Última revisión
07/07/2025
Sentencia Social 2313/2025 Tribunal Superior de Justicia de Galicia . Sala de lo Social, Rec. 77/2025 de 28 de abril del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 47 min
Orden: Social
Fecha: 28 de Abril de 2025
Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Social
Ponente: CARLOS VILLARINO MOURE
Nº de sentencia: 2313/2025
Núm. Cendoj: 15030340012025102386
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2025:3355
Núm. Roj: STSJ GAL 3355:2025
Encabezamiento
-
PLAZA DE GALICIA, S/N
15071 A CORUÑA
Equipo/usuario: MR
Modelo: 402250 SENTENCIA RESUELVE REC DE SUPLICACIÓN DE ST
SECRETARIA SRª IGLEGIAS FUNGUEIRO
Procedimiento origen: DSP DESPIDOS / CESES EN GENERAL 0000299 /2024
Sobre: DESPIDO DISCIPLINARIO
Na CORUÑA, a vinte e oito de abril de dous mil vinte e cinco.
Tras ver e deliberado as presentes actuacións, a T.S.X.GALICIA SALGA DO SOCIAL, de acordo con o prevido no artigo 117.1 da Constitución Española,
Pronunciou a siguiente
No RECURSO SUPLICACION 0000077/2025, formalizado pola letrada da Xunta de Galicia, en nome e representación da CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL, e pola Letrada Doña Celia Pereira Porto en nome e representación de DOÑA Sara , contra a sentenza número 522/2024 dictada por XDO. DO SOCIAL N. 2 de OURENSE no procedemento DESPIDOS / CESES EN GENERAL 0000299/2024, seguidos a instancia de Sara frente a CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL, Maxistrado-Relator o/a Ilmo/a Sr/Sra D/Dª CARLOS VILLARINO MOURE.
Das actuacións dedúcense os seguintes:
Antecedentes
Su centro de trabajo es la Residencia de Menores de A Carballeira, Ourense./
Por sentencia de 11 de diciembre de 2023 dictada por el Juzgado de lo Social número 1 de Ourense en el proceso ordinario número 631/21 se declara la relación laboral indefinida.
Dicha sentencia no es firme al estar pendiente de resolución recurso de suplicación formulado por la Xunta de Galicia.
A los efectos del artículo 49 del Estatuto de los Trabajadores, concluyendo la duración máxima establecida legalmente para el contrato firmado el 1 de abril de 2021 le comunico que, al finalizar la jornada de trabajo del 31 de marzo de 2024, se dará por terminado el contrato suscrito por usted.
A la finalización del contrato, tendrá derecho a percibir una indemnización de 12 días de salario por cada año de servicio o la establecida en la normativa específica que sea de aplicación./
Su centro de trabajo es el IES Otero Pedrayo, Ourense."
Se declara nula la extinción de la relación laboral con efectos de 31 de marzo de 2024.
Se condena a la Conselleria de Política Social a readmitir a Sara con abono de los salarios de tramitación.
Sara deberá devolver la indemnización, en caso de haberla percibido, una vez sea firme la sentencia."
Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta Sección de Sala formula os seguintes:
Fundamentos
A parte demandada recorre ao abeiro do art. 193 c) LRXS.
Nun primeiro motivo de recurso alega a infracción dos artigos 15.1 a) e 49.1 ET, na redacción vixente na data da sinatura do contrato. Así como dos artigos 2.1 e 8.1 a) do RD 2720/1998. E argumenta, en síntese, que a modalidade de contrato por obra ou servizo era axustada a dereito, sendo unha contratación regular e non fraudulenta. E iso, en tanto que, se ben a duración do contrato era ata o fin da emerxencia sanitaria da covid-19, seguiron existindo motivos para que o persoal temporal estivese contratado ata o límite dos tres anos do ET. Tamén sinala que coa DT 3ª do Real Decreto Lei 32/2021 as contratacións por obra ou servizo anteriores ao 31-12-2021 continúan ata a súa duración máxima. E que o art. 49.1 c) ET, na redacción vixente no momento da contratación, permitía a prórroga ata a duración máxima de tres anos, momento no que finalizaría o contrato. Polo que non houbo un despedimento, e si unha finalización regular do contrato temporal.
No segundo motivo do art. 193 c) LRXS, a parte recorrente alega a infracción do artigo 51.1 c) ET. Manifesta que non está probado que se superase o límite de extincións previsto para os despedimentos colectivos, xa que non consta que as extincións doutros contratos temporais fosen fraudulentas.
Por iso, solicita que se acolla o recurso, se revogue a sentenza de instancia e se rexeite a demanda no seu día presentada.
A parte demandante, na súa impugnación, solicita o rexeitamento do recurso, e a confirmación da nulidade do despedimento, por non existiren as infraccións alegadas.
Imos rexeitar o primeiro motivo de recurso, pero acolleremos o segundo motivo de recurso, consonte os seguintes argumentos:
1º.- Estamos ante un contrato celebrado por obra ou servizo o 1-4-21 (FP 1º). Polo tanto, tiña que se lle aplicar o réxime xurídico vixente no momento da súa celebración ( DT 3º Real Decreto Lei 32/2021).
Tal contrato por obra ou servizo recollía, como obxecto, o reforzo do persoal no centro, para aplicar medidas dirixidas a reducir o risco de contaxio na pandemia da covid-19 (FP 1º). Tal contrato establecía expresamente a súa duración:
Pois ben, tal fin da emerxencia en Galicia tivo lugar por resolución do 21 de outubro de 2021 (FP 2º). Xa que logo, desde ese momento o contrato de obra ou servizo era fraudulento e había de presumirse como indefinido ( art. 15.3 ET, na redacción aplicable a este). E, máis en concreto, como indefinido non fixo, ao tratarse dun emprego público, ao cal lle son de aplicación os principios de igualdade, mérito e capacidade -por todas, STS 25-11-2021 (rec: 2337/2020)-. En definitiva, dende a finalización da situación de emerxencia sanitaria, non existía xa causa para a temporalidade.
Por iso o cesamento do 31-3-24, moi posterior á data de finalización da causa do contrato temporal, é un despedimento. O cesamento tivo lugar moito despois da finalización da emerxencia sanitaria, e polo tanto cando xa non existía causa para a contratación temporal.
Porén, non pode acollerse o primeiro motivo do recurso da parte demandada.
Por máis abastanza, reiteramos o xa exposto na STSX de Galicia do 13 de novembro de 2024, rec.: 4452/2024:
2º.- O segundo motivo de recurso ten que ser acollido consonte o xa sinalado por esta Sala do Social do TSX de Galicia, entre outras, na sentenza do 12 de marzo de 2025, rec. 6198/2024:
Pois ben, á vista do indicado na sentenza citada, o segundo motivo de recurso da demandada vai ser acollido, e iso por canto non consta nos feitos probados cal foi a causa das extincións dos contratos de traballo que se sinalan no fundamento xurídico quinto, e tampouco, de acordo co explicado na sentenza citada, que existise unha previa declaración da irregularidade dos cesamentos neses outros contratos. Sendo isto así, non pode afirmarse que as extincións superasen o límite previsto para o despedimento colectivo.
Por todo isto, acollemos este segundo motivo de recurso e revogamos a declaración de nulidade do cesamento polo feito de non cumprirse cos tramites do despedimento colectivo.
A parte demandante recorre ao amparo do art. 193 a) e c) LRXS. Formula os seguintes motivos:
1. Ao abeiro do art. 193 a) solicita que se repoñan os autos ao momento anterior ao pronunciamento da sentenza, por infracción dos artigos 55.5 e 6 ET, 108.2 e 181.2 LRXS, en relación cos arts. 14 e 24.1 CE. Sinala que se lle ocasionou indefensión, posto que a sentenza non apreciou os indicios de que o motivo do despedimento era unha vulneración dos seus dereitos fundamentais (igualdade e non discriminación e garantía de indemnidade). Neste senso sinala que presentou unha previa demanda que foi estimada por sentenza do 11-12-2023, a cal declarou o carácter indefinido da relación laboral. E, aportados eses indicios, a demandada non xustificou a súa decisión de extinción da relación laboral.
2. Ao abeiro do art. 193 c) LRXS, alega a infracción dos arts. 55.5 e 6 ET, e dos arts.108.2 e 181.2 LRXS, en relación cos artigos 14 e 24.1 da CE. En relación con este motivo reitera que o despedimento e nulo por vulneración dos seus dereitos fundamentais.
3. Por último, tamén ao abeiro do art. 193 c) LRXS, alega a infracción dos arts. 182.1 d) e 183 LRXS, en relación cos arts. 14 e 24.1 da CE, así como a xurisprudencia que cita. Sinala que, ao existir unha vulneración de dereitos fundamentais, ten dereito a indemnización solicitada na demanda, na cal interesaba o importe de 30.000 euros, invocando como criterio orientador os arts. 40.1 c) e 8.11 e 12 da LISOS.
Por todo isto, solicita con carácter principal a reposición dos autos ao momento de pronunciarse a sentenza, e, de xeito subsidiario, que este Tribunal declare a vulneración dos dereitos fundamentais (igualdade e non discriminación e garantía de indemnidade) coa indemnización solicitada na demanda polos danos morais e os prexuízos causados.
A parte demandada, na súa impugnación, solicita o rexeitamento do recurso, por non existir as infraccións alegadas.
Imos rexeitar o primeiro motivo de recurso, e imos acoller en parte o segundo e o terceiro motivos, á vista dos seguintes argumentos:
1. En canto ao primeiro motivo do art. 193 a) LRXS, non o imos acoller, posto que a sentenza motiva, no fundamento xurídico terceiro, as razóns polas cales entende que non existe unha vulneración de dereitos fundamentais. Esta Sala non comparte, como veremos e xa explicamos no anterior fundamento xurídico, os argumentos da sentenza para entender que o cesamento estaba en principio xustificado. Pero non apreciamos o motivo do art. 193 a) LRXS, pois a cuestión controvertida é unha cuestión relativa, con carácter principal, a existencia ou non dunha causa xustificada para o cesamento. Isto atinxe ás normas substantivas e, polo tanto, debe ser resolto como un motivo do art. 193 c) LRXS, como faremos de seguido.
2. Acollemos en parte o segundo motivo ( art. 193 c) LRXS), pois, por unha banda, entendemos que non existiu un cesamento xustificado, tal e como xa explicamos no anterior fundamento xurídico. Amais, existiron indicios de vulneración da garantía de indemnidade ( art. 24.1 CE) .
En relación á garantía de indemnidade, a STS do 24 de xuño de 2020 (rec.: 3471/2017), sinalou:
Amais, existen unhas particulares regras de carga da proba, nos arts. 96.1 e 181.2 LRXS. Consonte os cales, corresponde á parte demandante achegar"
No caso de autos, á vista dos feitos probados, existen indicios da vulneración da garantía de indemnidade, e dicimos isto posto que a traballadora presentou o 11 de outubro de 2023 demanda para que fose recoñecido o carácter indefinido da súa relación laboral. Ademais, o Xulgado núm. 1 de Ourense pronunciou sentenza do 11 de decembro de 2023, que non é firme e que recoñeceu o carácter indefinido (FP 3º). Isto tivo lugar pouco antes do cesamento comunicado o 15 de marzo de 2024, e, polo tanto, existe unha clara conexión temporal entre a demanda, e tamén a sentenza, e o cesamento.
Ante tales indicios, por unha banda, a demandada non xustificou o cesamento, tal e como xa explicamos máis enriba. E, por outra banda, non compartimos, como di a sentenza, que o feito de que a demandante comezase a prestar servizos como funcionaria interina o 8 de abril de 2024 desvirtúe os indicios expresados. O certo é que esa nova prestación de servizos non é como persoal laboral indefinido non fixo, o cal era o pretendido pola traballadora e o declarado en sentenza, e, polo tanto, non evita os efectos da aparente represalia pola sentenza obtida. Deste xeito, ao pouco tempo de obtida a declaración xudicial de traballadora indefinida non fixa, a administración demandada poñe fin a relación laboral cunha causa de extinción que non é aplicable para extinguir o seu vínculo laboral, o cal xa foi declarado indefinido por sentenza.
Existen, polo tanto, indicios de vulneración da garantía de indemnidade, á vista da conexión temporal entre o citado proceso xudicial e o seu despedimento. Polo demais a demandada, e agora impugnante, non achega unha xustificación obxectiva e razoable da súa decisión de despedimento. Tampouco desvirtúa os indicios referidos. Neste suposto os indicios de vulneración da garantía de indemnidade son de especial intensidade, pois xa se ditara sentenza en primeira instancia -aínda que foi recorrida pola Consellería- que recoñecía o carácter indefinido da relación laboral.
Xa que logo, o despedimento e nulo por vulneración do dereito fundamental á garantía de indemnidade ( art. 24.1 CE) . Polo tanto, mantemos a declaración de nulidade da sentenza recorrida (coa readmisión e co abono dos salarios de tramitación), pero por outro motivo distinto do apreciado na instancia.
Por último, non acollemos a vulneración do dereito á igualdade e á non discriminación, pois a parte non concreta, no seu recurso e de xeito suficiente, cal é o criterio (por razón de nacemento, raza, sexo, etc) da discriminación que entende producida dos previstos no noso ordenamento xurídico, por exemplo no art. 14 CE ou na Lei 15/2022
3. Acollemos tamén en parte o terceiro motivo de recurso da demandante. Procede recoñecer unha indemnización dos danos morais consonte o art. 183.1 LRXS. Tomamos como criterio orientador - STC 247/2006; STS de 5-2-2013 (rec: 89/2012); e STS de 15-2-2012 (rec: 67/2011)- o art. 8.12, en relación co art. 40.1 c) LISOS. Neles para as infraccións moi graves recóllese un importe a partir de 7501 euros. Importe ao que debemos aternos, por se tratar do mínimo previsto nesa norma ( STS 6-7-23, rcud.: 4538/2019).
Por outra banda, a parte demandante no seu recurso insta o importe de 30.000 euros, pero non achega argumentos decisivos para iso que teñan sustento nos feitos probados. Sinala a parte demandante que a indemnización debe ser maior, dado que nos atopamos ante un procedemento de despedimento. Pero o certo é que as consecuencias dun despedimento nulo por vulneración de dereitos fundamentais, como é o caso, non se circunscriben á indemnización por danos morais, senón que tamén implican a readmisión e o aboamento dos salarios deixados de percibir. Amais o importe que recoñecemos co acollemento parcial do recurso, de 7501 euros, ten acomodo no propio das sancións por faltas moi graves da LISOS.
Por todo isto, acollemos só parcialmente o recurso da parte demandante, no senso de declarar a nulidade do despedimento por vulneración do dereito fundamental á garantía de indemnidade, mantendo a consecuencia da readmisión e do aboamento dos salarios de tramitación, e amais co abono do importe dunha indemnización de 7501 euros polos danos morais.
No recurso da demandada non cabe condena en custas, pois foi estimado en parte, en tanto que revogamos a nulidade por superación dos límites de extincións para o despedimento colectivo -art. 235.1 LRXS.
Non cabe condena en custas no recurso da parte demandante, pois o recurso foi tamén acollido en parte, sen prexuízo de que, ademais, a parte recorrente ten o dereito de asistencia xurídica gratuíta -arts. 235.1 e 21.4 LRXS e art. 2 Lei de asistencia xurídica gratuíta.
Fallo
1. ACOLLEMOS en parte o recurso de suplicación interposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia contra a sentenza do 27 de setembro de 2024 do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, dos autos núm. 299/2024 seguidos a instancia de Dª. Sara. Todo iso, revogando en parte a sentenza de instancia cos seguintes pronunciamentos:
1.1. Revogamos a declaración de nulidade do despedimento por non seguirse os tramites do despedimento colectivo.
1.2. Sen custas.
2. ACOLLEMOS en parte o recurso de suplicación interposto por Dª. Sara contra a sentenza sinalada. Todo iso cos seguintes pronunciamentos:
2.1. Declaramos a nulidade do despedimento por vulneración do dereito fundamental a garantía de indemnidade ( art. 24.1 CE) , mantendo a obriga de readmisión e aboamento dos salarios de tramitación recollida na sentenza recorrida.
2.2. A demandada aboara tamén unha indemnización por danos morais pola vulneración do dereito fundamental do art. 24 CE no importe de 7501 euros.
2.3. Sen custas.
- O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de SANTANDER (BANESTO) co nº
- Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código
- Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
