Articulo 16ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 16º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.As peticións de licencia resolveranse no prazo de tres meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa no rexistro do concello. No caso de obras menores ás que fai referencia o artigo 14º. 2 deste regulamento, o prazo será dun mes.
Transcorridos os ditos prazos sen terse notificado ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. En ningún caso se entenderán adquiridas por silencio positivo ou acto presunto licencias en contra da lexislación ou do planeamento urbanístico.
3. Cando, no suposto do número anterior, o peticionario da licencia execute as determinacións do proxecto, non haberá lugar a indemnización ó seu favor se se ordenase posteriormente a suspensión de actividades ou a demolición do realizado.
4. As licencias outorgaranse ó abeiro da normativa vixente no momento da súa concesión por acto expreso ou por silencio administrativo.
