Última revisión
15/07/2026
Sentencia Social 2085/2026 Tribunal Superior de Justicia de Galicia . Sala de lo Social, Rec. 5327/2025 de 07 de mayo del 2026
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 55 min
Orden: Social
Fecha: 07 de Mayo de 2026
Tribunal: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Social
Ponente: CARLOS VILLARINO MOURE
Nº de sentencia: 2085/2026
Núm. Cendoj: 15030340012026102137
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2026:3178
Núm. Roj: STSJ GAL 3178:2026
Encabezamiento
-
PLAZA DE GALICIA, S/N
15071 A CORUÑA
Equipo/usuario: MF
Modelo: 402250 SENTENCIA RESUELVE REC DE SUPLICACIÓN DE ST
Procedimiento origen: DSP DESPIDOS / CESES EN GENERAL 0000863 /2023
Sobre: DESPIDO DISCIPLINARIO
A CORUÑA, a sete de maio de dous mil vinte e seis.
Vistas as presentes actuacións e tras deliberación, a TSX GALICIA SALA DO SOCIAL, de acordo co previsto no artigo 117.1 da Constitución Española,
pronunciou a seguinte
No RECURSO DE SUPLICACION 5327/2025, formalizado polo Letrado D. Marcos Gende Periscal, en nome e representación de D. Adrian, contra a sentenza número 342/2025 pronunciada polo XDO. DO SOCIAL N. 7 de A Coruña no PROCEDEMENTO ORDINARIO 863/2023, seguidos a instancia de D. Adrian contra a empresa "GESTIÓN Y TÉCNICAS DEL AGUA SA (GESTAGUA)", con intervención do MINISTERIO FISCAL, sendo maxistrado-relator o/a Ilmo Sr D CARLOS VILLARINO MOURE.
Das actuacións dedúcense os seguintes:
Antecedentes
El 11-8-23 acude de nuevo a un supermercado y pasa las bolsas con los productos adquiridos al maletero de su vehículo. Algunas bolsas presentan cierto peso y se realizan movimientos de rotación y flexión de tronco y extremidades superiores por parte del actor. Después acude a otro centro comercial y abandona el establecimiento con una bolsa pesada que introduce en el maletero del vehículo. El 15-8-23 el actor acudió a la zona de estacionamiento sita en la localidad de Carballo en la rúa Ecuador que estaba en obras. Allí, procede a retirar una valla que limitaba el acceso al aparcamiento y accede al lugar con el vehículo que le detiene al lado de materiales de construcción. Una vez allí, abre el maletero y comienza a cargar varias losetas de 60 x 40 cms (5 unidades) de una en una que recoge del lugar para introducirlas en el maletero de su vehículo. Las losetas son del tipo baldosa hidráulica campo suit, de medidas 60 x 40 x 4,7 cms. con un peso por unidad de 25 kg -doc. 19 aportado por la empresa, testifical del Sr. Agustín, superior jerárquico del actor, quien acudió al lugar fotografió las baldosas y las identificó-. Para realizar estas operaciones el actor realiza movimientos de flexión y extensión del tronco, agachándose, usando los dos brazos y cargando el peso de cada loseta por separado. Ese mismo día el actor llevó las losetas a otro domicilio en donde otra tercera persona descargó 4 de ellas y el actor la última de ellas. El 8-9-23 el actor salió de su vivienda para desplazarse a unos 20 metros para empujar desde allí una carretilla llena de leña. Dicha carretilla la empujó hasta introducirla por una rampa en su domicilio debiendo de hacer esfuerzo en el empuje para poder hacerlo. El 11-9-23 el actor abandonó un establecimiento comercial portando en su mano derecha un pack de 6 botellas de agua de litro y medio de capacidad cada envase así como en su mano izquierda una bolsa cargada de productos dirigiéndose al vehículo para introducirlos en el maletero. Al llegar a su vivienda procede a descargar la bolsa y el pack de aguas. Ese mismo día acudió a la calle Losa donde recogió una lámpara de pie que cargó e introdujo en el maletero así como una mesa de madera que introdujo en la parte de atrás de los asientos de su vehículo. -testifical del detective privado Sr. Aureliano quien presenció los hechos directamente e informe videográfico y fotográfico aportados como doc. 17 y 18-
Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta Sección de Sala formula os seguintes:
Fundamentos
A parte demandante, no seu escrito de recurso, discute os feitos probados da sentenza de instancia, ao abeiro do art. 193 b) LRXS
A xurisprudencia do Tribunal Supremo e a doutrina dos tribunais superiores que interpreta o precepto citado veñen esixindo, para acoller unha revisión de feitos en aplicación do art. 193 b) LRXS:
(1) Que tal revisión se funde nun medio de proba hábil. Co art. 193. b) LRXS ten que tratarse de proba documental ou pericial. Non se recollen dentro da proba documental ou pericial os informes de investigadores privados ( STS 24 febreiro 1992). Tampouco os medios de reprodución da palabra, da imaxe ou do son (STS 16 xuño 2011), pero o Tribunal Supremo matizou a súa xurisprudencia na STS do 23 de xullo de 2020 (rec. 239/2018), en relación cos documentos presentados en soporte electrónico (correos electrónicos etc.).
(2) Que a proba alegada revele un erro do xulgador, de modo manifesto, sen necesidade de conxecturas, nin hipóteses ou razoamentos. Fóra do suposto referido, prevalecerá a apreciación dos feitos polo órgano de instancia, en especial no caso de que a proba invocada resulte contradita por outros medios de proba ( SSTC núm. 44/1989 do 20-2-89; e 24/1990, do 15-2-1990; e SSTS 30-10-91, 22-5-93, 16-12-93 e 10-3-94-).
En tal sentido, sinalou a STS do 23 de xullo de 2020 (rec: 239/2018), en relación con iso, que:
(3) Debe ter tal revisión transcendencia para modificar a decisión de instancia - SSTS 16-04-14 (rec. 261/13); e 25-05-14 (rec. 276/13)-. En relación con iso, matizou o Tribunal Supremo que:
(4) A modificación proposta non debe conter valoracións xurídicas predeterminantes da resolución. Así, sinalou o Tribunal Supremo que:
(5) E esíxense determinados requisitos formais na interposición do recurso de acordo co art. 196.2 e 3 LRXS, que afectan directamente o motivo de revisión de feitos probados do art. 193 b) LRXS. E así: a) que se concrete con precisión e claridade o feito que foi negado ou omitido, propoñendo unha redacción alternativa dos feitos probados; e b), que se precise a través de que concreto medio de proba hábil para os efectos de suplicación se pretende esa revisión -por todas, SSTSX Galicia 16-09-15 (rec. 1353/14); 12-06-15 (rec. 4364/13); 14-05-15 (rec. 4385/13); 09-03-15 (rec. 3395/13); 11-02-15 (rec. 970/13); 20-01-15 (rec. 3950/14).
A parte recorrente solicita a revisión do FP 3º para que teña a redacción que está na páxina 3 do seu escrito de recurso. Alega para iso os documentos núm. 20 e 21 da súa proba (contido núm. 179 EXE).
Acollemos a revisión. E iso por canto o inicio do expediente de incapacidade permanente resulta dos documentos alegados. Xa que logo, engadimos, segundo solicita a parte, un inciso antes de
A parte demandante recorre ao abeiro do art. 193 c) LRXS. Alega as seguintes infraccións: artigos 54.2 d), 55 e 56 ET; arts. 14 e 15 CE e Lei 15/2022; art. 9.1 do Convenio 158 OIT e art. 30 da Carta de DDFF da UE; xurisprudencia sobre a
E argumenta, en síntese, que existen indicios de discriminación por razón da súa enfermidade cunha doenza crónica e sucesivas baixas. Por iso entende que o despedimento é nulo. De xeito subsidiario sinala que o despedimento é improcedente. Manifesta que non existen actos contrarios a boa fe contractual de gravidade e culpabilidade suficientes como para a sanción de despedimento. E iso posto que ten moita antigüidade, non existen sancións previas, nin unha actitude dolosa, as conductas imputadas son puntuais e non xeneralizadas. Por todo iso solicita a revogación da sentenza de instancia coa declaración da nulidade do despedimento ou, de xeito subsidiario, a súa improcedencia.
A empresa, na súa impugnación, solicita o rexeitamento do recurso, por non existir as infraccións alegadas polo traballador.
Imos acoller o motivo do art. 193 c) LRXS consonte os seguintes argumentos:
1.- O despedimento é nulo posto que existen indicios de discriminación por enfermidade, e iso sen que a parte demandada, e agora impugnante, achegue unha xustificación obxectiva e razoable da decisión de despedimento e da súa proporcionalidade ( arts. 96.1 e 181.2 LRXS e art. 30.1 Lei 15/2022).
En especial queremos sinalar que, en supostos de tutela contra a discriminación, a carga da proba da parte demandada esixe non só unha xustificación da súa decisión, neste caso o despedimento, senón ademais que esa decisión sexa proporcionada á vista das circunstancias concorrentes. Esa esixencia de proporcionalidade está expresamente prevista, nos supostos de tutela contra a discriminación, nos arts. 96.1 e 181.2 LRXS e no art. 30.1 da Lei 15/2022. Pero, ademais, esa proporcionalidade, coa necesaria valoración das circunstancias do caso concreto, está conectada coa chamada
A continuación explicamos polo miúdo os nosos argumentos.
2.- Coa Lei 15/2022, integral para a igualdade de trato e a non discriminación, o poder lexislativo recoñeceu, no seu art. 2.1, a enfermidade, e outras circunstancias vinculadas coa saúde da persoa traballadora (condición de saúde, estado serolóxico e predisposición xenética a sufrir patoloxías e trastornos), como posible causa de discriminación.
Como unha parte da doutrina científica sinalou, o lexislador non crea
Sexa como for, os prexuízos que a Lei 15/2022 intenta combater están moi arraigados socialmente, por exemplo, nos usos lingüísticos. Así expresións como
A consideración da enfermidade como unha causa de discriminación atopa tamén as súas resistencias no eido da interpretación e aplicación da normativa laboral e de Seguridade Social, seguramente pola novidade que supón o recoñecemento expreso desa causa de discriminación na Lei 15/2022.
3.- Nos casos da tutela contra a discriminación por enfermidade ( art. 2.1 Lei 15/2022) as regras de carga da proba son as que están expresadas nos arts. 96.1 e 181.2 LRXS, e no art. 30.1 Lei 15/2022. En síntese, a persoa traballadora ten que acreditar que existen indicios de discriminación por enfermidade, e a empresa unha xustificación obxectiva e razoable, suficientemente probada, para o despedimento, así como a proporcionalidade da súa decisión. Esixencia de proporcionalidade na súa decisión que establecían xa os artigos 96.1 e 181.2 LRXS, e que reiterou o art. 30.1 Lei 15/2022. Se non concorre esa xustificación pola empresa, incluíndo a proporcionalidade da decisión, o despedimento é nulo ( art. 108.2 LRXS, art. 55.5 ET e arts. 26 e 28 Lei 15/2022).
Pero, ademais do xa dito, a Lei 15/2022 introduce unha clara regra de interpretación no seu artigo 7:
4.- No presente caso existen indicios de discriminación por enfermidade.
Os indicios de discriminación por razón de enfermidade, segundo a sentenza recorrida, non están vinculados coa enfermidade oncolóxica reflectida nos feitos probados, e iso á vista do tempo transcorrido dende que esa enfermidade foi resolta (ano 2021) sen recidiva ou complicación acreditada vinculada coa mesma (FP 5º).
Pero os indicios si están vinculados co proceso de incapacidade temporal (IT) por
A situación de incapacidade temporal, en si mesma, xa é un indicio de discriminación que se suma a mera enfermidade -que é a circunstancia que motiva a discriminación e non un indicio da mesma-.
Pero a IT coetánea co despedimento non é o único indicio de discriminación. Ademais está acreditado que o propio traballador comunicou ao seu superior xerárquico a causa da incapacidade temporal o día 2-8-23
O terceiro indicio é que o demandante, e agora recorrente, tivo ao longo dos últimos vinte anos distintos episodios de
En síntese, existen suficientes indicios de discriminación por enfermidade vinculados coa decisión empresarial de despedimento.
5.- Como xa dixemos, a empresa ten que acreditar a existencia dunha xustificación obxectiva e razoable para a decisión de despedimento, e, ademais, a súa proporcionalidade.
O despedimento o fai a empresa por transgresión da boa fe contractual e abuso de confianza do art. 54.2 d) ET e do 52.3 do convenio colectivo estatal do ciclo integral da auga (carta de despedimento, contido núm. 179 EXE e FP 2º).
A STSX de Galicia do 14-11-25, rec. 2886/2025, sinalou que:
6.- Pois ben, no caso de autos non estamos ante un suposto no cal a doenza sexa simulada ou fraudulenta, pois a realidade do
O imputado é que o traballador fixo de xeito repetido actividades que agravarían a súa doenza ou dificultarían a súa recuperación. As actividades ou conductas imputadas na carta de despedimento, e que son as únicas que poden valorarse (art. 105.2 LRXS) son as sinaladas e acreditadas na letra b) do FP 4º.
O primeiro que temos que sinalar é que a prescrición médica que tiña o traballador, á vista do FP 2º, é a de non facer esforzos, sen maior concreción e sen que estea acreditada unha indicación médica de repouso.
O segundo é sinalar que algunhas das conductas imputadas e acreditadas non teñen especial significación ou relevancia á vista dos feitos probados:
6.1.- Que o día 9-8-23 nun centro comercial fixo a compra e no seu domicilio"
6.2.- Que o día 11-8-23 nun supermercado
Neste caso a sentenza sinala que as bolsas
Ese mesmo día, sinala tamén o FP 4º, que o traballador acudiu a outro centro comercial e abandonou o establecemento cunha bolsa
6.3.- O día 15-8-23 está acreditado que o traballador acudiu a unha zona de estacionamento en Carballo, e alí retirou un valo de acceso ao aparcadoiro e detivo o seu coche preto de materiais de construción, abriu o maleteiro, e, dunha nunha, colleu cinco
É certo que neste caso non podemos sinalar que sexa unha conducta manifestamente irrelevante ou non significativa, como nos casos anteriores, pero tampouco estamos en condicións de valorar de xeito claro a entidade da conducta. E iso posto que, por unha banda, non consta, como xa dixemos, a complexión do traballador. E 25 kgs é un peso que, dependendo da complexión pode supoñer ou non un esforzo significativo. Si consta que o traballador flexionou o tronco e que colleu cada
Ademais, para valorar esta conducta é importante sinalar que nese momento, o 15-8-23, non constaba, á vista dos feitos probados, ningunha prescrición médica de non facer esforzos, a cal tivo lugar o 23-8-23 (FP 3º).
Como logo sinalaremos, esta conducta do 15-8-23 non determina a proporcionalidade da decisión de despedimento.
6.4.- O 8-9-23 o demandante despraza uns vinte metros unha carretilla chea de leña ata o seu domicilio, para o cal tamén tivo que desprazar a carretilla por unha
6.5.- Para rematar, o día 11-9-23 o demandante saíu dun centro comercial levando consigo nunha man un
En relación a este feito non consta o peso total dos produtos que levaba consigo, aínda que si é posible estimar o peso aproximado das seis botellas de auga de 1,5 litros, uns nove quilos tomando un quilo de peso por litro. Todo o cal descargou despois ao chegar a súa vivenda. Non consta neste caso a concreta distancia recorrida.
Ese mesmo día colleu unha
No caso da lámpada e da mesa non está acreditada nin a distancia percorrida nin que os movese conxuntamente. Tampouco o seu peso. A lámpada, segundo o seu tamaño e material, pode ter ou non un peso significativo. E da mesa, se ben consta o material, non o seu tamaño nin condicións relevantes para estimar o seu peso (se era maciza ou non, conglomerado, etc.).
En síntese, entendemos que os feitos dos días 9-8-23 (bolsas) e 11-8-23 (bolsas) non son relevantes, á vista dos feitos probados, en relación cunha posible transgresión da boa fe contractual.
Tampouco consideramos especialmente significativos os feitos do 8-9-23 (carretilla) e 11-9-23 (lámpada e mesa), posto que non existen datos suficientes que obxectivamente (peso aproximado, materiais, etc) permitan valorar que poida existir unha transgresión da boa fe contractual. Unha valoración noutro senso supón asumir por principio un prexuízo sobre a conduta das persoas traballadoras, e entender que as mesmas actúan de xeito irracional e coa finalidade de agravar o seu estado de saúde. Ante a falta de datos que permitan obxectivar de forma concluínte as condutas sinaladas do 8-9-23 (carretilla) e 11-9-23 (lámpada e mesa), non é posible concluír que foron significativas en relación co deterioro da súa saúde.
Si consideramos, nunha primeira aproximación, que é posible valorar os feitos dos días 15-8-23
Porén estas dúas conductas tamén teñen que ser valoradas para determinar a proporcionalidade, ou non, da decisión de despedimento.
7.- A proporcionalidade do despedimento ten relación coa gravidade e culpabilidade suficientes que teñen que presentar as conductas sancionadas. E iso é unha esixencia no presente suposto por tres vías:
7.1.- En primeiro lugar, á vista dos arts. 96.1 e 181.2 LRXS e do art. 30.1 Lei 15/2022. Os mesmos non só establecen, como carga da proba da parte demandada, a necesidade de acreditar unha xustificación obxectiva e razoable da decisión, neste suposto do despedimento, senón tamén a súa proporcionalidade.
7.2.- En segundo lugar, tamén a chamada
Entre outras moitas, sinala a STSX de Galicia do 4-3-26, rec. 4414/2025:
7.3.- En terceiro lugar, coa xurisprudencia do Tribunal Constitucional é nulo un despido pluricausal no cal concorre unha causa de discriminación con outras que non exclúen por completo a motivación discriminatoria.
Neste senso a STSX de Galicia do 2 de decembro de 2022, rec. 5781/2022, sinalou, no caso de despedimentos disciplinarios pluricausales con indicios de discriminación, que:
É dicir, é nulo un despedimento cunha motivación discriminatoria e tamén disciplinaria, o cal é apreciable se, existindo indicios de discriminación, a causa disciplinaria non é de gravidade suficiente e proporcionada como para xustificar por si mesma o despedimento coa exclusión de todo móbil discriminatorio.
Así a STC núm. 135/1990 sinalou que:
8.- Establecido o marco normativo e xurisprudencial ao abeiro do cal temos que valorar a proporcionalidade das condutas acreditadas e imputadas, entendemos que a decisión de despedimento do traballador demandante non é proporcionada posto que:
8.1.- Descartadas as condutas imputadas na carta de despedimento que no resultan relevantes, ou en relación coas cales non existen datos obxectivos que permitan concluír un deterioro ou risco significativo para a saúde do traballador, só quedan, á vista dos feitos probados, dúas conductas puntuais que teñen que ser valoradas: os feitos dos días 15-8-23
Estamos ante dúas condutas puntuais e só parcialmente obxectivadas, e iso posto que non se sinalan nos feitos probados datos como, por exemplo, a concreta distancia recorrida coas botellas.
Neste senso cómpre dicir que tampouco outros incumprimentos das persoas traballadoras ou das empresas, cando son puntuais, constitúen unha causa xustificativa da ruptura da relación laboral (faltas de asistencia ou de puntualidade da persoa traballadora, retrasos no aboamento das nóminas ou impagos por parte da empresa, etc.).
8.2.- Non están acreditadas circunstancias en relación coa complexión do traballador, as cales son relevantes, nun caso como o presente, para valorar se o manexo puntual, dunha nunha, das baldosas de 25 kg, ou das botellas de auga, son significativos no senso de constituír un esforzo que empeora a súa saúde. A falta deses datos tampouco é posible concluír, de xeito manifesto á vista dos feitos probados, que as dúas condutas sinaladas supoñan unha agravación manifesta da súa saúde.
8.3.- Unha das dúas condutas sinaladas, a relativa as baldosas o 15-8-23, tivo lugar antes da prescrición médica de non facer esforzos, a cal tivo lugar o 23-8-23 (FFPP 3º e 4º).
8.4.- Non constan sancións previas do traballador.
8.5.- Existe unha expresión da boa fe do traballador como é que manifestou o seu superior a causa da súa incapacidade temporal (FP 3º).
8.6.- Estamos ante un traballador cunha longa vida laboral. En concreto cunha antigüidade do 6-7-92. Na data do despedimento (efectos do 13-10-23) o traballador tiña máis de trinta anos de vínculo contractual continuado.
8.7.- É manifesto o compromiso do traballador coa empresa, posto que continuou na mesma a pesar de que durante vinte anos tivo reiterados episodios de lumbago-ciática, e aínda que o seu traballo esixe notables esforzos físicos e da columna lumbar (peón operario da rede de abastecemento e saneamento, FFPP 1º e 5º).
En síntese, existen só dúas condutas puntuais relevantes, pero que tampouco teñen unha significación clara á vista de que faltan algúns datos que poderían ser concluíntes (complexión do traballador, concreta distancia recorrida no seu caso, etc.). Ademais o traballador ten unha moi prolongada relación contractual coa empresa e un manifesto compromiso coa mesma a pesar dos seus problemas de saúde.
É desproporcionado entender que existe unha transgresión da boa fe contractual de gravidade suficiente como para levar consigo a sanción de despedimento, e iso unha vez postas en relación as dúas condutas puntuais antes sinaladas e a moi longa relación laboral entre as partes, e tamén o compromiso do traballador coa empresa.
Xa que logo, entendemos que a sanción de despedimento non é proporcionada en atención as circunstancias do caso concreto.
9.- Por iso o despedimento é nulo por discriminación por razón de enfermidade ( arts. 14 CE, art. 55.5 ET, arts. 2.1, 4.1 e 26 Lei 15/2022).
A consecuencia é a"
Aínda que as dúas condutas antes sinaladas dos días 15-8-23
10.- Tamén recoñecemos, segundo solicita a parte recorrente na súa aclaración da demanda (contido núm. 139 EXE), unha indemnización polos danos morais vinculados coa discriminación, consonte o art. 183.1 LRXS. Tomamos como criterio orientador - STC 247/2006; STS do 5-2-2013 (rec: 89/2012); e STS do 15-2-2012 (rec: 67/2011)- o art. 8.12, en relación co art. 40.1 c) LISOS. Neles para as infraccións moi graves recóllese un importe a partir de 7501 euros.
Pois ben, o importe que imos recoñecer é o indicado como mínimo na norma que tomamos como orientación: 7501 euros. É ademais o solicitado pola parte demandante na súa aclaración da demanda (contido núm. 139 EXE).
Non condenamos en custas, pois o recurso é acollido. Ademais, a parte recorrente ten o dereito de asistencia xurídica gratuíta -arts. 235.1 e 21.4 LRXS e art. 2 Lei de asistencia xurídica gratuíta.
Fallo
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de SANTANDER (BANESTO) co nº
- Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código
- Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
