Articulo 10 Tenencia de a...es Caninos

Articulo 10 Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos

Ver Indice
»

Artigo 10º.-Procedemento de identificación

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. A implantación no animal do código establecido será efectuada por un veterinario, nomeado para o efecto pola Consellería de Medio Ambiente. Os veterinarios non oficiais que desexen participar no proceso de identificación de animais de compañía da Comunidade Autónoma galega deberán solicitalo, conforme o modelo do anexo V, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza acreditando que cumpren, polo menos, os seguintes requisitos:

a) Que están inscritos no Colexio Oficial de Veterinarios.

b) Que estean dados de alta para o exercicio libre da profesión.

c) Que posúan un lector de transponders compatible con tódalas tecnoloxías e polo tanto capaz de permiti-la lectura de tódolos sistemas homologados.

2. Se a documentación é correcta, o director xeral de Conservación da Natureza resolverá nun prazo máximo de tres meses. De non recaer resolución no dito prazo, entenderase estimada a solicitude.

O recoñecemento como veterinario actuante renovarase ós cinco anos da súa obtención.

A perda desta condición terá lugar por renuncia voluntaria ou por incumprimento das obrigas establecidas nesta disposición, ou no resto das disposicións da lexislación vixente sobre protección animal en Galicia, logo de expediente no que se dará audiencia ó interesado e que resolverá o director xeral de Conservación da Natureza.

3. No momento da identificación do animal, o veterinario actuante cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado exemplar, achegado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, no que constará a información esixida nos parágrafos 5º e 6º do artigo 5º deste decreto. O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial no que figurará necesariamente o código asignado e implantado no animal. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos nun prazo máximo de 15 días despois de efectua-la identificación.

4. O animal deberá ser identificado en presencia do seu propietario, figurando os seus datos e a súa sinatura no impreso oficial de identificación. Os responsables do rexistro, despois de recibi-la documentación remitida polo veterinario, procederán a procesa-los datos e enviarán ó propietario do animal o documento acreditativo da identificación.