Articulo 107ordm Reglamen...de Galicia

Articulo 107ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 107º.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



A inspección urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo deberán de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outra se axustan ás especificacións do ordenamento urbanístico.

Para estes efectos, correspóndelle á inspección urbanística:

a) Vixiar e controla- la actuación de tódolos implicados no proceso constructivo e de utilización do solo e informalos e asesoralos sobre os aspectos legais relativos á actividade inspeccionada.

b) Constatar e denunciar tódalas anomalías que se observen.

c) Informar sobre a adopción de medidas cautelares, correctivas e sancionadoras que se xulguen convenientes para o mantemento da disciplina urbanística.

d) Calquera outra función asesora, inspectora e de control urbanístico que lle sexa encomendada pola autoridade da que dependa.