Articulo 110ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 110º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.O exercicio da Inspección Urbanística que lle compete á Comunidade Autónoma será exercida por funcionarios da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pertencentes ós corpos xerais ou especiais dos grupos A ou B, dependentes funcionalmente da Dirección Xeral de Urbanismo.
2. Son funcións da inspección urbanística da Comunidade Autónoma entre outras, con carácter fundamental e prioritario, as seguintes:
a) Exerce- lo control de legalidade sobre a actividade urbanística.
b) Cando as entidades locais incumpran as obrigas que directamente lles incumban por disposición da Lei do solo de Galicia ou deste regulamento ou deixasen de adopta- las medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, propoñer ó conselleiro competente que requira o seu cumprimento con indicación de prazo.
c) Inspecciona- los actos de edificación e uso do solo nos terreos ós que fai referencia o artigo 180 da Lei do solo de Galicia e formularlle ó órgano competente a proposta de resolución que corresponda, consonte ó sinalado no artigo 118º deste regulamento.
