Articulo 104ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Ver Indice
»Artigo 104º
Vigente
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.As infraccións urbanísticas moi graves prescribirán ós seis anos, as graves ós catro anos e as leves ó ano, contados desde a finalización das obras ou da actividade.
2. Nas infraccións derivadas dunha actividade continuada, a data inicial do cómputo será a de finalización da actividade ou a do último acto co que a infracción se consuma.
3. Constitúe infracción urbanística continuada a actividade consistente na repetición de actos análogos cando todos eles teñan unha unidade de obxectivo dentro dun mesmo ámbito territorial, definido rexistral ou fisicamente.
4. Presúmese que as parcelacións urbanísticas ilegais son, en todo caso, infraccións urbanísticas continuadas.
