Articulo 19ordm Reglament...de Galicia

Articulo 19ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 19º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Os prazos para a iniciación e finalización das obras computaranse desde o día seguinte ó de notificación ó solicitante do outorgamento da licencia.

2. Os concellos, agás precepto en contrario, poderán acordar, de oficio ou a petición do titular da licencia, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiro.

3. A ampliación de prazos non poderá ser validamente solicitada polo titular da licencia se non transcorreu, cando menos, a metade do prazo inicialmente fixado.

4. A obtención de prórroga do prazo para comeza- las obras non comporta de seu prórroga do prazo de terminación daquelas.

5. Unicamente poderá solicitarse e obter prórroga para a terminación das obras se está realizada a cobertura de augas do edificio.