Última revisión
07/07/2025
Sentencia Social 2292/2025 Tribunal Superior de Justicia de Galicia . Sala de lo Social, Rec. 338/2025 de 25 de abril del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 25 min
Orden: Social
Fecha: 25 de Abril de 2025
Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Social
Ponente: CARLOS VILLARINO MOURE
Nº de sentencia: 2292/2025
Núm. Cendoj: 15030340012025102588
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2025:3558
Núm. Roj: STSJ GAL 3558:2025
Encabezamiento
SECRETARIA SRª IGLESIAS FUNGUEIRO
PLAZA DE GALICIA, S/N
15071 A CORUÑA
Equipo/usuario: CG
Modelo: 402250 SENTENCIA RESUELVE REC DE SUPLICACIÓN DE ST
Procedimiento origen: DFU DERECHOS FUNDAMENTALES 0000465 /2024
Sobre: DERECHOS FUNDAMENTALES
En A CORUÑA, a vinte e cinco de abril de dous mil vinte e cinco.
Vistas as presentes actuacións e tras deliberación, a TSX GALICIA SALA DO SOCIAL, de acordo co previsto no artigo 117.1 da Constitución Española,
Pronunciou a seguinte
No RECURSO DE SUPLICACION 338/2025, formalizado polo Letrado D. ROBERTO VAZQUEZ CID, en nome e representación da entidade GREENALIA S.A., contra a sentenza número 478/2024 pronunciada polo XDO. DO SOCIAL N. 4 de A CORUÑA no PROCEDEMENTO TUTELA DEREITOS FUNDAMENTAIS 0000465/2024, seguidos a instancia de Dª. Candelaria contra a entidade GREENALIA S.A.
Sendo maxistrado-relator o Ilmo Sr D CARLOS VILLARINO MOURE.
Das actuacións dedúcense os seguintes:
Antecedentes
(doc. 7 aportado por la parte demandada, consisten en escrito comunicando la intención de causar baja, finiquito y reconocimiento de la baja en el régimen general de la sEguridad Social).
En el segundo centro ubicado en Oleiros, tiene el siguiente horario flexible: de 8:30 a 17:00 con 30 minutos para comer o de 9:00 a 17:30 con 30 minutos para comer.
(sentencia dictada por el Juzgado Nº6 de A Coruña de lo Social, autos Nº 475/24, Hecho Probado Segundo, doc. 19 aportado por la demandada y doc. 10 aportado con el ramo de prueba de la parte demandada).
(sentencia dictada por el Juzgado Nº6 de A Coruña de lo Social, autos Nº 475/24, Hecho Probado Sexto, doc. 19 aportado por la demandada).
Tras la comunicación de su voluntad de causar cese en la empresa, durante los meses de febrero y marzo de 2024, la trabajadora teletrabajo en algunas ocasiones.
(sentencia dictada por el Juzgado Nº6 de A Coruña de lo Social, autos Nº 475/24, Hecho Probado 3 y 8, doc. 19 aportado por la demandada).
(doc. 19 aportado con la prueba de la parte demandada). (doc. 19 aportado con la prueba de la parte demandada).
-18 de abril de 2024 a 25 de abril de 2024, con diagnóstico de "Trastorno de ansiedad, no especificado".
-22 de enero de 2024, con diagnóstico de "Trastorno de ansiedad, no especificado".
-29 de junio de 2021 a 6 de julio de 2021, con diagnóstico de COVID-19.
(Doc. 1 aportado por la parte actora; y doc. 6 aportado por la parte demandada).
(dco. 2 aportado con el ramo de prueba de la parte actora).
(doc. 4 aportado por la parte demandada).
Tras recibir la alta médica y hasta el momento del cese, el trabajo de la actora se vio disminuido al iniciarse un proceso de transición. (declaración testifical).
(doc. 20 aportado con el ramo de prueba de la parte demandada).
"Se
-Se declara la existencia de vulneración del derecho de integridad física y moral de la actora, y al derecho al honor e dignidad.
-Se condena a GREENALIA SA a abonar a la actora en concepto de indemnización de daños y perjuicios la cantidad de 1.500 euros."
Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta Sección de Sala formula os seguintes:
Fundamentos
A empresa demandada recorre ao abeiro do art. 193 c) LRXS. En tal motivo de recurso, alega a infracción dos artigos 15 e 18 CE. Cita tamén sentenzas de tribunais superiores e de xulgados, que non teñen a consideración de xurisprudencia co art. 1.6 do Código civil.
Alega que non se vulnerou o dereito á integridade física e moral da parte demandante, e tampouco o seu dereito á honra. Recoñece que a traballadora recibiu correos electrónicos estando en incapacidade temporal, ben no seu primeiro día, ou ben con posterioridade, como parte dun fío creado anteriormente e cuxo contido ía dirixido a outras persoas. Ademais manifesta que non se lle pediu unha resposta inmediata aos correos electrónicos.
Por iso solicita a revogación da sentenza de instancia e o rexeitamento da demanda no seu día interposta.
A traballadora demandante e tamén o Ministerio fiscal, nas súas impugnacións, solicitan o rexeitamento do recurso, por non existir a infracción alegada.
Imos acoller só en parte o recurso, consonte os seguintes argumentos:
1. O dereito á desconexión dixital está regulado no art. 88 da LO 3/2018, o cal sinala:
Art. 88
2. A sentenza do TSX de Galicia do 4 de marzo de 2024, rec. 5647/2023, sinalou que o dereito á desconexión dixital"
Con outras palabras, o dereito á desconexión dixital esixe que non se reciban comunicacións da empresa fóra do tempo de traballo. Polo tanto, non se cumpre con ese dereito polo feito de que a persoa traballadora non teña a obriga de responder as comunicacións recibidas fóra do tempo de traballo de xeito máis ou menos inmediato.
Neste senso, o dereito á desconexión dixital leva consigo, por regra xeral, unha obriga por parte do empregador, e das persoas dependentes ou vinculadas, de abstención nas comunicacións de orde laboral ou vinculadas coa prestación de servizos fóra do tempo de traballo.
3. No presente caso ademais o dereito á desconexión dixital está vinculado co dereito fundamental á integridade moral,
Existen indicios de vulneración da integridade moral da parte, en tanto que a empresa non foi garante do seu dereito á desconexión dixital cando estaba fóra do seu tempo de traballo, posto que o contrato estaba en suspenso pola incapacidade temporal. A maior abastanza a causa da incapacidade temporal era un trastorno de ansiedade (FP 6º), e, polo tanto, unha doenza psíquica, o cal agrava a inxerencia no dereito á integridade moral, á vista da intranquilidade que supón recibir correos da empresa durante esa situación de incapacidade temporal.
Esa actuación da empresa, incumprindo a obriga de desconexión dixital no caso dunha traballadora en situación de incapacidade temporal, atenta contra a integridade moral, pois cousifica á persoa traballadora e atenta contra a súa dignidade, ao pretender a empresa que a traballadora estea ao seu dispor en calquera momento da súa vida, incluída unha situación de incapacidade temporal, para atender ou polo menos recibir as comunicacións da empresa. Todo o cal impide o libre desenvolvemento da personalidade sen inxerencias carentes de xustificación fóra dos estritos límites do tempo de traballo, e dificulta o exercicio do ámbito de intimidade propio da vida persoal e familiar e dos dereitos de conciliación aos que se refire o art. 88 da LO 3/2018.
Existindo indicios da vulneración do art. 15 CE, é á empresa á que lle corresponde a carga de probar unha xustificación para a súa conduta, nos termos dos arts. 181.2 e 96.1 LRXS. Pero a empresa non probou a necesidade desas comunicacións. Amais tampouco probou que non fose posible adoptar medidas técnicas para evitar que a demandante recibise eses correos electrónicos, os cales non se circunscribiron ao momento inicial da incapacidade temporal. Xa que logo, vulnerouse o dereito fundamental á integridade moral da traballadora, pois recibiu correos electrónicos durante a súa incapacidade temporal sen que a empresa respectara o seu dereito á desconexión dixital.
4. Acollemos en parte o recurso, pois se ben a vulneración do dereito á integridade moral é clara de acordo co exposto, non existen indicios da vulneración da integridade física en senso estrito ( art. 15 CE) , nin do dereito á honra ( art. 18.1 CE) , tamén apreciadas na instancia.
En canto ao dereito á integridade física ningunha afectación ou risco significativo consta á vista dos feitos probados. En canto ao dereito á honra, tampouco expresa a sentenza de instancia que existise unha
5. Polo demais, mantemos a condena ao aboamento da indemnización por danos de 1500 euros, á vista da vulneración do dereito á integridade moral, e dado que os feitos constatados na instancia non foron desvirtuados en suplicación máis ala da concreción dos dereitos fundamentais afectados. Ademais, é importante salientar que o envío dos correos electrónicos foi reiterado, e que o importe da indemnización fixada na instancia é xa dunha contía non moi elevada e non discutida de xeito expreso en suplicación.
En canto ao recurso, acollido en parte non procede condenar a parte recorrente ao pagamento das custas -arts. 235.1 LRXS?.
Ademais, co art. 204. 1 e 4 LRXS e acollido en parte o recurso de suplicación, imos devolver o depósito para recorrer, unha vez esta sentenza sexa firme (art. 203.3 LRXS).
Por outra banda, confirmado o pronunciamento de condena acórdase a perda das consignacións ás que se lles dará o destino que corresponda cando esta resolución sexa firme (arts. 203.2 e 204.1 LRXS), pois a condena ao aboamento da indemnización é confirmada en suplicación.
Fallo
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de SANTANDER (BANESTO) co nº
- Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código
- Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.
En A CORUÑA, a vinte e cinco de abril de dous mil vinte e cinco.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda. Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
