Articulo 18ordm Reglament...de Galicia

Articulo 18ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 18º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Toda licencia, de conformidade coa normativa urbanística municipal, deberá prever un prazo para comeza- las obras proxectadas e outro para rematalas.

2. O planeamento xeral fixará os prazos de caducidade das licencias de edificación por mor de demora na iniciación e finalización das obras, así como por mor da súa interrupción. No seu defecto, o prazo de iniciación non poderá exceder dun ano e o de terminación de tres, desde a data do seu outorgamento, non podendo interromperse as obras por tempo superior a seis meses.

A caducidade deberá ser declarada de forma expresa, logo de expediente contradictorio.

3. Unha vez caducada a licencia, as obras non se poderán iniciar nin proseguir se non se solicita e obtén nova licencia axustada á ordenación urbanística en vigor.