Articulo 17 Tenencia de a...es Caninos

Articulo 17 Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos

Ver Indice
»

Artigo 17º.-Cans potencialmente perigosos abandonados ou vagabundos.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. Corresponde ás administracións locais a recollida de animais abandonados ou vagabundos nos seus respectivos termos municipais, conforme o establecido no artigo 11.1º da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e no artigo 54 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril.

2. Os animais serán recollidos e albergados en centros de recollida de animais vagabundos ou abandonados que estean inscritos no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia e que cumpran coas especificacións descritas na Lei 1/1993, do 13 de abril, e no Decreto 153/1998, do 2 de abril. As instalacións destinadas a albergar cans potencialmente perigosos deberán reuni-las medidas de seguridade necesarias para evita-las fuxidas sen producir danos ós animais.

3. Os prazos de estadía previstos serán os que se dan para tódolos individuos da especie canina e que veñen reflectidos nos artigos 53, 57 e 58 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

4. Estes animais poderán ser cedidos en adopción sempre e cando superen as probas de socialización que demostren que o animal non é perigoso para a seguridades das persoas, para outros animais e que non van producir danos ás cousas, sen prexuízo do cumprimento das obrigas contidas neste decreto.