Articulo 116ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 116º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.A información recollerá os seguintes extremos:
a) Feitos que poden ser constitutivos de infracción urbanística, para efecto do cal será necesario dispoñer dos informes relativos á descrición das obras ou usos e estado de execución en que se atopen para coñecer se se trata de actuacións en curso ou obras rematadas.
b) Persoas que puidesen resultar responsables, con inclusión dos datos necesarios para a súa identificación e domicilio.
c) Concreción da situación exacta sobre planos ou cartografía adecuada, con identificación da parcela.
d) Determinación do planeamento e do concreto réxime xurídico aplicable ós terreos afectados.
2. Para estes efectos, cando a inspección urbanística actuante sexa a da Comunidade Autónoma, solicitará a colaboración do concello, en especial para a obtención dos datos identificativos dos distintos participantes nos feitos presuntamente constitutivos de infracción urbanística e solicitará información sobre se existe ou non licencia e, se é o caso, o alcance desta co fin de poder comproba- lo grao de axuste dos feitos denunciados ós termos nos que fose concedida. Así mesmo, solicitará información respecto do exercicio, se é o caso, das potestades municipais en orde á protección da legalidade.
3. O resultado da información previa deberá notificárselle ós interesados, especialmente ó denunciante.
