa doble y diferente previsión permite distinguir entre una declaración de incapacidad permanente previsiblemente definitiva, y por ello extintiva de la relación laboral, y una declaración de incapacidad permanente de probable revisión por mejoría y por ello suspensiva de la relación laboral, que obliga a la empresa a mantener en suspenso la relación laboral sin posibilidad de extinguirla".

E entendo que a conclusión é que, do mesmo xeito que noutro dos supostos de suspensión, coma na incapacidade temporal ou no nacemento dun fillo non existe dúbida do cómputo dese período para o cálculo da antiguidade, tampouco debemos telo neste caso.

Polo tanto, a antiguidade debe ser computada tomando todo o período que vai do

15/10/2018 ó 17/06/2022.

Dado que o despedimento foi realizado vixente a nova redacción do artigo 56 do Estatuto dos Traballadores efectuada polo Real Decreto Ley 3/2012 de 10 de febreiro de 2012, publicado no BOE de 11 de febreiro de 2012 e que entrou en vigor o día 12 de febreiro de 2012, as consecuencias legais do despedimento producido, consonte o artigo citado e coa disposición transitoria quinta do devandito Real Decreto, tradúcense na condena ó empresario para que, no prazo de cinco días dende a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o pagamento dunha indemnización equivalente a 45 días de salario por ano de servizo no que atinxe ó tempo de prestación de servizos anterior á entrada en vigor do Real Decreto Lei 3/2012 e ó pagamento dunha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo no que atinxe ó tempo de prestación de servizos posterior á mencionada entrada en vigor, sen que o importe da indemnización poida ser superior a 720 días de salario, agás que do cálculo da indemnización polo período anterior á entrada en vigor do Real Decreto Lei resultase un número de días superior, en cuxo caso aplicarase este como importe indemnizador máximo e sen que o mesmo poida ser superior a 42 mensualidades en ningún caso.

O pagamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cese efectivo do traballo. No caso de que a empresa opte pola readmisión, o traballador terá dereito ós salarios de tramitación, que equivalerán a unha cantidade igual á suma dos salarios que o traballador deixara de percibir dende a data do despedimento ata a notificación da sentenza que declarase a improcedencia ou ata que o traballador atopara outro emprego, se tal colocación fora anterior á sentenza e se probara polo empresario o que percibira, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

No suposto de que o empresario non optara entre a readmisión e a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Para o percibo da indemnización recoñecida débense ter en conta as cantidades xa percibidas en concepto de indemnización polo traballador.

CUARTO.- Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación (tal como establece o artigo 191.3 a) da Lei Reguladora da Xurisdicción Social), do que se advertirá ás partes.

Fallo

XULGO

ESTIMO a demanda interposta por Anton contra Ayán Logística S.L..

DECLARO a improcedencia do despedimento efectuado á parte demandante con efectos do 17 de xuño do 2022.

CONDENO a Ayán Logística S.L., á súa opción, que deberá efectuar ante este Xulgado no prazo de cinco días dende que lle sexa notificada a demanda, ben a que readmita ó demandante Anton no seu mesmo posto e condicións de traballo, en cuxo caso deberá facerlle pagamento dos salarios de tramitación deixados de percibir dende o día do despedimento, 17/06/2022 ata o día da notificación da presente resolución, a razón de 45,95 euros por día; ou ben, a que lle faga pagamento da cantidade de 5686,31 euros en concepto de indemnización, en cuxo caso entenderase extinguida a relación laboral con efectos do día 17/06/2022.

Para o percibo da indemnización deberanse ter en conta as cantidades xa percibidas polo traballador en concepto de indemnización pola extinción do contrato de traballo.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma poderán interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán preparar neste Xulgado do Social dentro do prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza, consonte o previsto nos artigos 190 e seguintes da vixente Lei Reguladora da Xurisdición Social, segundo o establecido na Disposición transitoria segunda do mesmo texto legal.

Así, por esta a miña Sentenza, pronúncioo, mando e asino.

PUBLICACIÓN.- A anterior Sentenza foi pronunciada e publicada polo Ilmo. Sr. Maxistrado-Xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data e en Audiencia pública; inclúase o orixinal desta resolución no libro de Sentenzas, poñendo nos Autos certificación literal da mesma e remítese a cada unha das partes un sobre por correo certificado con acuse de recibo, contendo copia dela, conforme ao disposto no art. 56 e concordantes da LRXS Dou fé.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.