Última revisión
06/10/2025
Sentencia Social 3850/2025 Tribunal Superior de Justicia de Galicia . Sala de lo Social, Rec. 1486/2025 de 29 de julio del 2025
Relacionados:
Tiempo de lectura: 52 min
Orden: Social
Fecha: 29 de Julio de 2025
Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Social
Ponente: CARLOS VILLARINO MOURE
Nº de sentencia: 3850/2025
Núm. Cendoj: 15030340012025103573
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2025:5354
Núm. Roj: STSJ GAL 5354:2025
Encabezamiento
-
PLAZA DE GALICIA, S/N
15071 A CORUÑA
Equipo/usuario: MR
Modelo: 402250 SENTENCIA RESUELVE REC DE SUPLICACIÓN DE ST
SECRETARIA SRª IGLEGIAS FUNGUEIRO
Procedimiento origen: PEF DCHO CONCILIA VIDA PERSONAL,FAM Y LABORAL 0000608 /2024
Sobre: MODIFICACION CONDIC.LABORALES
Na CORUÑA, a veinte e nove de xulio de dous mil veinticinco.
Tras ver e deliberado as presentes actuacións, a T.S.X.GALICIA SALGA DO SOCIAL, de acordo con o prevido no artigo 117.1 da Constitución Española,
Pronunciou a siguiente
No RECURSO SUPLICACION 0001486/2025, formalizado pola Letrada DOÑA RITA GIRALDEZ MENDEZ, en nome y representación de Adela, contra a sentenza número 13/2025 dictada polo XDO. DO SOCIAL N. 1 de SANTIAGO DE COMPOSTELA no procedimiento DCHO CONCILIA VIDA PERSONAL,FAM Y LABORAL 0000608 /2024, seguidos a instancia de Adela fronte a DIRECCION000, sendo Maxistrado-Relator o/a Ilmo/a Sr/Sra D/Dª CARLOS VILLARINO MOURE.
Das actuacións dedúcense os seguintes:
Antecedentes
En el contrato de trabajo se pactó que la jornada de trabajo será de 40 horas semanales prestadas de lunes a domingos según turnos. (Hechos no controvertidos y docs. 1 y 2 del ramo de prueba de la actora y docs. 1 y 2 del ramo de prueba de la demandada).
El horario de apertura de dicha Escuela es de 9.00 a 14.00 horas, pudiendo iniciar los/as niños/as la jornada en el horario que más convenga a las necesidades de la familia, si bien siempre antes de las 11.00 horas.
La hija de la demandante asiste regularmente a la Escuela en horario lectivo de 9.00 a 14.00 de lunes a viernes.
La menor está matriculada en el servicio de madrugadores de la Escuela que se presta en horario de 7 a 9 horas de la mañana. Dicho servicio está activo desde el mes de septiembre (inicio del curso escolar), si bien la formalización formal de matrícula se inició a finales del mes de octubre de 2024.
(Docs. 9 a 12 del ramo de prueba de la actora).
Por comunicación de 16/08/2022 la mercantil demandada aceptó la reducción de jornada, pero no la concreción horaria solicitada por la trabajadora. Se siguió proceso de negociación entre las partes en el que se efectuaron propuestas y contrapropuestas, sin alcanzarse acuerdo.
Entablada demanda por la actora instando la concreción horaria, la misma fue turnada a este Juzgado dando lugar a los autos de PEF nº 523/2022 en los que en el acto de conciliación ante la LAJ las partes alcanzaron un acuerdo, que fue aprobado por decreto nº 385/2022 de fecha 19/12/2022, siendo del tenor siguiente:
El cuadro adjunto recoge el siguiente horario:
(Docs. 6 y 7 del ramo de prueba de la actora y doc. 4 del ramo de prueba de la demandada).
(Docs. 13.1 y 13.2 del ramo de prueba de la actora y doc. 5 del ramo de prueba de la demandada).
(Doc. 13.3 del ramo de prueba de la actora y doc. 7 del ramo de prueba de la demandada).
Obra al doc. 3 del ramo de prueba de la demandada la ficha de descripción del puesto de trabajo con las misiones del puesto, perfil profesional, formación requerida, y objetivos y funciones en materia de gestión de personas, gestión operacional, y gestión económica, y se tiene por reproducida.
Ningún trabajador del centro de trabajo, a excepción de la demandante tiene medidas de conciliación familiar y laboral.
(Testificales de Don Gines, Doña Eufrasia y Doña Belen y doc. 9 del ramo de prueba de la demandada).
La mayor carga de trabajo y porcentaje de ventas y facturación se produce los viernes, sábados y domingos, y los festivos.
El servicio se organiza mediante turnos rotativos establecidos en cuadrantes que confecciona la gerente/encargada.
De 10.00 a 13.00 horas el trabajo que se realiza consiste fundamentalmente en tareas de limpieza y preparación de la tienda, preparación del turno, tapers y biberones. El trabajo de dicha franja horaria incumbe fundamentalmente a los auxiliares.
La apertura del centro de trabajo la puede realizar tanto un auxiliar como un encargado (oficial delivery).
Durante cada turno siempre debe haber un encargado (oficial delivery) en el centro de trabajo, y asimismo al cierre del centro de trabajo. Durante los fines de semana ha de haber siempre dos encargados por turno por la mayor carga de trabajo que se produce. Los martes, aunque suelen estar dos encargados en el centro de trabajo, ello se debe a que ese día la gerente Doña Eufrasia no ejecuta tareas de encargada, sino de gerente, ejecutando los trabajos de oficina, recepción de camiones de mercancía, albaranes, etc.
Durante los procesos de incapacidad temporal de la demandante no se ha contratado a ninguna persona para sustituirla, sino que sus funciones se fueron ejecutando con ayuda de dos auxiliares que se prestaron a realizarlas excepcionalmente, abonándoseles un complemento; si bien dichos auxiliares no quieren ascender a la categoría de oficial delivery porque son estudiantes y no quieren realizar las tareas de encargado de turno. Uno de ellos ostentaba anteriormente categoría profesional de auxiliar delivery, si bien rebajó su categoría a auxiliar de tienda para no tener que realizar las funciones de responsable de turno y poder compatibilizar el trabajo con sus estudios.
(Testificales de Don Gines, Doña Eufrasia y Doña Belen y docs. 10 y 11 del ramo de prueba de la demandada).
Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta Sección de Sala formula os seguintes:
Fundamentos
Alega a empresa demandada, na súa impugnación, que a sentenza de instancia non se pode recorrer, por tratar o recurso cuestións de legalidade ordinaria. Todo iso de acordo co art. 191.2 f) LRXS e coa STS do 19-10-22, rec. 1363/2019.
A parte demandante formulou alegacións en contra do solicitado.
Entendemos que procede o recurso de suplicación no caso de autos, por canto, en primeiro lugar, o art. 191.2 f) LRXS permite o recurso de suplicación nos procedementos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral
En segundo lugar, a parte demandante alegou como fundamento desa indemnización, entre outros, a vinculación dos dereitos de conciliación coa igualdade entre mulleres e homes (FX 1º, último parágrafo). Por tanto, o procedemento afecta a materias propias da tutela de dereitos fundamentais (art. 191.3 f) LRXS en relación co art. 177.1 LRXS e co art. 184 LRXS).
En terceiro lugar, en todo caso os dereitos de conciliación teñen unha dimensión de dereitos fundamentais na súa vinculación co art. 14 CE, tal e como xa sinalou esta Sala, entre outras, na STSX de Galicia do 27 de xuño de 2023, rec. 1687/2023.
A maior abastanza, a parte tamén fai un motivo do art. 193 a) LRXS, polo cal sempre é posible a suplicación (art. 191.3 d) LRXS).
Por todo o dito é posible o recurso de suplicación contra a sentenza de instancia.
A parte demandante fai, en primeiro lugar, un motivo do art. 193 a) LRXS, e sinala que non existe motivación suficiente na sentenza, polo cal foi vulnerado o art. 24 CE, en relación cos arts. 11.3 LOPX, 218.1 e 2 LAC e 97.2 LRXS, así como a motivación esixible en aplicación do art. 14 e 39.3 CE, segundo o recolle a STC núm. 3/2007 e a STC núm. 26/2011.
Argumenta que a sentenza non admite unha pretensión combinada dos arts. 37.6 e 34.8 ET. E que, sendo isto así, a concreción debe axustarse a xornada ordinaria de traballo sen alteración das quendas. Ademais, alega que a sentenza sinala que a pretensión subsidiaria non se fai sobre a xornada ordinaria, pois esta sería a anterior a redución xa acordada con anterioridade. Por iso a parte recorrente afirma que a sentenza non ponderou os intereses en xogo, como esixe a xurisprudencia do TC.
A parte demandada, na súa impugnación, solicita o rexeitamento do motivo de recurso, por non existir a infracción alegada.
Imos acoller este motivo de recurso, pero resolveremos sobre o fondo do litixio nos seguintes fundamentos xurídicos, segundo sinala o art. 202.2 LRXS.
A sentenza non ten unha motivación suficiente posto que non pondera os intereses en conflito aos efectos de resolver sobre a concesión ou a denegación da medida de conciliación solicitada. O cal vulnera o art. 24 CE e a normativa procesual alegada, en relación coa xurisprudencia do TC que indicaremos.
Por unha banda a sentenza rexeita a demanda por entender que non cabe solicitar de xeito conxunto as medidas de redución do art. 37.6 ET e de adaptación do art. 34.8 ET. Ademais, a sentenza recolle que a medida do art. 37.6 ET, que sinala que é a única solicitada, a parte demandante non a pide dentro da xornada ordinaria de acordo co art. 37.7 ET. Pero a sentenza recorrida esquece que a STC núm. 3/2007, do 15 de xaneiro (BOE 15-2-2007), recolle a necesidade de ponderar os intereses en conflito nas medidas de conciliación sen que o xulgador/a poida ampararse para a denegación nos límites en que estea configurado o dereito a nivel lexislativo, e iso en tanto está en xogo o art. 14 CE, na súa dimensión constitucional do dereito a non discriminación por razón de sexo.
A STC núm. 3/2007 recolle así que:
O TC parece bastante claro: as consideracións de estrita legalidade non poden eludir a motivación sobre a ponderación das circunstancias concorrentes en orde á salvagarda do dereito a non discriminación por razón de sexo, vinculado cos dereitos de conciliación. De xeito que a resolución xudicial non só debe interpretar a normativa aplicable do xeito máis favorable a efectividade do dereito fundamental, senón que ademais debe ponderar os intereses e concretas circunstancias en xogo, para determinar se a medida solicitada
A maior abastanza, a sentenza sinala que na demanda non se solicitou a medida do art. 34.8 ET (FX 5º, penúltimo parágrafo), e con iso esquece que, por unha banda, a demanda non ten, en principio, que recoller motivación xurídica ( art. 80.1 LRXS); e, por outra banda, que a propia sentenza (FP 6º) recolle como a parte si solicitou non só a medida do art. 37.6 ET, senón tamén a do art. 34.8 ET.
Por todo isto, acollemos o motivo de recurso con aplicación do primeiro inciso do art. 202.2 LRXS, e, polo tanto, nos seguintes fundamentos xurídicos entraremos a resolver sobre o fondo do litixio.
A parte demandante solicita as seguintes revisións dos feitos probados ao abeiro do art. 193 b) LRXS:
1. A revisión do feito probado quinto. Solicita que se engada o contido que aparece indicado na redacción alternativa recollida nas páxinas 9-10 do seu escrito de recurso. Alega para iso o folio 238, reverso, dos autos.
A parte demandada, na súa impugnación, solicita o rexeitamento da revisión por non cumprir as esixencias legais.
Imos acoller a revisión proposta, pero situando a mesma no FP 4º, o cal recolle o horario da filla menor na escola infantil. Ademais aceptamos só a revisión no relativo os feitos que son relevantes no caso de autos.
Por tanto, engadimos, de acordo co folio 236 reverso -por un erro material o recurso sinala o folio 238 reverso-, ao FP 4º o seguinte parágrafo:
2. Solicita tamén que se engada un feito probado décimo quinto coa redacción que está na páxina 10 do seu escrito de recurso. Alega para iso os folios 152 e 164 dos autos.
Imos rexeitar a revisión, pois quere engadir o pasamento do seu pai. Pero a relevancia deste extremo ten fundamento en valoracións que non se recollen nos feitos probados, como que o pai era a persoa que axudaba no coidado da filla menor. Polo tanto, a revisión proposta non é relevante.
A parte demandante recorre ao amparo do art. 193 c) LRXS. Alega a infracción do art. 34.8 ET, e 37.6 e 7 ET, en relación cos arts. 14 CE e 39.3 CE. Así como respecto da indemnización recollida no art. 139.2 LRXS.
Argumenta, en síntese, que poden combinarse as medidas de redución do art. 37.6 ET e de adaptación do art. 34.8 ET. Sinala que así o recoñece esta Sala do Social do TSX de Galicia en distintas sentenzas, as cales cita. Ademais alega que si solicitou a medida do art. 34.8 ET, pero non foi valorada, sen que se fixese a ponderación dos intereses e circunstancias en conflito. Por isto sostén que debe estimarse a demanda, por canto existiu un cambio nas circunstancias da súa filla menor, posto que mudou o horario que tiña na escola infantil. Ademais é a única persoa no centro de traballo que solicita un dereito de conciliación. Tamén alega que a empresa non acreditou unha imposibilidade organizativa. Ademais sinala que o contrato establece que o horario será de luns a domingo por quendas, sen máis precisión. Por outra banda, alega que a empresa non probou cales eran as quendas establecidas. Por último, sinala que unha indemnización de 7501 euros é acorde coa reiteración da conducta, co retraso na conciliación, coa falta de motivación real para a negativa e a gravidade da conducta, e coa afectación do dereito a igualdade entre mulleres e homes.
Por todo iso, solicita a revogación da sentenza coa estimación da demanda na súa pretensión principal ou subsidiaria.
A empregadora opúxose ao acollemento do recurso, por entender que non existía a infracción. Sostén, en síntese, que a solicitude non ten cobertura legal segundo é formulada, que non mudaron as circunstancias familiares, que existen importantes problemas organizativos na empresa, e que a indemnización non reúne os requisitos legais para o seu recoñecemento.
Imos acoller o recurso, consonte os seguintes argumentos:
1º. Debemos partir de que é posible combinar a medida de redución de xornada do art. 37.6 ET coa medida de adaptación do art. 34.8 ET.
Nin os artigos sinalados, nin a STS do 21-11-23, rec. 3576/2020, recollen que non poidan solicitarse de xeito combinado ambas medidas. En concreto a STS citada sinala que, nese suposto concreto, non se solicitou a medida do art. 34.8 ET (FX 3º, apartado 2, último parágrafo). Pero, no caso que agora nos ocupa, a parte demandante si solicita a medida do art. 34.8 ET.
Ademais, esta Sala do Social do TSX de Galicia xa ten recoñecido a combinación das medidas recollidas nos arts. 37.6 e 34.8 ET. Así, entre outras: STSXG 29-11-24, rec. 4623/24; STSXG 22-4-25, rec. 319/25; STSXG 20-9-24, rec. 3047/24; e STSXG 4-11-22, rec. 5220/22.
A maior abastanza a interpretación que combina o art. 37.6 e o art. 34.8 ET é a que permite unha maior efectividade dos dereitos de conciliación, e, polo tanto, a que mellor tutela os dereitos constitucionais vinculados ( art. 14 CE, no discriminación por razón de sexo, art. 39.2 CE) . Ademais, a Lei 15/2022 prevé que cando, en aplicación da prohibición da discriminación (art. 4) recollida nesa lei,
Sendo isto así, a interpretación que permite a solicitude combinada das medidas do art. 37.6 ET e do art. 34.8 ET é a que mellor protexe os dereitos de conciliación vinculados directamente co principio de non discriminación por razón de sexo.
Agora ben, a aplicación do art. 34.8 ET esixirá a ponderación dos intereses e circunstancias do caso concreto, segundo recolle ese precepto, e non será un recoñecemento automático. Polo tanto, a aplicación conxunta do art. 37.6 ET e do art. 34.8 ET non permite eludir as esixencias deste último artigo. De tal xeito que se a persoa traballadora pretende unha adaptación da xornada do art. 34.8 ET ademais da redución do art. 37.6 ET, entón, para aplicar a medida do art. 34.8 ET, terán que ponderarse as necesidades da empresa e da persoa traballadora segundo prevé o art. 34.8 no seu primeiro parágrafo.
Polo tanto, a persoa traballadora pode solicitar unha redución cunha adaptación da xornada, máis alá da mera concreción
2º. Dito isto, o certo é que o dereito a redución da xornada da parte demandante ao abeiro do art. 37.6 ET, na redacción en vigor no momento da decisión da empresa (16-10-24, FP 9º) non é discutido. A empresa aceptou a redución da xornada do 50% (FP 7º).
3º. O problema está na medida de adaptación da xornada (unha vez aceptada a redución do art. 37.6 ET pola filla menor) ao abeiro do art. 34.8 ET.
Debemos partir do art. 34.8 ET, na redacción vixente no momento da denegación final pola empresa da medida de conciliación solicitada (comunicación do 16-10-24, FP 9º):
Art. 34.8
4º. A partir do dito, temos que sinalar que as necesidades da traballadora demandante están claras, en tanto ten unha filla nada no ano 2021 (FP 3º), polo tanto de moi pouca idade. Ademais, a filla ten un horario na escola infantil máis reducido que no ano 2022, cando se acordou a anterior medida de conciliación. Así, segundo o FP 4º modificado pola vía do art. 193 b) LRXS, no curso 2022/2023 a menor acudía a unha escola infantil cun horario de 9:30 a 17:30 horas, e no curso 2024/25 o horario é de 9:00 a 14:00 horas, con posibilidade de empregar o servizo de madrugadores/as de 7 a 9.
Polo tanto, a parte demandante ten agora máis necesidades de conciliación, pois é menor o horario que cubre a escola infantil a que agora acude a filla.
Por outra banda, a petición principal da parte demandante (antecedente de feito primeiro, apartado 1) establece unha xornada todos os mércores, xoves e venres, e unha de cada tres semanas os sábados e os domingos. Polo tanto, permite unha mellor atención as necesidades familiares que o horario e a xornada recollida no FP 5º, que foi a acordada no ano 2022. E isto en tanto está máis tempo fora do traballo.
5º. Dito isto, o certo é que a empresa non acredita suficientemente que existan necesidades produtivas ou organizativas que lle impidan acceder á adaptación da xornada solicitada de xeito principal pola demandante.
En primeiro lugar, non existen outras persoas traballadoras con medidas de conciliación (FP 11º).
En segundo lugar, existen vinte e un persoas traballadoras no centro de traballo, entre elas tres da categoría da demandante (FP 11º). Non consta que a empresa non poida cubrir, con outras persoas traballadoras, as horas que a parte demandante non fai, incluso a través contratacións que atendan esa parte do horario que xa non realiza.
En terceiro lugar, é certo que a hora de apertura o público é a partir das 12:30 (FP 12º), pero tamén existen tarefas que se realizan dende as 10:00 horas (FP 12º), e a parte demandante xa viña realizando a súa xornada dende as 10:00 moitos días, segundo o horario pactado e que está no FP 5º.
Ademais, en todo caso a empresa non acredita cal é o horario e as concretas quendas que tería a parte demandante sen a redución e a adaptación da xornada solicitada, e se non tivera ningunha medida de conciliación. O FP 1º só recolle que no contrato se pactaron 40 horas semanais en quendas de luns a domingo.
Polo tanto, existe unha necesidade de conciliación da vida familiar e persoal coa laboral por parte da demandante, e a empresa non acredita concretas necesidades organizativas e produtivas que impidan ou dificulten de xeito suficiente a medida de adaptación solicitada con carácter principal. Polo tanto, acollemos o recurso e estimamos a pretensión principal da parte (antecedente de feito primeiro, apartado 1, e feito probado sexto da sentenza recorrida).
6º.- Por último, solicita a parte demandante unha indemnización de 7501 euros. E imos recoñecer esa indemnización, en atención aos danos morais padecidos á vista da conculcación do seu dereito á conciliación, vinculado cos dereitos fundamentais á igualdade e non discriminación do artigo 14 CE, así como coa protección da familia do art. 39 CE.
Para graduar a indemnización polos danos morais derivados da denegación inxustificada da medida, coa consecuente discriminación por razón de sexo, atendemos ao art. 8.12 LISOS, en relación co art. 40.1 c) LISOS. Neste sentido é proporcionado o importe solicitado, pois é o mínimo (7501 euros) previsto en tales preceptos para as faltas moi graves. Tamén temos en conta, segundo alega a parte demandante, a falta de proba sobre unha motivación real para negativa, e a gravidade da conducta unha vez que a empresa xa recoñece a necesidade de conciliación.
Non procede condena en custas, pois o recurso foi acollido, ademais a parte recorrente ten o dereito de asistencia xurídica gratuíta -arts. 235.1 e 21.4 LRXS e art. 2 Lei de asistencia xurídica gratuíta-.
Fallo
ACOLLEMOS o recurso de suplicación interposto por Dª. Adela contra a sentenza do 23 de xaneiro de 2025 do Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela, pronunciada nos autos nº 608/2024, seguidos contra DIRECCION000. Todo iso revogando a sentenza de instancia e acollendo a demanda no seu día presentada, nos seguintes termos:
1º. Declaramos o dereito de conciliación da parte traballadora, concretado na realización da súa xornada laboral cunha redución do 50% e coa adaptación solicitada de xeito principal, a cal figura no antecedente de feito primeiro, apartado 1, e tamén no feito probado sexto, da sentenza recorrida. Todo iso coa condena da demandada a cumprir coa medida de conciliación.
2º. Condenamos a demandada a lle aboar á parte traballadora a cantidade de 7501 euros por danos morais.
3º. Sen custas.
- O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de SANTANDER (BANESTO) co nº
- Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código
- Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

