Articulo 20 Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos
Artigo 20º.-Procedemento sancionador
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. O procedemento sancionador axustarase ós principios da potestade sancionadora regulados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no Real decre to 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.
2. A instrucción dos expedientes sancionadores por infraccións á regulación establecida neste decreto corresponderá ós órganos que teñan atribuída a competencia consonte o establecido no artigo 69 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.
3. Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2º da Lei 1/1993, do 13 de abril, serán:
a) Por infraccións leves, o alcalde do concello onde se produza a infracción.
b) Por infraccións graves, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.
c) Por infraccións moi graves, o conselleiro de Medio Ambiente.
4. Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, a Administración local ou autonómica poderán proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitacion do procedemento sancionador.
