Articulo 14 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 14º.-Información sobre as limitacións.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. En todos os establecementos en que se vendan ou subministren, de calquera modo, bebidas alcohólicas, informarase das prohibicións especificadas nos números 1 e 2 do artigo 12.º A devandita información realizarase mediante anuncios ou carteis de carácter permanente, fixados de xeito visible, en galego e castelán. As características destas sinalizacións serán fixadas regulamentariamente.
2. Os responsables de calquera establecemento dos recollidos no número anterior adoptarán as medidas necesarias de control para evitar a venda de bebidas alcohólicas a menores de idade, que deberán coñecer todos os traballadores, preferentemente por escrito.
3. Na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en galego e castelán, unha advertencia sobre a prohibición do seu uso para os menores de idade. As características da dita sinalización serán fixadas regulamentariamente.
