Última revisión
13/07/2026
Sentencia Social 129/2026 Tribunal de Instancia. Sección de lo Social plaza nº 3 de Lugo, Rec. 801/2025 de 31 de marzo del 2026
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 18 min
Orden: Social
Fecha: 31 de Marzo de 2026
Tribunal: Tribunal de Instancia. Sección de lo Social plaza nº 3 de Lugo
Ponente: DALILA DOPAZO BLANCO
Nº de sentencia: 129/2026
Núm. Cendoj: 27028440032026100005
Núm. Ecli: ES:TIS:2026:1040
Núm. Roj: STIS 1040:2026
Encabezamiento
ARMANDO DURAN 1-3º TELEFÓNO TRAMITE 982 88 95 44-43
Equipo/usuario: G13
Modelo: N02700 SENTENCIA
Procedimiento origen: /
Sobre: CLASIF.PROFESIONAL
Maxistrada: Dalila Dopazo Blanco
Lugo, 31 de marzo de 2026
Antecedentes
No xuízo, a demandante ratificou a súa petición, á que se opuxo a empresa. Tras a proposición, admisión e práctica da proba, formuláronse as conclusións e as actuacións quedaron pendentes de se resolver.
Hechos
? Grupo 1: Florencio e Adela.
? Grupo 2: Florian e Avelino.
? Horario mañá: 07:15-14:15 e 07:45-14:45.
? Horario tarde: 15:00 a 22:00 e 14:30 a 21:30.
? Sábados: 2 ás 07:40, 1 ás 08:15, 1 ás 8:30 e 1 ás 13:00. 15:30 rotativo entre todos/as.
? O novo horario estaría operativo a partir do 6/10/2025 (grupo I de mañá e Grupo II de tarde).
O contido do acordo era o seguinte:
Como consecuencia desta modificación substancial de carácter colectivo, o 17/09/2025 a empresa acordou modificar as funcións de Florian.
? Semana 1: de luns a venres de 07:45 a 14:45 horas, sábados de 08.15 a 10:45 horas.
? Semana 2: de luns a venres de 14:00 a 21:00 horas e sábados de 13:00 a 15:30 horas.
Tras a súa reincorporación á empresa, o traballador formulou unha demanda contra DIRECCION000 na que reclamaba o pago do "plus de actividade" e que deu lugar ao procedemento PO 595/2025 tramitado no Xulgado do Social núm. 1 de Lugo.
Fundamentos
Neste caso, a demandante exercita unha acción pola que solicita que se declare a nulidade ou inxustificación do que entende que é unha modificación substancial das condicións de traballo e que afecta ao horario. Segundo se indica na demanda a nulidade ten o seu fundamento na represalia sufrida polo traballador por unha reclamación xudicial previa de natureza salarial, indicándose en sede de conclusións que esta represalia tamén se vinculaba á negativa a asinar un anexo ao contrato e na situación previa de IT. Por danos e perdas solicita a cantidade de 7501 euros.
Fronte ao anterior, DIRECCION000 opúxose á demanda alegando que a comunicación que se impugnaba supuña un axuste de media hora no horario de traballo xa previamente modificado en maio de 2025, sen que esta modificación se impugnase polo que existía unha caducidade da acción. Ao tempo indicou que a decisión estaba baseada nuns acordos colectivos e que non existía causa de nulidade alegada na demanda.
Os feitos que foron declarados probados dedúcense da proba practicada e que consistiu na documental que consta no expediente xudicial dixital e que foi achegada por ambas as partes na vista (contido núm. 2, 3 13-21 e 35 do Visor-EXE) e a declaración testemuñal do Sr. Pedro Jesús (a instancia da empresa).
Segundo indica o artigo 41 do ET " 1. A dirección da empresa, cando existan probadas razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción, poderá acordar modificacións substanciais das condicións de traballo. Terán a consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten ás seguintes materias: a) Xornada de traballo. b) Horario. c) Réxime de traballo a quendas. d) Sistema de remuneración. e) Sistema de traballo e rendemento. f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional prevé o art.º 39 desta lei. Entenderase que concorren as causas a que se refire este artigo cando a adopción das medidas propostas contribúa a mellorar a situación da empresa a través dunha máis axeitada organización dos seus recursos, que favoreza a súa posición competitiva no mercado ou unha mellor resposta ás esixencias da demanda."
Segundo indica a STSX de Galiza do 30 novembro de 2006 "por modificación substancial das condicións de traballo hai que entender aquelas de tal natureza que alteren e transformen os aspectos fundamentais da relación laboral, entre elas, as previstas na lista «ad exemplum» do art.º 41.2 pasando a ser outras distintas, dun modo notorio [no mesmo sentido, a Sentenza de 22/06/98 - rec. 4539/97 ( RJ 1998 5703) -], mentres que cando se trata de simples modificacións accidentais, estas non teñen a devandita condición sendo manifestacións do poder de dirección e do "ius variandi" empresarial»; doutrina que reitera tamén a STS de 15/11/05 [ rec. 42/05 ( RJ 2005 10053) ]. Por outro lado, a citada STS de 22/09/03 [ rec. 122/02 ( RJ 2003 7308) ] sinala que "para diferenciar entre substancial e accidental é necesario ter en conta o contexto convencional e individual, a entidade do cambio, o nivel de prexuízo ou o sacrificio que a alteración supón para os traballadores afectados," polo que -como xa sostivera a STCT de 17/03/86 - «cómpre que acudir a unha interpretación racional e entender por tal aquela que non é vanal e que implica para os traballadores unha maior onerosidade cun prexuízo comprobable».
En primeiro termo, é preciso ter en conta que a decisión empresarial que se impugna é a comunicada polo correo electrónico do 30/09/2025 (doc. 6 achegado na vista) no que a empresa comunica a Florian e a outros tres traballadores/as que os novos horarios de quendas rotatorias organizaríanse do seguinte xeito:
? Grupo 1: Florencio e Adela.
? Grupo 2: Florian e Avelino.
? Horario mañá: 07:15-14:15 e 07:45-14:45.
? Horario tarde: 15:00 a 22:00 e 14:30 a 21:30.
? Sábados: 2 ás 07:40, 1 ás 08:15, 1 ás 8:30 e 1 ás 13:00. 15:30 rotativo entre todos/as.
? O novo horario estaría operativo a partir do 6/10/2025 (grupo I de mañá e Grupo II de tarde).
Segundo indicou a testemuña, xestor da unidade de Lugo, e segundo se indicou na demanda, o traballador non empezou a facer o novo horario ata outubro, se ben indicou que este correo era un simple axuste dunha modificación de condicións de traballo que se lle notificara en maior de 2025 polo que existía caducidade da acción dado que non se presentou a demanda ata outubro de 2025.
Non existe a caducidade alegada xa que a suposta modificación previa é a que figura como doc. 4 achegado na vista que é un anexo contractual de modificación de horarios por acordo entre as partes, que non figura asinado polo actor, non consta notificado ao mesmo e as supostas testemuñas que asinan o documento non foron chamadas ao xuízo.
Xa que logo, a modificación impugnada é a notificada por correo electrónico de 30/09/2025 e a demanda formulouse dentro do prazo de 20 días.
Non se discutiu que o traballador viña realizando o horario de luns a venres en horario de 07:45 a 14:45 horas e os sábados de 08:00 a 10:30 horas. Polo tanto, o cambio de horario a quendas rotatorias en mañá e tarde é claramente unha modificación substancial e condicións de traballo.
A parte demandada indicou que esta modificación procede dunha modificación colectiva que se levou a cabo respectando o período de consultas e co acordo dos representantes dos traballadores.
Consta como doc. 3 achegado na vista que DIRECCION000 deu inicio o 14/05/2025 a un período de consultas para proceder a unha modificación substancial colectiva das condicións de traballo mediante a desagrupación dos centros de traballo da entidade. As consultas finalizaron o 270572025 cun acordo coa representación dos traballadores/as a (a excepción de ELA, que quedaba pendente da consulta so seus afiliados/as). En todo caso, neste acordo nada se recolle sobre un cambio de horario de traballo polo que a comunicación de setembro de 2025 non se pode vincular a ese procede (houbo unha modificación de funcións que se notificou, consta no doc. 5 e non foi impugnada).
Xa que logo, levouse a cabo unha modificación substancial das condicións de traballo mediante o correo electrónico do 30/09/2025 sen vinculación á MGT colectiva previa e sen que no escrito se concretasen causas técnicas, organizativas ou de produción para a modificación de horario, o que supón que a medida sexa inxustificada.
Na demanda solicítase a nulidade e unha indemnización por danos e perdas de 7501 euros que se fixa en relación á LISOS.
Respecto da nulidade baséase na represalia sufrida polo traballador por unha reclamación xudicial previa de natureza salarial, indicándose en sede de conclusións que esta represalia tamén se vinculaba á negativa a asinar un anexo ao contrato e na situación previa de IT. Consta, en efecto, a reclamación salarial, a IT non foi discutida e no doc. 4 non figura a sinatura do actor. Con todo, non cabe apreciar vulneración da garantía de indemnidade nin represalia por IT xa que a medida non se adoptou só respecto do demandante senón tamén respecto de tres compañeiros/as máis, como consta no correo electrónico, o que implica que non caiba nin a nulidade nin a indemnización de danos morais vinculada á vulneración de dereitos fundamentais.
Con todo, na demanda non se circunscribe a solicitude de indemnización aos danos morais derivados da vulneración de dereitos fundamentais senón que, como se reiterou na fase de conclusións, tamén se vincula aos prexuízos sufridos polo traballador na súa función como pai dunha pequena sobre a que ten a custodia compartida (contidos núm. 19 e 20 do Visor-EXE). Neste caso, o cambio de horarios é un dano moral obvio mai non vinculado a unha represalia vulneradora dos dereitos fundamentais polo que entendo que a indemnización de 600 euros é proporcionada.
Fallo
?
?
?
Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que poden formular un
De non se anunciaren o recurso contra a resolución, deberán arquivarse as actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.
Así o acordo, decido e asino.
DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada titular da Praza 3, Sección Social do Tribunal de Instancia de Lugo.

