Articulo 10 Prevención de...es de edad

Articulo 10 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 10º.-A prevención no ámbito comunitario.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Os programas, actuacións ou medidas de prevención neste ámbito deberán ter en conta os seguintes criterios:

1. Procurar o reforzo das mensaxes e normas da comunidade en contra do consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade e en prol da saúde.

2. Fomentar o traballo de proximidade e o establecemento de redes de cooperación entre os organismos que o realicen con outros contextos onde haxa programas de prevención de trastornos adictivos.

3. Promover a capacitación de mediadores sociais.

4. Incluír o desenvolvemento de campañas de información e sensibilización social como reforzo doutras accións e iniciativas en relación cos medios de comunicación social.

5. Fomentar a implicación dos concellos e o seu papel nas accións de ámbito comunitario.

6. Potenciar entre as diferentes administracións públicas unha política global de alternativas ao consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade actuando nos ámbitos cultural, deportivo e social e impulsando servizos socioculturais, actividades de lecer e tempo libre e promoción do deporte.

Para iso, estableceranse canles de diálogo e participación coa comunidade destinataria e cos restantes axentes implicados, co fin de determinar as actuacións que se van desenvolver e construír unha cultura de lecer alternativa adaptada á demanda e necesidades reais.

7. Establecer accións para combater actitudes favorables ou tolerantes cara ao consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade.

8. Conter estratexias preventivas de redución de risco dentro dos programas de lecer saudable ou alternativo.

9. Estimular accións en relación cos medios de comunicación social.

10. Promover o asociacionismo.