Última revisión
13/07/2026
Sentencia Social 123/2026 Tribunal de Instancia. Sección de lo Social plaza nº 3 de Lugo, Rec. 581/2024 de 31 de marzo del 2026
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 14 min
Orden: Social
Fecha: 31 de Marzo de 2026
Tribunal: Tribunal de Instancia. Sección de lo Social plaza nº 3 de Lugo
Ponente: DALILA DOPAZO BLANCO
Nº de sentencia: 123/2026
Núm. Cendoj: 27028440032026100004
Núm. Ecli: ES:TIS:2026:1039
Núm. Roj: STIS 1039:2026
Encabezamiento
ARMANDO DURAN 1-3º TELEFÓNO TRAMITE 982 88 95 44-43
Equipo/usuario: G13
Modelo: N02700 SENTENCIA
Procedimiento origen: /
Sobre: SANCIONES
Maxistrada: Dalila Dopazo Blanco
Lugo, 31 de marzo de 2026
Antecedentes
No xuízo, o demandante ratificou a súa petición, á que se opuxo a demandada. Tras a proposición, admisión e práctica da proba, formuláronse as conclusións e os autos ficaron pendentes de ditar sentenza.
Hechos
A acta, realizada tras a visita da ITSS ao centro de traballo o 21/07/2023, consta nos folios 70 e ss PDF do contido núm. 13 do Visor-EXE e o seu contido dáse por integramente reproducido.
Ao comprobarse a existencia dun erro, comunicouse a empresa unha nova Resolución do 5/03/2024 que anula a anterior.
Mediante escritura pública do 29/06/2018 a entidade pasa a nomearse O VENDAVAL HOSTASL RESTAURANTE, SL
O traballador foi despedido mediante unha comunicación do 6/03/2023 con efectos do 21/03/2023 alegando a empresa causa económicas consistentes na diminución do importe neto da cifra de negocios que pasou de 340645,58 euros no exercicio de 2021 a 333275,39 euros no exercicio de 2022.
O traballador foi indemnizado por transferencia bancaria coa indemnización correspondente a o despedimento obxectivo.
O traballador adquiriu a licenza a comezou a prestación da nova actividade.
A empresa contratou 10 días antes de comunicar ao Sr. Raúl o despedimento a outro traballador como axudante de camareiro ao que despediu o 12/03/2023 por non superar o período de proba. No mes de marzo de 2023 contratáronse a 3 persoas como axudantes de camareiro e nos meses sucesivos contratouse diverso persoal como camareiros, cociñeiros e persoal de limpeza.
Fundamentos
Fronte a tal petición, a Dirección General Trabajo opúxose á demanda indicando que os indicios da fraude eran obvios na acta da ITSS e se reproducían a valoraban de xeito correcto na resolución que rexeitaba o recurso de alzada, ao tempo que non existía a caducidade que se alegaba na demanda.
No que se refire á caducidade, non se pode acoller a alegación efectuada pola parte actora. O art. 17.1 do RD 138/2000 establece un prazo de 9 meses para a realización das actuacións inspectoras mais o prazo compútase dende a visita da ITSS. Aquí, consta na acta que a visita foi o 21/07/2023 e a acta é do 20/12/2023, resolvéndose o 28/02/2024 (realmente o 5/03/2024 xa que a resolución anterior foi anulada por existir un erro). Xa que logo, non transcorreu o prazo indicado. En realidade, en sede de conclusións a letrada da parte actora xa indicaba que non tiña proba da caducidade, que puña en relación coa comunicación do SEPE mais non achegou proba do expediente do SEPE nin a solicitou polo que a alegación, en definitiva, ten que rexeitarse.
Entrando no fondo do asunto, a acta da ITSS ten presunción de veracidade no que se refire ós feitos alí recollidos, como indica o artigo 53 do Real Decreto Lexislativo 5/2000 do 4 de agosto, constan con claridade varios feitos que, postos todos eles en relación, permiten concluír a existencia de indicios sólidos da conivencia apreciada.
Así, consta que a empresa ten como socios e administradores solidarios a Raúl e Adela, que son pais de Joaquín.
O 17/04/2015 O VENDAVAL HOSTAL RESTAURANTE, SL contratou a Joaquín quen posteriormente pasou a figurar de alta no RETA e a partir do 1/06/2019 volveu a figurar como traballador laboral mediante un contrato indefinido a tempo completo coa categoría profesional de axudante de camareiro.
O traballador foi despedido mediante unha comunicación do 6/03/2023 con efectos do 21/03/2023 alegando a empresa causa económicas consistentes na diminución do importe neto da cifra de negocios que pasou de 340645,58 euros no exercicio de 2021 a 333275,39 euros no exercicio de 2022. Constan tamén que o traballador foi indemnizado por transferencia bancaria coa indemnización correspondente a o despedimento obxectivo.
A ITSS non considera que exista fraude na contratación mais si indica que existen indicios de fraude na relación do despedimento e o acceso á prestación de desemprego.
Na vista, declarou a Sra. Virginia quen indicou que é asesora fiscal e que os datos económicos que figuran na documental achegada na vista son correctos. Estes datos económicos que se recollen na carta de despedimento, como indica a ITSS, supoñen unha baixada de importe neto do negocio de 2% xusto antes da época de Semana Santa (é notorio que soe ser época de gran actividade para a hostalaría). Xa que logo, despídese a un fillo, cunha baixada de facturación escasa, xusto antes dunha época de incremento máis que posible da facturación e cando ademais se trata do traballador de máis experiencia porque era o máis antigo na empresa.
Ao tempo, a empresa contratou 10 días antes de comunicar ao Sr. Raúl o despedimento a outro traballador como axudante de camareiro ao que despediu o 12/03/2023 por non superar o período de proba. No mes de marzo de 2023 contratáronse a 3 persoas como axudantes de camareiro e nos meses sucesivos contratouse diverso persoal como camareiros, cociñeiros e persoal de limpeza. É dicir, a pesar das causas económicas que xustificaban na carta de despedimento a extinción da relación laboral con Joaquín, seguiuse contratando persoal.
Por outra banda, ao día seguinte ao seu despedimento, Joaquín solicitou a prestación de desemprego que lle foi aprobada cunha duración de 40 días e dous días despois solicitou o abono da prestación na modalidade de pago único para a actividade de autotaxi no Concello de Barreiros (o traballador adquiriu a licenza a comezou a prestación da nova actividade, como indicou a testemuña Sr. Jaime). Este é un indicio claro da fraude xa que en só tres días o traballador dificilmente podía localizar vehículo, licenza, acordar a venda e facer os trámites administrativos de non ser que xa tiña previsto o inicio da nova actividade e o despedimento era necesario para obter a prestación de desemprego en pago único coa finalidade de sufragar os gastos da nova actividade.
Fronte aos indicios anteriores, ningunha proba se achegou por parte da actora que os desvirtúe polo que a demanda ten que rexeitarse.
De todo o anterior, cabe deducir que existe a fraude obxecto de sanción polo que a demanda ten que rexeitarse.
Fallo
Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que é firme (art. 191.3.g) LRXS).
Así o acordo, decido e asino.
DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.

