Articulo 21ordm Reglament...de Galicia

Articulo 21ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 21º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Cando razóns de urxencia ou excepcional interese público o esixan, o conselleiro competente por razón da materia poderá acorda- la remisión ó Concello correspondente do proxecto de que se trate, para que no prazo dun mes notifique a conformidade ou desconformidade deste co planeamento urbanístico en vigor.

2. Se no antedito prazo dun mes non se manifestase unha desconformidade expresa, considerarase que existe conformidade respecto do proxecto por parte do concello.

3. A notificación da conformidade ou o trancurso do prazo a que se refire o apartado anterior habilitará, sen máis, á administración interesada para a execución do proxecto de que se trate.

4. No caso de desconformidade, o expediente será remitido pola consellería interesada ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quen o elevará ó Consello da Xunta, logo de informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia. O Consello da Xunta decidirá se procede executa- lo proxecto e, se é o caso, ordenará a iniciación do procedemento de modificación ou revisión do planeamento, conforme a tramitación establecida na Lei do solo de Galicia.