Articulo 118ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 118º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.Cando a inspección urbanística actuante fóra da Comunidade Autónoma, finalizado o trámite de información previa, deberá formular proposta de resolución ó órgano competente, co seguinte contido:
a) Arquivo das actuacións cando non se aprecie infracción da legalidade urbanística ou, se é o caso, cesase e non proceda incoación de expediente sancionador.
O arquivo de actuacións deberá notificárselle á entidade local e ó denunciante e denunciado.
b) Requirimento á entidade local co fin de que cumpra as súas obrigas, cando se constate que se produciu algunha das situacións que levan aparelleda a obriga por parte da mesma de exerce- las potestades que para a protección da legalidade urbanística ten atribuídas e non adoptase as medidas pertinentes.
c) Nos supostos nos que na información previa se constate que se producen infraccións urbanísticas en terreos ós que fai referencia o artigo 180 da Lei do solo de Galicia, cando se trate de obras en curso que están sendo executadas sen a preceptiva licencia municipal ou orde de execución, ou sen axustarse a elas, formularase proposta de suspensión inmediata das actuación e de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, conforme o disposto no artigo 58º. 1 deste regulamento.
Cando se trate de obras rematadas sen licencia ou orde de execución ou sen axustarse a elas, proporase a incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística conforme o disposto no artigo 58º. 2 deste regulamento.
En ámbolos dous casos, propoñerase a iniciación do correspondente expediente sancionador.
d) Requirimento ó alcalde, de conformidade co disposto no artigo 67 deste regulamento, cando, como resultado da información previa, se constate que foi outorgada licencia municipal ou dictada orde de execución con infracción da zonificación ou do uso urbanístico dos terreos ós que fai referencia o artigo 180 da Lei do do solo de Galicia.
2. En todo caso, cando da información previa se deduzan indicios de ilícito penal no feito que motivou as actuacións, a inspección urbanística proporá ó órgano competente que tal circunstancia sexa posta en coñecemento do Ministerio Fiscal para os efectos de esixencia das responsabilidades daquela natureza na que puidesen incorre- los infractores.
