Articulo 117ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 117º.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Concluída a información previa, cando a inspección urbanística actuante fose a municipal, formulará proposta de resolución ó alcalde, nun dos seguintes sentidos:
a) Arquivo das actuacións, cando dos datos resultantes dela se deduza que non existe infracción da legalidade urbanística ou, se é o caso, que cesou e non resulta procedente a incoación de expediente sancionador.
b) Remisión de todo o actuado á Comunidade Autónoma, se os feitos afectan ó ámbito sinalado no artigo 180 da Lei do solo de Galicia.
c) Incoación do procedemento de reposición da legalidade urbanística, que se tramitará de conformidade co disposto no título III deste regulamento e, se é o caso, do procedemento sancionador, sen prexuízo da remisión ó Ministerio Fiscal se fosen apreciados indicios de ilícito penal.
