Articulo 17 Prevención de...es de edad

Articulo 17 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 17º.-Sistema de información.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. O departamento da Xunta de Galicia competente en materia de sanidade establecerá un sistema de información sobre o consumo de bebidas alcohólicas en menores. Este sistema deberá obter, procesar, analizar e difundir información sobre os factores de risco e protectores, sobre a incidencia e prevalencia destes comportamentos, sobre as actuacións en materia de prevención e sobre os centros e programas.

2. A Xunta de Galicia desenvolverá regulamentariamente o sistema de información sobre consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade de Galicia, que deberá estar integrado no sistema de información de saúde de Galicia definido no artigo 71º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

3. O sistema de información sobre consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade procurará ter en conta as recomendacións de organismos internacionais.

4. O sistema de información tamén deberá definir e recoller a información que permita coñecer e estudar os progresos e avances na consecución dos obxectivos marcados.

5. O sistema terá presente toda a regulación que garante o dereito á confidencialidade dos datos que se manexen.

6. O sistema contará cun mecanismo de avaliación continuada que permita a detección precoz das desviacións e xere accións correctoras que garantan a eficacia final das medidas e permitan a súa adecuación a novas necesidades ou diferentes escenarios de intervención que poidan xurdir.

7. O sistema deberá facilitar información ás partes interesadas que permita orientar e mellorar as súas actuacións.

8. A xestión do sistema de información sobre consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade estará asignado á unidade do departamento da Xunta de Galicia competente en materia de sanidade que exerza as competencias de saúde pública.

Artigo18º.-Inspección.

1. No eido das súas respectivas competencias, as administracións públicas exercerán funcións de inspección e control do cumprimento das actuacións definidas nesta lei.

2. O exercicio das funcións inspectoras en materia sanitaria realizarase nos termos previstos na Lei 8/2008, de saúde de Galicia, e na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

3. Os feitos constatados polos funcionarios ou persoal ao servizo das administracións públicas que actúen no exercicio das funcións de inspección no marco desta lei serán formalizados en documento público, que gozará da presunción de veracidade.

4. Os funcionarios ou persoal ao servizo das administracións públicas que actúen no exercicio das funcións de inspección no marco desta lei, e acreditando a súa identidade, estarán autorizados para:

a) Entrar libremente e sen previa notificación, en calquera momento, en calquera centro, servizo ou establecemento suxeito a esta lei.

b) Proceder ás probas, investigacións ou exames necesarios para comprobar o cumprimento desta lei e das normas que se diten para o seu desenvolvemento.

c) Realizar as probas regulamentariamente establecidas para determinar o grao de intoxicación alcohólica dos menores de idade que estean a consumir en lugares públicos.

d) Realizar cantas actuacións sexan necesarias para o cumprimento das funcións de inspección que exerzan.

5. Nos supostos recollidos nos puntos anteriores poderanse acordar as medidas provisionais habilitadas legalmente sobre as bebidas, os envases ou os demais elementos obxecto da prohibición, así como outros materiais ou medios empregados. As bebidas intervidas poderán ser destruídas por razóns hixiénico-sanitarias.

6. As administracións públicas promoverán acordos de colaboración para optimizar o uso de recursos públicos e asegurar a coherencia das actuacións.