Articulo 113ordm Reglamen...de Galicia

Articulo 113ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 113º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.As actas de inspección urbanísticas que documenten o resultado da actividade inspectora conterán, en todo caso, os seguintes datos:

a) O lugar e data da súa formulación.

b) Identificación persoal dos actuarios que a subscriban.

c) Descrición sucinta dos elementos esenciais da infracción urbanística e da súa atribución ó causante, con expresión dos feitos e circunstancias con transcendencia na infracción.

d) Nome, apelidos, número de documento nacional de identidade e domicilio da persoa ou persoas con quen se entenden as actuacións e o carácter da representación con que interveñen, sexan promotores, propietarios, constructores, técnicos, usuarios ou os seus representantes legais.

2. As actas deberán de ser asinadas polo inspector ou vixilante que as levantase e pola persoa que, de entre as citadas no número anterior, estivese ó cargo da actividade inspeccionada. Cando esta persoa se negase a subscribila, farase consta-la dita circunstancia.

3. O asinamento da acta de inspección urbanística por parte das persoas relacionadas no número 1.

d) deste artigo non implica acepta- lo seu contido. En todo caso, a negativa a asinala non suporá, en ningún caso, paralización ou arquivo das posibles actuacións seguintes motivadas polo seu contido.

En ausencia de persoas coas que poidan entenderse as actuacións, levantarse acta facendo constar expresamente este extremo, dándolles posteriormente traslado ós afectados, nos termos indicados no apartado 3 do artigo anterior.

4. Fose asinada ou non a acta, entregarase copia dela ó responsable con que se entenderán as actuacións. Se non estivese presente no lugar de actuación ou se negara a recibila, a acta remitirase, con constancia da súa recepción, ó promotor e, de ser este descoñecido, ó propietario do predio, ó constructor, ó director técnico da obra ou á persoa que estivese a cargo da actividade inspeccionada.