Articulo 2 Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos
Artigo 2º.-Definicións.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. Para os efectos deste decreto, enténdese por:-Animais potencialmente perigosos: considéranse animais potencialmente perigosos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.
-Animal de compañía: animais domésticos das especies canina e felina (Canis familiaris e Felis catus, respectivamente) , así coma os animais de especies que se críen, xeralmente no propio fogar, co obxecto de optar á súa compaña.
-Marcaxe: acto cirúrxico que consiste en implantar ou asignar a un animal un código de identificación individual que o permita diferenciar doutro animal.
-Identificación: dotar un animal dunha marca que o permita recoñecer e proba-la súa identidade.
-Identificación definitiva: dotar un animal dunha marca indeleble, fiable, estandarizada, duradeira e practicamente inviolable, que permita recoñecer e proba-la súa identidade.
-Sistema de identificación: medio que se utiliza para a marcaxe dun animal para os efectos de poder recoñecelo e proba-la súa identidade.
-Microchip ou transponder: cápsula portadora dun dispositivo electrónico que contén un código alfanumérico identificativo susceptible de ser lido mediante un equipo lector específico.
2. Entenderase por cans potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:
a) Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.
c) Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou) , Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
